A Ollada dos Cal
100 años de Fotografía
Edición dun libro que recolle o patrimonio fotográfico de tres xeracións. Incluindo textos biográficos de cada autor.
De que se trata
O obxectivo deste proxecto é difundir o patrimonio fotográfico de 3 xeracións de fotógrafos da familia Cal. Tres xeracións de fotógrafos formaron un arquivo que permite aos visitantes percorrer a historia local e galega. Dende os primeiros traballos de Saturno Cal, a principios do século XX, pasando pola obra de Avelino Cal, a mediados do século XX, ata a última etapa na que se desenvolveu a terceira xeración con Mundo e Felix Cal baixo a marca comercial Cal-3. Na imaxe adxunta podedes ver como vai quedar a maqueta do libro.
Campaña verkami
A campaña terá como obxectivo a edición do libro que recolla o patrimonio fotográfico destas tres xeracións. A publicación incluirá textos introdutorios sobre as súas vidas e traballos fotográficos.
Será unha edición coidada, editada en papel de calidade co fin de ofrecer unha publicación que sirva de homenaxe a esta familia de fotógrafos.
As recompensas
As recompensas son os pedidos que fagades, teñen nome de barrios de Redondela e terán o prezo indicado en cada caso. Según o interese de cada persoa pode mercar un ou máis exemplares do libro. Tamén pódemos incluir unha copia fotográfica en tamaño 18x24. O nome de cada mecenas aparecera nos agradecementos da publicación, si está de acordo.
Orzamento
O orzamento total do proxecto é de 15.000 euros. O proxecto vai contar cunha axuda do concello de Redondela, que sufragará os gastos de produción e edición de contidos. O diñeiro da campaña de financiamento destinarase a cubrir os gastos de impresión da tiraxe de 1.000 exemplares.
Prazos
A elaboración dos contidos do libro está moi avanzada, polo que se se alcanza o obxectivo da campaña, a produción podería ter lugar a principios de novembro. O envío aos simpatizantes realizaríase nas semanas seguintes.
Quen somos
Cal3Fotografía é hoxe unha cooperativa de traballo asociado con estudio de fotografía e tenda física no centro de Redondela. Con máis de 40 anos de experiencia. Xa con motivo do 25 aniversario fixemos unha publicación centrada neses 25 anos. Nestes anos organizamos múltiples exposicións. Neste proxecto estan a traballar Mundo Cal, Félix Cal como autores e na campaña Quino Vilas.
Esta será a nosa primeira experiencia en campaña de crowdfunding.
Traballo en equipo
Na elaboración do libro contamos coa colaboración de Trespés, entidade que realizou en 2015 un documental financiado mediante campaña VERKAMI. Alberte Román será o coordenador da publicación. A maquetación e deseño do libro vai a cargo de Elena Muiños Viradela
Podedes seguirnos nas nosas redes sociais:
Facebook
Instagran
4 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Pepe Dominguez Gonzalez
Recogeré la obra en la tienda
Xoán Pastoriza Novas
Parabéns pola iniciativa e vento nas velas para levala a bo termo!
Lourdes González
EU xa son mecenas, tamén. Deseosa de poder ollar o libro
terebalado
Eu xa son mecenas!!! E ti??