❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Falta Fai! Participa no videoclip de Deví e Medomedá no San Martiño

Participa en "Falta Fai", o himno informal do San Martiño que representa unha simbólica batalla musical dos Drinkin'tinto no interior dunha pulpería na feira do San Martiño (en Francos - Teo).

Deví

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Bertamiráns
0
segundos
50
Achegas
1.520€
De 1.500€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Falta Fai! Necesitamos da túa participación como produtor/a do videoclip de Deví e Medomedá interpretando o himno informal do San Martiño. Todas as achegas serán destinadas exclusivamente aos gastos de produción e difusión do vídeo, que poderás ver por adiantado na festa/concerto de presentación que celebraremos antes da súa publicación na Internet. Neste concerto, ademáis de "falta fai", Medomedá e Deví interpretarán cancións dos seus respectivos proxectos musicais. Data prevista: 22 de decembro de 2012.

"Falta Fai" representa un simbólico enfrontamento musical entre algúns dos membros da banda local Drinkin'tinto, que nesta ocasión deciden reencontrarse nunha pulpería do San Martiño, na que competirán por comer pulpo e churrasco cos seus amigos e amigas. Así sona "Falta Fai"! (colaboran Rama, Carballeira e Richón, de Calo).

Se estás interesado/a, podes realizar a túa achega cunha pequena aportación económica individual ou colectiva, que se verá recompensada conforme indicamos no proxecto de crowdfunding.

A rodaxe realizarase na feira do San Martiño (Teo) os días 10 e 11 de novembro. Estará producida e dirixida polos alumnos/as de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.

Contamos contigo, que falta fai! ;) Tod@s os mecenas que o desexen poderán participar como público figurante o día da rodaxe e recibirán unha copia en formato dixital (.pdf enviado por email) do guión e do storyboard do videoclip.

Os mecenas que aporten 20 ou 50 euros recompensaranse cunha lámina serigrafiada (formato A3) da portada do disco "Colleita Propia" dos Drinkin'tinto, que estará asinada por todos -incluído o Charlie - para vós, con motivo do 15º aniversario. A lámina entregarase na festa/concerto de presentación do videoclip, onde agradeceremos en público a túa aportación. Esta é a portada.

Lámina serigrafiada de "Colleita propia" con dedicatoria

Esta é a impresionante casa de turismo rural coa que recompensaremos aos premiados/as do sorteo*, que está situada na carballeira de Francos, onde se celebra anualmente a feira do San Martiño:
PARADA DE FRANCOS

Máis información e contidos en WWW.MEDOMEDA.COM

Tamén podes visitarnos en CREATIVO GALEGO

Foto: Chochi (agora botouse tamén á fotografía)

  • Nota: As estadías na Parada de Francos estarán suxeitas á dispoñibilidade da reserva e o sorteo realizarase en público o día 22 de decembro na festa/concerto de presentación do videoclip, cun mínimo de 10 mecenas en cada un dos packs "en parella2" e "grupi".

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

2 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Deví

    Deví
    Autor/a

    máis de 12 anos

    Boas! A xuntanza dalgúns Drinkin' para este proxecto débese á celebración do 15º aniversario da creación do grupo, que sobrepasa o ámbito musical a pesar da súa disolución como banda no ano 2003. Seguimos en contacto e a amizade mantén a mesma intensidade de sempre. Unha amizade ampliada a outras bandas que se crearon daquela ou posteriormente e coas que seguimos tendo moi boa relación.

    No 2008 celebramos o 11º aniversario na Sala Nasa de Santiago e agora pensamos que o San Martiño sería unha boa oportunidade para xuntarnos de novo e pasalo ben no 15º, tendo en conta o agarimo que lle temos a esta feira local próxima a onde viviamos.

    Será unha oportunidade única, cunha única actuación programada para finais de decembro deste ano, pero sempre seguimos en contacto polo que poderán xurdir novas ideas co paso dos anos... aínda que cada vez xa imos máis vellos jejeje

    Graciñas polo teu apoio e seguimos ;)

    Apertas!

  • coscollos

    coscollos

    máis de 12 anos

    e logo como se vos dou por xuntarvos para facer este proxecto??? Tedes pensado seguir xuntos ou solamente é unha única actuación? Moita sorte seguro que o conseguides, paréceme moi boa idea

#06 / LISTAXE MECENAS, FALTA FAI!

Querid@s mecenas,

Achegamos a listaxe das persoas que patrocinaron o videoclip a través de Verkami, coa finalidade de que nos informedes de calquera erro ou ausencia. Nos créditos engadiremos nome e primeiro apelido por motivos de espazo, debido ao amplo número de persoas participantes. Lembrade que o acto de presentación será finalmente o sábado 29 de decembro, ás 20:00h. no local sociocultural da Ramallosa (Teo). Para calquera dúbida estamos en contacto a través do correo electrónico [email protected]

LIMPIEZAS SALGADO

MALDADOS.COM

PARADA D FRANCOS

BOBBER CAFÉ

DON BUDI CAFÉ

IL RITROVO CAFÉ - BAR

GRUPO CHÉVERE

ADRIANA VÁZQUEZ E NICOLÁS OTERO

ALBERTE SOUTO

ALBERTO FERNÁNDEZ

ALBERTO IGLESIAS "PEXEGO"

ALBERTO LEDO

ALEX SEVILLA

ALICIA NIMO, DAVID SANTOMIL E ANTÓN SANTOMIL

ANTÓN FERNÁNDEZ "TORRONCHO"

ANXO ARAÚJO

CALY RIVAS

CAMI

CARLOS BUSTELO "CHARLIE"

CARME HERMIDA

CRISTINA TERRÓN

DANIEL ESCUDERO

DARÍO FERNÁNDEZ

FERNANDO FRAGA

INÉS FERNÁNDEZ

IRENE

ler máis

#05 / Sempre agradecid@s

Moitas grazas a tod@s por axudarnos a conseguir o noso obxectivo. O crowdfunding foi unha experiencia totalmente novidosa para nós, que estivo acompañada de moito traballo, apoio e agarimo por parte de moita xente. Estamos en débeda con vós e agardamos estar ao nivel esixido. Con toda a ilusión do mundo comezamos mañá sábado, ás 8 da mañá, a rodaxe de "Falta Fai". Vémonos na feira do San Martiño!. Os mecenas interesados en participar na rodaxe e xantar con nós poden localizarnos o domingo a iso das 12 da mañá na carballeira de Francos. Para calquera asunto estamos en contacto a través deste blog. Grazas!

ler máis

#04 / Últimas 24 horas

Bo día pichurris,

Achegámonos ás últimas 24 horas do proxecto de crowdfunding. Se non hai novidade xa temos confirmadas novas aportacións que permitirán superar o obxectivo dos 1500 euros antes de que remate o prazo. Moitas grazas a todos/s e vémonos esta fin de semana na feira do San Martiño!. Mañá sábado estaremos durante todo o día no interior da pulpería Mambis e o domingo a partir das 12 da mañá contamos con vós para as escenas do exterior, que falta fai!.

Grazas de novo pola vosa axuda, isto conseguímolo entre tod@s!

ler máis

#03 / Quedan 5 días!

Estimados mecenas, quedan 5 días para procurar facer realidade este ilusionante proxecto colectivo. Temos apalabradas varias aportacións que fan pensar que conseguiremos o obxectivo dos 1500 euros, pero aínda queda bastante. Por iso, se sabedes de alguén máis que queira apuntarse... benvidos sexan!. Seguimos ;)

Nestes días tamén poderedes ver as novidades do proxecto en Eu vou á feira do San Martiño en Teo, que Falta Fai

ler máis

#02 / Na metade, quedan 19 días!

Bo día a tod@s!

Aínda quedan 19 días para conseguir máis apoios. Na metade do período de recadación para conseguir o noso obxectivo temos 650 euros!. Como xa saberederes continuamos coa promoción desta iniciativa de crowdfunding nas redes sociais, na prensa e na radio. A pasada semana estivemos na Radio Galega e en Radio Ordes. Ademais de publicar o primeiro dos videos promocionais deste proxecto colectivo chamado "Falta Fai", creamos unha páxina pública no Facebook, chamada Eu vou á feira do San Martiño en Teo, que Falta Fai na que podedes ver toda a información.

Este é o video, e virán máis...

Agradecemos de novo a todos os mecenas que confiades neste proxecto e recordamos que o cargo da vosa aportación nas vosas tarxetas de débito/crédito non se realizará ata que se consiga o obxectivo de recadación e remate o prazo establecido (por agora é como unha

ler máis

#01 / Seguimos ;)

Bo día, queridos/as mecenas:

Cumprida a primeira semana dende o lanzamento do proxecto de crowdfunding quixeramos agradecer o voso apoio e informar do avance nas xestións do videoclip:

  1. Temos unha aportación de 360 euros a día de hoxe e seguimos aumentando. Estamos por riba da media diaria de aportacións, pero cómpre incrementar na medida do posible a participación. Por iso quixeramos perdirvos que faledes coa vosa xente máis próxima, para compartir con el@s esta aventura. En tanto que o crowdfunding aínda é algo descoñecido para moit@s, podedes explicarlle o sinxelo que é participar, conscientes de que no futuro moitos proxectos culturais/musicais teremos que utilizar este tipo de aplicacións para facer cousas. Esta semana estamos contactando con bares nos concellos de Santiago, Ames e Teo para que participen no patrocinio a cambio de figurar nos créditos como publicidade e recibir as recompensas correspondentes segundo a aportación realizada. Por esta vía agardamos conseguir
ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies