❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Proxecto Wombo Combo

Un videoxogo teatral para toda a familia

galeatro

A project of

Created in

0
seconds
83
Pledges
4.065€
From 3.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O PROXECTO:

O proxecto "Wombo Combo" nace coa vontade de amosar ao espectador a deriva virtual, en detrimento da presencial, na que se atopa a sociedade actual e, por suposto, os nosos nenos e nenas. E que mellor maneira de facelo quea través do teatro, o acto presencial, cultural e social por excelencia. As achegas que realicedes irán destinadas a sufragar os gastos derivados da creación do espectáculo. Wombo Combo estreouse o 2 de Outubro no FIOT e sería de gran axuda contar coa vosa colaboración para garantir a viabilidade da nosa empresa. Pero de que vai "Wombo Combo"? Aquí a sinopse:

Sara odia a súa vida, ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real non lle vai nada ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas,e ten éxito, e é imbatible nas loitas facendo "Wombo Combo". Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir. Ata que entra nun videoxogo novo: “Revamp”, onde unha misteriosa voz lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias. A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra.

ARS 15 - SARA
ARS 15 - SARA

ARS 15 - REV 24
ARS 15 - REV 24

BERNI
BERNI

EQUIPO ARTÍSTICO:

  • Intérpretes: Alba Bermúdez, Mario Rodrígez, Tone Martínez

  • Espazo escénico e vestiario: Anahí Taraburelli e Yanina Torres

  • Espazo sonoro e músicas: Davide González e Martín Rodríguez

  • Deseño Iluminación: Nacho Martín

  • Deseño Imaxe: Andrea Ures

  • Dramaturxia: Paula Carballeira

  • Dirección: Davide González

AS RECOMPENSAS:

  • Recompensa Computer: Aportiación 10€. Aparición no programa de man como mecenas do espectáculo.

  • Recompensa Loirus Rex: Aportación 20€. Aparición no programa de man como mecenas do espectáculo + marcpaáxinas + imán.

  • Recompensa Revamp: Aportación 35€. Aparición no programa de man como mecenas do espectáculo + marcapáxinas + imán + taza Wombo Combo ou taza Loirus Rex.

  • Recompensa Berni: Aportación 50€. Aparición no programa de man como mecenas do espectáculo + imán + taza Wombo Combo ou taza Loirus Rex + camiseta Loirus Rex ou Wombo Combo.

  • Recompensa Sara: Aportación 200€. Aparición no cartaz como patrocinador do espectáculo + marcapáxinas + imán + taza Wombo Combo ou taza Loirus Rex + camiseta Loirus Rex ou Wombo Combo.

  • Recompensa Wombo Combo: Aportación 1000€. Aparición no cartaz como patrocinador do espectáculo + spot para redes + marcapáxinas + imán + taza Wombo Combo ou taza Loirus Rex + camiseta Loirus Rex ou Wombo Combo

Imán
Imán

Camiseta Wombo Combo
Camiseta Wombo Combo

Camiseta Loirus Rex
Camiseta Loirus Rex

Marcapáxinas
Marcapáxinas

Taza Loirus Rex
Taza Loirus Rex

Taza Wombo Combo
Taza Wombo Combo

Programa de man
Programa de man

QUEN SOMOS:

Galeatro é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos intérpretes Alba Bermúdez e Tone Martínez e especializada no público familiar, a súa liña de traballo esténdese desde a formación artística ata a produción de espectáculos de pequeno e gran formato. Algunhas das pezas que percorren gran parte do territorio galego son: “Comechíns, segundo prato”, “Entre Bechos Anda o Conto”, “Muiñada” ou “Carabela”. Neste 2022, Galeatro vén de estrear o seu primeiro espectáculo para público adulto en coprodución co Centro Dramático Galego “Arte sen Guión”, unha especulación escénica de como podería ter sido o teatro medieval en lingua galega. No eido da formación, Galeatro está presente en escolas de teatro de Bergondo, Carballo, Coruña, Oleiros e Ordes. Conta con máis de 200 alumnos e alumnas que grazas a estas actividades xa forman parte, dalgunha maneira, do sistema teatral galego.
Galeatro naceu coa vontade de promover a creación escénica contemporánea en lingua galega, contando para iso con dramaturgos e dramaturgas galegas vivas. Mostra disto son os seus espectáculos de sala “Muiñada” e “Carabela”, escritos por Ana Carreira e Paula Carballeira, respectivamente. Para esta nova produción de teatro familiar, que leva por título “Wombo Combo”, volveremos contar na escrita coa dramaturga e creadora Paula Carballeira.

A que destinaremos as vosas achegas?

As vosas achegas irán destinadas a cubrir os gastos derivados da escenografía, do vestiario e do material de iluminación. Repartiranse do seguinte xeito:

  • 1500€: Gastos deseño e material escenografía

  • 1000€: Gastos deseño e material vestiario

  • 1000€: Gastos deseño e material de iluminación

Calendario Previsto

O proxecto estreouse o pasado 2 de Outubro. Contar coa vosa colaboración permitirá que a compañía poda sobrevivir e ter viabilidade económica.

As vosas recompensas recibirédelas nos vosos domicilios unha semana despois do peche da campaña.

As nosas redes

Por se lle queredes botar un ollo ao que facemos en Galeatro deixamos as nosas redes:

Galeatro en Facebook
Galeatro en instagram
Galeatro a web

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

7 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • mbalama

    mbalama

    about 2 years

    Suerte

  • Maria Garcia

    Maria Garcia

    about 2 years

    Unha obra xenial e moi necesaria. Para tódolos públicos! 🔝

  • Miguel Grandío

    Miguel Grandío

    about 2 years

    Ganas de gozar de Wombo Combo 🕹🎮. Moita merda!!

  • Carmen Veciño

    Carmen Veciño

    over 2 years

    Que teñamos Galeatro para rato !!

  • pablocanedo

    pablocanedo

    over 2 years

    Moitísima sorte con este proxecto e, unha vez máis, sinto non poder estar para apoiar en persoa 💋💖

  • Jose Veiga

    Jose Veiga

    over 2 years

    💩💩💩💩

  • Javier Vidal

    Javier Vidal

    over 2 years

    Moita merda rapaces!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy