❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

‘Portugal’, de Carlos Meixide, a nova aventura dos ‘Cinco de Ons’

Xa vén aquí a agardada quinta novela da exitosa serie dos ‘Cinco de Ons’ (máis de 6000 exemplares vendidos!!!)

Carlos Meixide

A project of

Category

0
seconds
90
Pledges
2.184€
From 2.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Anabel, Roi, Suso e Fátima están a desfrutar dunhas agradábeis vacacións en Portugal mais un inesperado acontecemento convérteos nos protagonistas dunha aventura trepidante, chea de emoción e perigo. Unha historia que vos deixará sen alento. Descubrídea por vós mesmos/as pois calquera cousa que se vos conte é susceptíbel de ser spoiler.

Portugal é o agardado quinto volume da serie xuvenil Os Cinco de Ons, despois de Ons, Cans, Guitiriz e Arousa. As historias de Anabel, Roi, Suso, Fátima e mais a Rula son xa un clásico da literatura xuvenil galega, cun total de…

MÁIS DE 6000 EXEMPLARES VENDIDOS!!!

Queredes acompañalos nesta emocionante viaxe da outra beira do Miño?

Portada
Portada

Sobre as recompensas

Grazas a esta campaña de micromecenado, poderedes conseguir o voso arelado exemplar de ‘Portugal’ e mesmo aproveitar para completardes a vosa colección de Os Cinco de Ons. Para iso, dispoñedes das seguintes ofertas:

  • PACK ANABEL (12€): Un exemplar de Portugal asinado polo seu autor, Carlos Meixide.

  • PACK ROI (24€): Un exemplar de Portugal asinado polo autor + outro exemplar a escoller da serie Os cinco de Ons

  • PACK FÁTIMA (36€) Un exemplar de Portugal asinado polo autor + outros 2 exemplares a escoller da serie Os cinco de Ons

  • PACK SUSO (48€) Un exemplar de Portugal asinado polo autor + outros 3 exemplares a escoller da serie Os cinco de Ons

  • PACK RULA (60€) A colección completa da serie Os cinco de Ons

Recordámosvos as novelas anteriores, para que comprobedes na vosa biblioteca cal é a que vos falta:

  • ONS: Catro rapaces inician as súas vacacións na illa de Ons, mais o primeiro día un arrepiante descubrimento na praia converterá o seu verán nunha aventura trepidante e inesquecíbel…

Ons
Ons

  • CANS: Os Cinco de Ons chegan ao Festival de Cans para gozaren dunha fin de semana de amor, humor e, sobre todo, moito cine. O que non saben é que un acontecemento inesperado vainos converter nos protagonistas dunha excitante aventura que nos atrapará ata o final…

Cans
Cans

  • GUITIRIZ: Os Cinco de Ons chegan a Guitiriz para pasar a fin de semana no mítico Festival de Pardiñas, mais un suceso inesperado vainos converter nos líderes dunha apaixonante revolta veciñal contra intereses escuros…

Guitiriz
Guitiriz

  • AROUSA: Unhas vacacións na Illa de Arousa, unha atractiva moza francesa de visita nas Rías Baixas, unha renovada paixón de verán e a aparicíón misteriosa dun envelenador de cans son os ingredientes da aventura máis trepidante dos Cinco de Ons.

Arousa
Arousa

O autor

Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977) é escritor, xornalista, humorista e editor. Alén da súa coñecida serie dos Cinco de Ons é autor doutras novelas como O Home Inédito, Inge e Robbie, A memoria dos meus pasos ou Camiño de paixóns.

No seu haber de editor débense incluír os dous volumes do Bestiario do Vestiario de Martíño Suárez, a Ontoloxía Poética de Carlos Santiago e Escándalo no CDG da autora alemá Corinna Marx. A finais de 2021 fundou un novo selo editorial: Rodolfo e Priscila, coa tamén escritora Berta Dávila.

Alén da súa faceta literaria, Carlos Meixide é coñecido por ser Arturito Puy no senlleiro grupo Os da Ría.

Carlos Meixide
Carlos Meixide

A que destinaremos as vosas achegas

Coas vosas achegas contribuiredes á edición deste libro. O obxectivo da campaña de micromecenado pretende cubrir, mediante a venta anticipada, os gastos de impresión, deseño e maquetación, corrección ortotipográfica, así como os relativos á distribución en librarías e á difusión en prensa, promoción…

Sorteo entre todas as persoas mecenas

Todas as persoas que participedes na campaña optaredes a un pack de cinco libros (os da foto a continuación), así que… MOITAS GRAZAS E MOITA SORTE!!!

Pack sorteo
Pack sorteo

Calendario previsto

É o noso desexo poder ofrecer o libro unha vez remate con éxito a campaña, de maneira que ‘Portugal’ poida estar dispoñible a partir do mes de outubro, cadrando co comezo do curso escolar.

+ Info

Podédesme seguir nas miñas redes sociais:

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Sergio

    Sergio

    over 1 year

    Forza

  • anxoseren

    anxoseren

    over 1 year

    Seguimos agardando o remate das coplas dos concellos ;)

#01 / Sorteo este mércores

Prezad@s mecenas:

Agradezo unha vez máis a vosa colaboración. Se algún de vós inda non viu o meu correo solicitando enderezo de envío, prego mo indiquedes para proceder o máis axiña posible ao envío da vosa recompensa. Algúns dos que incluístes ‘Guitiriz’ no voso pack tardaredes uns días en recibilo pois estou á espera dunha nova reimpresión dese títuli.

Aproveito esta comunicación para informar de que o mércores á tarde farei o sorteo do pack. Anunciarei o resultado nas redes sociais e por suposto logo me porei en contacto co gañador para llo anunciar persoalmente

Moitas grazas! Unha aperta!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy