❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Axúdanos a poñerlle música ao rural!!

Todo acontece nunha aldea: música, alegría, veciños ,historia, baile..... e compromiso, nesta edición coa violencia de xénero.

Categoría

Creado en

0
segundos
77
Aportaciones
3.511€
De 3.400€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

O NACEMENTO

Música N´aldea naceu nun ano no que non era fácil nacer: o 2020. Era o primeiro verán respirando a través dunha máscara, véndonos ao lonxe e acostumándonos ás cancelacións de todos os eventos. Neste contexto de restricións e de aprender a vivir no medio dunha pandemia botou a andar "Música N’aldea", para que a veciñanza de Rois non quedase sen as festas patronais. Xa que a xente non podía ir á festa, se cadra a festa si que podía achegarse a ela. Fixémolo da forma máis sinxela posible, con música en acústico e pequenos grupos que podían desprazarse de aldea en aldea. Ao longo do día, as diferentes formacións visitaron os núcleos da parroquia actuando en espazos como eiras ou soutos. Nesta experiencia piloto acompañáronnos as actuacións de Caamaño&Ameixeiras, Zumaque e Caldo.

O CAMBIO

O éxito do formato, así como o amor pola vida na aldea e pola música, empurráronnos a dar un paso máis e outorgarlle vida propia a esta historia. Para isto foi necesario desligala das festas patronais e convertilo nun evento cultural con identidade e nome de seu. Desta decisión deriváronse algúns cambios, máis a esencia permanece. Se algo queremos manter e coidar é o carácter íntimo e acolledor das aldeas. Aínda que sexa un formato aberto ao público en xeral, serán as características de cada aldea e de cada espazo as que marquen o aforo. Non buscamos actos multitudinarios, xa que o que perseguimos é que o público non sexa un invasor para as persoas que lle dán vida á aldea todo o ano. Queremos que sexan uns convidados nun día de festa e que, como tal, se sintan acollidos.

O LUGAR

Non é só a música, tamén é onde se escoita. O festival terá un carácter nómada, cada ano a antifrioa será unha aldea da parroquia de Rois. Este formato responde á nosa vontade de poñer en valor as eiras, os quinteiros, os lavadoiros… Todos aqueles espazos que foron testigos e centro da vida que nos precedeu. Recollemos e coidamos do patrimonio que nos deixaron, pero tamén o reinterpretamos e lle damos unha nova vida. Onde antes mallaban o liño ou o torreiro onde festexaban o fin do traballo, serán agora os escenarios da Música N’aldea. Queremos devolverlle o protagonismo que tiveron, aínda que sexa unha vez ao ano, porque seguro que as notas e os bailes aínda rezuman na súa memoria

Este ano ao "Música N´aldea" acolleo a aldea de Casas do Porto, xa veredes que eira de horreos tan fermosa ten!!!**

O FORMATO

**Non concebimos este evento como un festival temático, abrímoslle as cancelas a calquera tipo de música. Tradicional, jazz, rock, blues… Todos os estilos teñen cabida. O noso selo identitario estará nas maridaxes musicais, promovendo colaboracións entre artistas e bandas que nunca antes actuaran xuntas.

EDICIÓN 2M22

Xa que nas duas primeiras edicións contamos con Caamaño&Ameixeiras, quixemos que elas foran as madriñas desta nova andadura, e deste xeito agradecerlles a aposta que fixeron por nós. Tamén era un xeito de darlle continuidade ao que levábamos feito e de amosar o espírito do festival que nacía. Foi por iso que, nesta ocasión, o seu concerto contou cunha colaboración moi especial: Raül Refree. O músico e produtor Raül Refree é un dos nomes máis destacados do panorama musical contemporáneo. Os seus traballos con artistas como Silvia Pérez Cruz, Rosalia, Kiko Veneno ou Rodrigo Cuevas, convertérono nun dos produtores con máis renome. A música tradicional estivo presente en moitos dos seus traballos, outorgándolle unha nova dimensión e sonoridade. Recentemente fixo unha estancia en Galicia coa intención de crear un proxecto coa nosa música tradicional. No Musica N'aldea tivemos a oportunidade e a fortuna de ver o primeiro achegamento de Refree ao noso repertorio musical.

A música ven sendo un reclamo pra que o público descubra as nosas aldeas e espazos. Con esta idea, a de coñecer, organizamos unha ruta polo entorno da aldea anfitriona desta edición, A Cubela. Xa de volta, xantamos todos xuntos na carballeira, a xeito daquelas romarías que tanto abondaban fai 60 anos, ou quizais algo semellante ao que facían os veciños despois de xuntarse pra facer algún traballo (mallas, esfollas.....). Desta volta sirveunos pra falar, coñecernos, contar uns contos e esperar a que Luisa, veciña de 90 anos e pregoeira do festival, nos contara que a música non lle era allea ao espazo donde os grupos xa estaban facendo as probas de son, pois era alí donde repinicaban as panderetas, botaban uns bailes e moceaban, en resumidas contas, alí era xa donde lle poñían música a vida as nosas xentes.

EDICIÓN 2M23

Nacemos con identidade e con orgullo, pero tamén con compromiso, compromiso cos problemas que nos afectan na vida diaria. Na nosa teima por ir aportando cousas novas ao festival decidimos vincular cada edición a un problema, a unha inxustiza, a algo que como sociedade non estamos a facer ben. Esta primeira edición solidaria vai estar adicada a Violencia de Xenero, e parte do recaudado pola venta de camisetas vai ser cedido a algunha asociación que traballe neste eido. Outra novidade que imos incluir é a ampliación das datas, dende este ano o evento vai pasar de un a dous días, podendo así optimizar mellor a infraestructura e aumentar as actividades e a oferta cultural.

O Cartel

VENRES 21_Vai ser a tardiña (20:30), e logo da presentación do festival, cando os Británicos "Owl Light Trío" e "Xógara" e os burgaleses de "El Nido", arranquen o "Música N´aldea" 2023.

Owl Light Trío
Owl Light Trío

A banda folk británica Owl Light Trio (Trío do luscofusco) son Jim Penny na concertina, Colin Fletcher na guitarra acústica e Jane Griffiths no violín e na viola. Con fondas raíces na música tradicional, comparten a súa paixón polas melodías bretoas, británicas e irlandesas. Con estes ingredientes crean arranxos complexos, atractivos e profundamente honestos. Calquera das tres ten xa tocado e gravado con artistas influentes e de renome no folk británico. A revista fRoots describiu o seu primeiro álbum, “Owl Light”, coma “un excelente CD no que cada música é unha preciosa peza de artesanía, un traballo memorable e intelixente". Alén de dar concertos por toda Inglaterra e de participar nos festivais folk británicos máis destacados, o Owl Light Trio tamén actuou no festival folk alemán de KlangRausch.

Xógara
Xógara

Xógara é un proxecto que encarna a mellor tradición europeísta da música folk. A galesa Siriol Davies, voz principal, non só nos regala coa súa garganta, senón tamén co seu oboe e con pequenas percusións sorprendentes. John Ruddock, voz curtida no West Country británico a base de Sea Shanties (as cantigas de traballo mariñeiras) bríndanos o ritmo das cordas da súa guitarra e o seu bouzouki. Da mesma comarca vén Jo Hamilton, que trae algunha das composicións máis prezadas desta banda e pon a madeira nos ventos do seu saxo soprano e da súa frauta. O único galego desta banda, Mano Panforreteiro, nas gaitas e no low whistle, vén de Foz, alí onde a palabra xógara resoa moito máis ca un seixo.

El Nido
El Nido

A música de El Nido parte dos sons e dos ritmos da música tradicional. Así, as suas cancións destacan polo seu acercamento moderno e actualizado do folclore, con mensaxes vitalistas e de reflexión nas letras. "Refugios a cielo Abierto" é o seu último traballo discográfico, e nace da evolución como grupo e tamén como individuos.
"Este refugio a cielo abierto lo tiene todo, absolutamente todo, para figurar entre las cosas más hermosas -e inesperadas- que le han sucedido a las músicas de raiz, y a la música popular sin más apellidos, a lo largo de esta temporada"
"Fernando Neira, El Pais_Hoy por hoy, Cadena Ser"

SÁBADO 22_Arrancaremos esta xornada a primeira hora da mañán cunha ruta pra descubrir o entorno de Casas do Porto (é preciso inscribirse), aos que se animen a facela estarémolos esperando cun almorzo sabroso. A volta vermú e xantar-Romería na carballeira, xa cando o sol vaia caendo empezará a soar a música de "Dia-Lo-Go jaz", "Abril" e "Mediarea".

Dia-Lo-go jazz
Dia-Lo-go jazz

Dia-Lo-Go! é unha sutil forma de interconectar as sensibilidades de dous músicos dentro do ámbito da linguaxe moderna, usando libremente tanto clásicos standards do jazz americano coma doutros xeneros mais actuáis coma o soul ou o pop. Os espacios sonoros polos que transitan percorren atmosferas que xurden no momento, entre voz e guitarra buscase o dialogo, os climax que tensan e relaxan Dia-Lo-Go! son Diana Tarin e Lorenzo Boo comunicándose coa voz e a guitarra.

Abril
Abril

Claudia Abril (voz e percusión), Marina Carpente (violín e voz) e Antón Lago (guitarra e voz) son as integrantes de ABRIL, un proxecto musical no que se mesturan músicas de raíz galega e ibérica con outros xéneros, o que aporta ás melodías tradicionais un aire fresco, adaptándoas a sonoridades actuais. No 2022 foron as gañadoras do premio Interritmos.

Mediarea
Mediarea

A gaita de Gael, ancorada na tradición do Morrazo pero garreando para outros rumbos, o acordeón de Pumar, aportando frescura con melodías e harmonías novas, o toque xoguetón pero preciso de Luís no bombo, a intensidade e enerxía da percusión de Rodri bebendo de moitos estilos… Estas son a vide, a auga, a terra e o sol. E así se fixo Mediarea, como un viño novo cargado de personalidade propia pero coa marca da terra que o viu nacer.

Aquí rematan os concertos, apartires deste momento o escenario é voso!!!

Aviso_Haberá aparcadoiro pra caravanas e sitio pra acampar.

SEN VOS SERÍA IMPOSIBLE, MOITAS GRACIAS A TOD@S POR CREER, E APOIAR, ESTE XEITO COLABORATIVO DE FACER COUSAS.

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

1 comentario

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Tito de bexo

    Tito de bexo

    un año

    Si oh...

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies