Devotos do Destino
Devotos do Destino representa unha amalgama de narrativa lírica, música, navegación, metafísica, reflexión interna e sentimentos por Galicia e mailo océano, cun ritmo áxil coma a viaxe dunhas ondas cara á praia, e profundidade coma o intervalo entre mareas.
Os fragmentos, baseados practicamente na súa totalidade, en vivencias persoais da autora, reflicten 66 historias de amor e desalento, loita, sacrificio, ledicia e morriña.
Preséntanse en forma de cancións que marcaron a traxectoria da escritora dende o ano 2017 ata a actualidade, adoptando a disposición dunha melodía infinita que compón a banda sonora do seu andar.
Esta escolma de lectura fresca e renovada, acompañada por fotografías da autora, incorpora meditacións, inquedanzas e sentimentos que se pronuncian en voz alta en apenas uns minutos, pero que emocionan toda unha vida.
Porque hai versos que se deben de vivir, é momento de mergullarse nun labirinto de palabras no que cada lector poderá verse reflexado, sempre e cando admita na súa pel ser un Devoto do Destino.
E a recompensa polo mecenazgo?
De seguro que andarás preguntándote que recibirás a cambio da túa cooperación no proxecto. A ver que che parece:
- Por cada 15 euros investidos, recibirás un exemplar de Devotos do Destino asinado pola autora, con adicatoria personalizada para quen se desexe. En caso de investir múltiplos do 15, a recompensa implicará o número proporcional de exemplares (para 30, 2; para 45, 3, etc), todos eles asinados pola autora e con adicatoria personalizada para quen se desexe.
Adicionalmente, para cuantías superiores aos 15 euros:
Por cada 30 euros investidos, un poema narrativo de 10 renglóns, personalizado.
Por cada 45 euros investidos, un poema narrativo de 20 renglóns, personalizado.
Por cada 60 euros investidos, un poema narrativo de 25 renglóns, personalizado, cunha fotografía tomada especificamente para acompañar ao poema.
Para cuantías superiores, consultar sobre a recompensa coa autora.
Quen son?
Chámome Ainhoa Conde e son inspectora de seguridade marítima e poeta de contrabando. Vivo na Costa da Morte, e dende cativa obtiven premios literarios e fotográficos.
Por medio das redes sociais, algúns seguidores me puxeron en contacto con grupos de poesía, como a NPG (Nova Poesía Guitirica).
Este grupo impulsoume a preparar este proxecto, que conta co respaldo da Editorial Medulia, e ten previsto ver a luz nesta primavera.
A que destinaremos as vosas achegas?
Precisamente, a editorial Medulia esixe ter un a garantía de que se venderán un mínimo de exemplares. Por iso, por cada 15 euros de contribución, adquiriredes un exemplar de Devotos do Destino. Axudádesme?
Calendario previsto
Temos pouco tempo, ata o 20 de abril, posto que o libro debería de imprimirse na primavera.
E cando poderedes recibir as vosas recompensas? Tan pronto coma o libro estea impreso farémovolo chegar. E con respecto ás poesías personalizadas, poderedes solicitalas tan pronto como remate a campaña, a partir do 20 de abril.
Máis información
Podedes botar unha ollada á evolución do proxecto nas seguintes redes sociais:
RRSS da autora:
• Facebook Ainhoa Conde
• Instagram Ainhoa Conde
• Páxina de Facebook da Nova Poesía Guitirica
• Páxina de Facebook de Medulia Editorial
8 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Francesc Arrabal Bustins
A por todas Ainhoa!!!!💪💪💪
Francesc Arrabal Bustins
A por todas Ainhoa!!!!💪💪💪
Pilar
Te deseo muchos éxitos preciosa y espero poder disfrutar pronta de tu obra. Bicos mil !!
Edu
Mi más sincera enhorabuena a Ainhoa. Te deseo lo mejor del mundo. Mil bicoooossssssss
Cristina Agudo Alvarez
Ánimo, eres una escritora maravillosa
Rosabel Lage Casado
Qué tu libro viaje por todo el mundo!
juaninitoONfire
Las ansias traducidas a horas son interminables :D
Suso Cochón
Con gañas de telo entre as mans! Ánimo co proxecto!