Frío inspírase liberrimamente na extraordinaria historia de Nikolái Gógol, O abrigo.
É un espectáculo de teatro físico e máscaras con música en directo. Unha fábula máxica que fala do fatum, o desexo e a morte na roda imparable dunha sociedade guiada pola ansia de ter para ser, e de lucir para ser visto.
En Frío os personaxes imaxinados por Gógol transmutan en forzas simbólicas que acompañan o desexo de Akaki e os seus esforzos por logralo.
Que recibiredes as e os mecenas?
Cada unha das vosas achegas é fundamental para que poidamos ofrecer este espectáculo ao público e por iso deseñamos diferentes recompensas coas que queremos que, como mecenas, te sintas partícipe dun proxecto como Frío.
As recompensas están baseadas en tres paquetes: AKAKI, PATRONA e PETROVAS que, segundo o seu importe, poden conter:
a Plaquette Frío (de edición limitada e exemplares numerados con textos, notas e poemas da dramaturga e directora Lorena Conde e as fermosísimas fotografías do proceso de ensaios a cargo do artista Alberto Suárez).
Un convite ao pase especial de Frío para cada mecenas
un lote de produtos Lodeiros (viño, vermú e licor café) valorado en 60€
unha chapa d'A Feroz feita coas nosas propias manciñas.
unha bolsa d'A Feroz para que a enchas co que ti queiras e presumas do teu mecenado.
A Feroz
É unha compañía galega dedicada ás artes vivaas e composta por un grupo de artistas con diversas procedencias, formacións e superpoderes. Se queres saber un pouco máis de cada unha de nós, podes pinchar aquí e curiosear sobre o equipo.
Desde que comezamos a traballar xuntas, aló polo 2017, levamos xa tres espectáculos producidos e en cada un deles puxemos en risco todo: as nosas crenzas, os nosos intereses, a nosa concepción do mundo... para sacar adiante pezas que nos removesen e removesen tamén a quen senta na butaca. Neste enlace podedes coñecer algo máis do noso traballo ate hoxe.
A que destinaremos as vosas achegas
Cada achega que fagades contribuirá á produción de Frío, un espectáculo que está agora mesmo nunha fase inicial de montaxe e queremos estrear no primeiro semestre de 2023. O destino das achegas desta campaña será o financiamento da escenografía, iluminación, vestiario, deseño do espazo sonoro e gastos de xestión derivados da produción da peza.
Calendario previsto
Unha vez finalizada a campaña de mecenado, todas as persoas que fixerades algunha achega recibiredes axiña un correo do departamento de produción d'A Feroz para -ademais de agradecervos a vosa participación, por suposto- solicitarvos os datos de envío das vosas recompensas, informarvos do momento no que as recibiredes (contra finais de marzo) e, a aquelas pesoas que optástedes polo paquete Patrona ou o paquete Petrovas, darvos os datos do pase especial de Frío que realizaremos para todas vós.
+ Info
Facebook
Instagram
YouTube
Soundcloud
18 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Alexandros Sarantopoulos
Enhorabuena por conseguir el objetivo!
Melisap
Dádelle duro feroces!
Manuela Garrido Fernández
Espero poder ver o espectáculo , parece xenial ! Moitísima sorte !
Laroa
Moitos éxitos!!!!
Cándido Salvado Novoa
Moita Sorte! Olga e Cándido
Sergio
De la Morenita y Eduardo
Isabel Pazos Cancela
Tedes o máis complicado: capacidade de traballo e talento de sobra. Que os medios e a sorte vos acompañen tamén. Ánimo!
lluisa 913
Boa sorte e moito Frío✌️🌹
Juan Galán
Moita sorte! Espero que poidades acabar os recursos suficientes para montar o espectáculo
efimera
Frío mola mucho. A Feroz tamén!