❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Os camiños de Dorothé

Libro disco familiar inspirado nas recollidas de campo ao longo de Galicia pola etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth do 1978 a 1984.

Mialma Produciois

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
61
Aportaciones
4.050€
De 4.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Trátase da realización dun libro + CD destinado a público familiar que contén 11 temas musicais. Con arranxos propios a partir do estudo e selección das recollidas de campo feitas ao longo de Galicia pola etnomusicóloga suíza, Dorothé Schubarth, entre os anos 1978 e 1984. Á revisión e reactualización musical a público familiar súmanse a creación de deseños orixinais sobre as letras e as peculiaridades dos lugares onde se recolleron, e que abarcan distintos camiños andados por Dorothé (moitos deles dentro dos roteiros do Camiño de Santiago) nunha especie de peregrinación musical e etnográfica que a trouxo a Galicia. Camiños non só físicos senón de liberdade e dignificación cultural da cultura tradicional desde a óptica feminina.

Sobre as recompensas

Café, Dorothé?

Preguntábanlle as mulleres cando pousaba a gravadora sobre a mesa das súas cociñas.

-Café, Dorothé?

Preguntábase nas longas horas de poñer por escrito as cancións que lle cantaran.

-E vós, queredes café?

Porque imos cantar, bailar e xogar esas lindas cancións que con tanto agarimo deixou Dorothé escritas nos seus libros.

O noso principal obxetivo e recompensa é a edición dun libro+CD con arranxos propios destinados ao público familiar. A maiores, como homenaxe a eses cafés tomados por Dorothé, deseñamos como recompensa unha bonita cunca e botella para gozar das túas bebidas favoritas.

Quen somos

Mialma Producióis S.L é unha pequena empresa creativa afincada na fronteira de Galicia e Asturias. Defendemos a importancia dá cultura e as artes fora dás zonas urbanas e contribuímos a ofrecer solucióis aos distintos sectores privados, asociativos e públicos pra desarroyar novos desafíos culturais. Dentro do mundo da edición musical publicamos con éxito un traballo tan importante como o cancioneiro "De Botóns" de Pedro Pascual e Carlos Quintá ou o primeiro disco-libro para familias "A Comuna del Barruzo" en galego asturiano xunto con Ugía Pedreira e Pierrot Rougier. Nesta ocasión, nos "Camiños de Dorothé", traballamos xunto a Sonsoles Penadique e Virxilio da Silva na parte musical, e Rocío F. Paz no deseño para a elaboración do material necesario cara a edición do libro-cd e un espectáculo para público familiar con versións moi persoais das melodías do cancioneiro. Unha sesión para escoitar, facer e vivir a música en familia e achegarse a estes libros que compoñen máis extensa e minuciosa compilación da música popular galega.
Máis info das edicións de Mialma Producióis
Máis info de Sonsoles Penadique
Máis info de Virxilio da Silva
Máis info de Rocío F. Paz

A que destinaremos as vosas achegas

As vosas achegas irán destinadas a financiar a gravación e mezcra en estudo profesional así como masterización dos 11 temas de audio do cd, os custos das sesións de gravación por parte dos músicos implicados así como os honorarios polos deseños orixinais.

Calendario previsto

O noso calendario previsto é o seguinte:

A finais do mes de xaneiro teremos rematada a mestura e masterización dos audios do cd.

A finais do mes de febreiro teremos rematados os deseños e a maquetación do libro.

A finais de marzo (se non hai atrasos na entrega por parte da imprenta) esperamos ter as copias físicas do libro-cd e das cuncas e botellas.

Nos primeiros días de Abril iremos facendo os envíos postais por correos das recompensas.

+ Info

Máis info

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

9 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • catalina Sánchez Luengo

    catalina Sánchez Luengo

    un año

    grazas

  • catalina Sánchez Luengo

    catalina Sánchez Luengo

    un año

    Avantiiiiii!!!!!

  • catalina Sánchez Luengo

    catalina Sánchez Luengo

    un año

    grazas

  • Mialma Produciois

    Mialma Produciois
    Autor/a

    un año

    Muitas gracias por axudarnos.

  • Pablo Pardo Rodríguez

    Pablo Pardo Rodríguez

    un año

    Moita sorte con este proxecto tan chulo . Bicos , Pacior.

  • Pablo Pardo Rodríguez

    Pablo Pardo Rodríguez

    un año

    Moita sorte con este proxecto tan chulo . Bicos , Pacior.

  • Feli paz seco

    Feli paz seco

    un año

    Seguro que o conseguides...vamos

  • Feli paz seco

    Feli paz seco

    un año

    Seguo que o conseguides...vamos

  • TANIA FERNANDEZ

    TANIA FERNANDEZ

    un año

    Moita sorte💪

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies