❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

"A miña primeira novela de..."

Contos Estraños presenta unha colección de novelas ilustradas de xénero fantástico e de aventuras dirixidas ao público infanto-xuvenil

Contos Estraños

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
71
Aportaciones
3.144€
De 3.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

"A miña primeira novela de..." será unha colección de novelas ilustradas dirixidas ao público infanto-xuvenil (+11 anos) escritas en lingua galega. Cada novela abordará un xénero ou subxénero distinto co obxectivo de presentar as súas características definitorias aos/ás lectores/as. Ademais, cada un dos títulos conta con ilustracións de Iago Torres París e compleméntase cunha serie de fichas didácticas e interactivas (provistas de Códigos QR) con información relativa á temática tratada. Asemade, cada un dos volumes contará cunha guía de lectura dixital pensada para o persoal docente que queira traballar cos textos na aula.

Publicaranse catro volumes anuais cun ritmo trimestral.

Os catro primeiros títulos, que sairán finalizado o micromecenado, serán “ A miña primeira novela...
... do Salvaxe Oeste" Pegadas de búfalo de Tomás Rivera
... de Maxia" As probas do mago de Vanesa Santiago
... de Fantasía Épica Galega" A caída de Guiomar de Alba Rozas
... de Ciencia-Ficción" Visitantes da estrela vermella de Tomás G. Ahola

Sobre as recompensas

Incluiremos recompensas para todos/as os/as mecenas se conseguimos superar as seguintes metas:

  • Se chegamos a 3000€ incluiremos un pack de 4 marcadores coa ilustración correspondente a cada novela.

  • Se chegamos a 4000€ incluiremos un pack de 4 postais coas ilustracións das capas.

  • Se chegamos a 5000€ incluiremos unha libreta de notas coa ilustración da capa que escollas.

Quen somos

Contos Estraños Editora foi creada no ano 2011 coa intención de promover a literatura de fantasía, terror e ciencia ficción en galego.

O proxecto editorial enfocouse cara a tres liñas diferenciadas: unha revista periódica onde se reunirían en volumes colectivos as creacións dos numerosos escritores e ilustradores, a publicación de novelas individuais e unha liña infantil dirixida ao fomento da lectura e en especial dos xéneros fantásticos e de aventuras.

Na actualidade coordinan o proxecto Tomás Gonzalez Ahola (fundador de Urco Editora e autor de obras como Galiza Mutante: Poder Nuclear! e Alaia e a Deusa), Fernando M. Cimadevila (autor da serie xuvenil O mundo secreto de Basilius Hoffman e a serie infantil As aventuras do Apalpador), e Alba Rozas (Licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica, Doutora en Estudos da Literatura e da Cultura). Asemade, a revisión lingüistica dos textos correrá a cargo de José Manuel Dopazo Entenza (Licenciado en Filoloxía Galega, doutorando en Lingüística e investigador do ILG).

A que destinaremos as vosas achegas

Contos Estraños Editora é unha asociación cultural sen ánimo de lucro, de xeito que destinaremos as vosas contribucións a sufragar os custos de tiraxe, de envío, de ilustración e dereitos de autor, así como gastos de xestión da plataforma e das entidades de cobro, co propósito último de poñer en marcha a colección e mantela en vigor.

Calendario previsto

No caso de poder financiar o proxecto, o prazo de envío das catro primeiras novelas será dun mes, contado a partir da finalización da campaña.

+ Info

Web Oficial Contos Estraños
Facebook Contos Estraños

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

2 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • victoria canosa

    victoria canosa

    más de 3 años

    Moitos folgos para este proxecto e para os que veñan!

  • Xosé Henrique Costas

    Xosé Henrique Costas

    más de 3 años

    Parabéns pola vosa iniciativa!

#03 / Envío dos dous primeiros títulos.

Esta semana deberiades recibir os dous primeiros títulos, aqueles de vos que solicitarades algún dos mesmos recibiredes o título ou títulos correspondentes independentemente de que tamén escollerades o terceiro e o cuarto, os cales serán enviados así que saian da imprenta. Decidimos facer deste xeito para que puidésedes gozar canto antes das obras.

Se algún de vos non recibe os seus exemplares esta semana pode escribirnos directamente o noso mail: [email protected]

#02 / Xa queda menos para o envío!!!

Xa están a piques de saír dor forno as primeiras novelas. Levamos un chisco de atraso por motivos que xa vos imaxinaredes, pero pese a todo nestes tempos que corren agardamos poder facérvolas chegar canto antes. Nesta primeira fornada virán o primeiro e o segundo volume, polo que en breve comezaremos o envío dos mesmos para aqueles que solicitarades especificamente estes títulos. No caso de ter tamén pedidos o terceiro e o cuarto, agardaremos a telos tamén para facervos o envío conxunto.

Xa queda menos. Grazas pola paciencia.

#01 / RETO SUPERADO!!

Moitísimas grazas a tod@s por facer posible o proxecto!!! En breve nos poñemos en contacto para xestionar as recompensas.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies