❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.
The link to the project has been copied to your clipboard
Project followed!
We will notify you at your user email address when the project achieves the objective and before the campaign ends so that you can contribute if you wish.
\ LIBRO (para escoller entre galego ou castelán)
+ Nome en agradecementos
+ Gastos de envío
Estimated delivery
September 2020
25€
Featured / 18 left (of 35)
FESTA PRESENTACIÓN CORONA-BIOS
Festa privada no local de Demo Editorial (A Coruña)
+ Coa presenza do autor
+ Concerto de Radio Oceano
+ Degustación das cervexas Singardemo
+ Algunha sorpresa
Data: Outubro
Esta recompensa será viable cun mínimo de 25 asistentes. Se non chegamos ao mínimo ao final da campaña non se pasará o cobro da túa aportación.
Estimated delivery
October 2020
35€
43 left (of 50)
CORONA-BIOS MINI LUX
Serie de 3 láminas a cor. Edición limitada.
Impresión Gliceé de tintas pigmentadas sobre papel Creative Matt. Formato 13x13 cm (12x12 con 1 cm de marxe branca)
Asinadas e numeradas polo autor.
ESTE PAQUETE PODES ENGADILO A CALQUERA OUTRA RECOMPENSA OU RESERVALO DE XEITO INDEPENDENTE.
Gastos de envío incluídos
Marcos non incluídos
Estimated delivery
September 2020
36€
47 backers
CORONA-BIOS 100%
LIBRO (para escoller entre galego ou castelán)
+ CAMISOLA
+ Nome en agradecementos
+ Gastos de envío
Estimated delivery
September 2020
40€
4 backers
SINGARDEMO 12
12 CERVEXAS SINGARDEMO
6 SINGARDEMO BLONDE ALE
6 SINGARDEMO JUICY IPA
Gastos de envío incluídos península
Estimated delivery
September 2020
48€
6 backers
CORONA-BIOS SINGARDEMO
LIBRO (para escoller entre galego ou castelán)
+ 4 SINGARDEMO BLONDE ALE
+ 4 SINGARDEMO JUICY IPA
+ Nome en agradecementos
Gastos de envío incluídos península
Estimated delivery
September 2020
70€
5 left (of 20)
ADEUS PANDEMIA, ADEUS
LIBRO (para escoller entre galego ou castelán)
+ CAMISOLA
+ DEBUXO ORIXINAL A TINTA (15x15 cm)
+ Nome en agradecementos
+ Gastos de envío
Estimated delivery
September 2020
100€
15 backers
CORONA-LIBROS
10 LIBROS (para escoller entre galego ou castelán)
+ Gastos de envío incluídos
(Os mecenas desta oferta deben acreditarse como libreiros e recibirán uns días antes que o resto de mecenas o seu pedido, xunto coa correspondente factura).
Estimated delivery
September 2020
Support it with a donation
Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:
CORONA-BIOS Notas biográficas de persoas anónimas en tempos de pandemia.
LIBRO DE 150 PÁXINAS!
Corona-Bios xurdiu como proxecto persoal de autoterapia para facer máis levadeiras as miñas horas de confinamento por mor do Coronavirus e reflexionar en clave de humor e sentido crítico sobre todo o que está a acontecer nestes meses de crise.
No inicio da corentena, comecei a compartilas na miña conta de Instagram, publicando unha media de entre 3 e 6 viñetas diarias. Ao pouco de facer isto, algúns amigos e seguidores comezaron a preguntar se pensaba reunilas nun libro, e ata aquí chegamos.
Corona-Bios aspira agora a ser un libro a modo de memoria gráfica en clave de humor da crise do COVID-19, editado en galego e castelán. Para levar adiante este proxecto editorial, que mellor que recorrer a un dos meus sistemas favoritos de financiamento cultural, probablemente un dos máis democráticos que coñezo, o ‘crowdfunding’, ou o que é mellor: un Verkami.
Moda primavera 2020
Sobre as recompensas
As principais recompensas son:
CORONA-BÍOS: Libro de 150 páxinas de humor gráfico, formato 15×15 cm, encadernación rústica con lapelas. Dúas edicións: galego e castelán
Poderás escoller idioma no momento de cubrir o formulario de envío.
COVID-19 SURVIVOR: Edición limitada de camiseta para sobreviventes.
E para os que gustedes de ter unha pequena peciña de arte na casa tamén podedes levar unha ILUSTRACIÓN ORIXINAL a tinta ou reservar a serie de láminas CORONA-BIOS MINI LUX.
Home orando
Moda Primavera 2020
COVID INVADERS
Ademais, engadiranse novas recompensas extra para todos os mecenas que se sumarán aos vosos paquetes se superamos os seguintes obxectivos.
OBXECTIVOS:
3000€: + Edición en 2 linguas CONSEGUIDO!!
4000€: + Adhesivo CONSEGUIDO!!
5000€: + Marcador de lectura CONSEGUIDO!!
6000€: + Chapa de advertencia CONSEGUIDO!!
7000€: + Poster A3 + Ampliamos tiraxe para chegar a resto de librarías CONSEGUIDO!!
8000€: + Dedicatoria do autor en todos os libros
9000€: + Chaveiro metacrilato
10.000: + 30 páxinas máis (O libro terá 180 páxinas)
Libros libres
RECOMPENSAS PARA LIBREIROS:
- Pack de 10 libros con 50% de desconto. Podedes aportar reservando a partir dun pack e elexir se os queredes todos na mesma lingua ou repartidos entre galego e castelán
- Inclusión na web das librarías mecenas.
- Os libreiros mecenas podedes ofertalo aos vosos clientes para que volo encarguen para recoller na vosa libraría.
- Mención especial para libreiros mecenas nun apartado especial nos créditos do libro.
LIBRARÍAS MECENAS
ALGUNHAS VIÑETAS
Eurocopa 2020
Home orando.
7 erros
Covid Invaders
o último en bikinis
Sobre o autor de Corona-Bios
Manel Cráneo é produtor cultural, editor e artista multidisciplinar con máis de dúas décadas de experiencia no sector artístico: ilustración, banda deseñada, deseño gráfico, música, animación, ‘performance’, audiovisual...
Hai 10 anos creou Demo Editorial, selo especializado en banda deseñada galega que co paso do tempo xerou tamén a súa propia produtora, Demo Cultural, coa que crea e produce eventos e proxectos culturais relacionados case sempre coa interacción entre a banda deseñada e a ilustración con outros medios como a historia, arqueoloxía, medicina, publicidade, espectáculo etc.
Este é o cuarto proxecto que lanza en Verkami; os tres anteriores acabaron todos con éxito.
Manel Cráneo, preocupado polo presente antes que polo futuro.
Se queres saber algo máis sobre a súa actividade, preme nas seguintes ligazóns:
A cubrir os gastos dos servizos de edición e produción do libro e demais pezas da campaña, comisións bancarias e da plataforma, impostos e toda a loxística de envíos.
Unha vez cubertos todos os gastos produción de toda a campaña, se conseguimos máis beneficios, irán destinados a pagar recompensas extra, deseño e maquetación de todas as pezas da campaña. Os dereitos de autor se destinarán a Demo Editorial para axudar a manter o selo vivo despois de tres meses sen facturar por mor da crise sanitaria do COVID-19. Para isto último, o ideal sería acadar un mínimo de 6000€ de recadación.
Calendario previsto
A entrega do libro farase a domicilio entre setembro e outubro, a través do servizo de Correos.
Se queres seguir de preto o proxecto, tes actualizacións diarias en:
Moitas grazas, Constantino, o idioma poderedes indicalo no formulario para cubrir cos vosos datos que vos chegará un días despois de rematar a campaña.
CONSTANTINO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
almost 5 years
Parabéns pola iniciativa e que muito exito en futuros trabalhos!
Pregunta: entendo que che diremos o idioma no que o queremos cando te ponhas en contacto con nós, nonsi?
Corona-Bios avanza, a meirande parte das pezas e agasallos están en pleno proceso de impresión e fabricación, algunhas delas, como as chapas de advertencia, están xa agardando o seu momento no almacén de Demo Editorial :D
O libro está en proceso de revisión e a primeiros de agosto entrará en imprenta, e se todo vai ben, en setembro comezaremos a distrubución tal e como estaba anunciada.
E a vindeira semana iniciaremos o proceso de etiquetado das cervexas SINGARDEMO, de sede non morreremos ;-)
Grazas pola vosa paciencia!!!
Apertas inmunizadas!
Chapas de advertecia
(Castellano)
Corona-Bios avanza, la mayor parte de las piezas y regalos están en pleno proceso de impresión y fabricación, algunas de ellas, como las chapas de advertencia, están ya esperando su momento en el almacén de Demo Editorial :D
El libro está en proceso de revisión y a primeros de agosto entrará en imprenta, y si todo va bien, en septiembre empezaremos la distrubución tal y
Nun arrebato de tolemia final, estamos organizando unha festa privada para outubro no local de Demo Editorial. Exclusiva e reducida a 35 asistentes e quero os primeiros en sabelo sexades vós, os mecenas do proxecto. Será un encontro distendido no que presentarei o libro, falaremos de todo o acontecido durante o proceso, terapia e risas. Para isto contaremos coa imprescindible presenza de Cervexas Ale Alé que farán unha cata das SingardemoBlonde Ale e Juicy IPA. Pecharemos a festa cun concerto privado dunha das bandas de culto do punk/afterpunk dos 80, Radio Oceano, un luxo de broche final.
Agardo que vos animedes a participar desta experiencia única e irrepetible na mellor compañía ;-)
(Galego)
É un enorme pracer anunciarvos hoxe que o mestre do humor gráfico Xaquín Marín, será o encargado de escribir o limiar de *Corona-Bios*. Ter a Xaquín de padriño neste proxecto faime unha enorme ilusión pois levo desde a infancia seguindo o seu traballo como humorista gráfico e admirando a súa calidade humana.
Outra boa nova é que superamos un novo obxectivo, acadamos 7000€ e con isto todos os mecenas sumades un poster A3 aos vosos paquetes.
E a terceira boa nova de hoxe é que Verkami deulle unha prórroga á campaña ata este domingo para ver se facemos medrar un chisco máis o proxecto.
3000€: + Edición en 2 linguas CONSEGUIDO!!
4000€: + Adhesivo CONSEGUIDO!!
5000€: + Marcador de lectura CONSEGUIDO!!
6000€: + Chapa de advertencia CONSEGUIDO!!
7000€: + Poster A3 + Ampliamos tiraxe para chegar a resto de librarías CONSEGUIDO!!
9000€: + Chaveiro de metacrilato
8000€: + Dedicatoria do autor en todos os libros
10.000: + 30 páxinas máis (O libro terá 180 páxinas)
Ola a tod@s, debido ao bo progreso da campaña, imposible sen as vosas aportacións, Verkami ofreceume alongala ata este domingo día 14 para intentar acadar algún obxetivo máis. Asi que ocorriuseme engadir un obxetivo intermedio novo, se chegamos a 9000€ tod@s @s mecenas levaredes un novo agasallo máis, este fermoso chaveiro Coronabios de metacrilato impreso a dúas caras.
Por tentalo que non quede!
Para seguir facendo medrar o proxecto a vosa axuda é fundamental compartindo o enlace da campaña: https://vkm.is/coranabios
Mil grazas polo voso enorme apoio e agarimo, axúdame moito a seguir traballando con ilusión no libro para que quede máis que mellor ;-)
3000€: + Edición en 2 linguas CONSEGUIDO!!
4000€: + Adhesivo CONSEGUIDO!!
5000€: + Marcador de lectura CONSEGUIDO!!
6000€: + Chapa de advertencia CONSEGUIDO!!
7000€: + Poster A3 + Ampliamos tiraxe para chegar a resto de librarías
Amig@s Mecenas!! A 4 días do final, a campaña vai vento en popa, un éxito grazas a tod@s vós. Estou flipando, estaba fritindo unhas croquetas para a cea e na radio sonou o clásico de Europe e de súpeto entroume unha estraña forza polo peito pensando no confinamento, en case 300 viñetas feitas nestas semanas e na machada destes días de campaña e do apoio que me estades dando @s mecenas... cando deixei de cantar e moverme ao máis puro estilo heavy-metal... ese cheiro típico... as croquetas estaban queimadas, pero da igual aínda me queda moita bechamel. Seguimos!
3000€: + Edición en 2 linguas CONSEGUIDO!!
4000€: + Adhesivo CONSEGUIDO!!
5000€: + Marcador de lectura CONSEGUIDO!!
6000€: + Chapa de advertencia CONSEGUIDO!!
7000€: + Poster A3 + Ampliamos tiraxe para chegar a resto de librarías
8000€: + Dedicatoria do autor en todos os libros
10.000: + 30 páxinas máis (O libro terá 180 páxinas)
Veremos ata onde chegamos nesta recta final. Sería fantástico chegar a 7000 e
Hoxe preséntovos os deseños definitivos da camisola e traio moi boas novas para tod@s os mecenas que a tedes reservada. Houbo consultas de xente que preguntaba se podía ser negra en vez de branca. Pois ben, despois de falar co proveedor disto, finalmente poderedes elexir entre as opcións branca ou negra. Este detalle, e a vosa talla, poderedes indicalos no formulario que vos enviarei ao remate da campaña.
Dicirvos tamén que xa superamos os 5000€ de recadación e que todos os libros levarán pegata e marcador de agasallo. Vamos polo seguinte obxectivo. Se axudades a compàrtir o enlace será máis viable. Mil grazas!!
E mil grazas tamén pola vosa acollida, mensaxes de ánimo e agarimo, iso faime traballar con máis ilusión aínda, quero que quededes o máis contentos posible co resultado.
E lembrade que o maldito vírus aínda anda solto: Singardemo!!
Entramos na fase final da campaña, camiño dos 5000€ de recadación e cunha sorpresa que me fai especial ilusión anunciar, algo especial para que @s mecenas gocedes dunha experiencia completa e única con este proxecto.
SINGARDEMO significa precaución en esperanto, idioma universal creado para unir a todos os pobos do mundo do mesmo xeito que nos unen os libros e a cervexa. Ese é o nome que nace da colaboración de Demo Editorial e Cervexa Ale Alé para ofrecervos unha maridaxe da que gozar na casa: a lectura do libro Corona-Bios e a degustación dunha cervexa Blonde Ale é unha Juicy IPA artesás. El pack CORONA-BIOS SINGARDEMO incluye 8 cervezas (4 de cada variedade)+ LIBRO e o pack SINGARDEMO 12, inclúe 12 cervexas (6 de cada variedade).
Do mesmo xeito que un vírus se propaga, tamén o fan o sentimento de unión e solidariedade. E que mellor xeito que respectar aos demais que disfrutando da calma e tranquilidade da casa lendo, sorrindo, reflexionando mentres degustamos
Superamos xa os 4000€ grazas ao voso apoio! Este libro non hai vírus que o pare grazas a tod@as vos e estes son os agasallos que recibiredes co voso pack se superamos as seguintes metas.
4000€: + Adhesivo CONSEGUIDO!!
5000€: + Marcador de lectura
6000€: + Chapa de advertencia
Vos adianto o deseño da chapa de advertencia que vos chegará se conseguimos os 6000€. Trátase dun dispositivo de alta gama para manter a raia aos que rachen a vosa distancia de seguridade cando vaiades polo mundo adiante. E por se alguén non entende, vai en 7 idiomas, incluído o esperanto, idioma que ninguén entende pero representa unha fermosa utopía :D
Por último, nesta entrada, avisar de que estou a cocer novidades moi guapas para a derradeira quincena da campaña. Permanecede atent@s por que vos vai sorprender :D
CHAPA DE ADVRTENCIA
(Catellano)
Superamos ya los 4000€¡grazas a vuestro apoyo! Este
Hoxe presentamos un novo paquete exclusivo e inigualable. Mirade se está ben que eu mesmo estou pensando en mercalo :D
Un pack pensado para colgar nas paredes da casa e lembrar sempre o que estamos a pasar, igual asi comezamos a ser máis prevenidos. E como agasallo, este pack non ten prezo, o enmarcas nuns marcos Ribba e quedas como un señor/a en calquera tipo de celebración.
CORONA-BIOS MINI LUX
Serie de 3 láminas a cor. Edición limitada.
Impresión Gliceé de tintas pigmentadas sobre papel Creative Matt. Formato 13x13 cm (12x12 con 1 cm de marxe branca)
Asinadas e numeradas polo autor.
Gastos de envío incluídos
Marcos non incluídos
ESTE PAQUETE PODES ENGADILO A CALQUERA OUTRA RECOMPENSA OU RESERVALO DE XEITO INDEPENDENTE.
(Castellano)
Hoy presentamos un nuevo paquete exclusivo e inigualable. Mirad si está bien que yo mismo estoy pensando en comprarlo :D
Un pack para colgar en las paredes de tu casa y recordar siempre lo que estamos pasando,
Sen vós isto no iría a ninguna parte e son moi consciente. Agora como xa sabedes, con cada novo obxectivo que consigamos, irei engadindo novos agasallos para sumar aos vosos paquetes. Agradécese toda a difusión que fagades nas vosas redes para infectar a máis xente pero non co vírus, con humor e alegría, algo necesario para superar esta situación.
Sin vosotros esto no iría a ninguna parte y soy muy consciente. Ahora como ya sabéis, con cada nuevo objetivo que consigamos, iré añadiendo nuevos regalos para sumar a vuestros paquetes. Se agradece toda la difusión que hagáis en vuestras redes para infectar a más gente pero non con el vírus, con humor y alegría, algo que nos hace falta para superar esta situación.
(Galego)
É un pracer anunciar neste primeiro día de cambio de fase na pandemia, que o proxecto Corona-Bios tamén pasa á seguinte fase grazas as vosas aportacións, xa temos luz verde. Conseguímos entre tod@s materializar o libro, haberá edición, limitada a mecenas de momento, en galego e castelán. O libro xa é unha realidade, agora vamos ver ata cantos agasallos máis podemos engadir a cada paquete. Se axudades a partillar o enlace á campaña nas vosas redes será de gran axuda para facer medrar o proxecto.
Mil grazas por apoiar este proxecto, sen vós non sería posible!
Iniciamos as entradas no blogue oficial de Corona-Bios presentando o pack de 10 exemplares con desconto do 50% para librarías. Con isto saltamos os custos de distribución deixando máis marxe de beneficio aos libreiros, un 20% máis da media habitual de beneficio. Un pequeno xesto de apoio a un sector estratéxico para a Cultura coa intención de manter unha relación directa cunha parte indispensable da nosa familia cercana no ámbito cultural.
VANTAXES PARA LIBREIROS:
- Inclusión na web das librarías mecenas.
- Os libreiros mecenas podedes ofertalo aos vosos clientes para que volo encarguen para recoller na vosa libraría.
- Mención especial para libreiros mecenas nun apartado especial nos créditos do libro.
Agardo que vos animedes e grazas aos que xa estades apoiando!!
Viva a C da Creatividade, da Cultura e do meu Cráneo, seguirei dándolle ao que levo dentro ata que estoupe :D
28 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
teixido65
Bomba vírica desactivada!! Abur
Demo Editorial
Author
Graciñas, Antón!!!!
Anton Sánchez
Encantado de poder cooperar cun gran artista... Forza manel craneo!!!
Saborido
Que grande eres Manel! 😊
Demo Editorial
Author
Moitas grazas, rojo666sangre ;-)
rojo666sangre
Animo!
Demo Editorial
Author
Moitas grazas, Constantino, o idioma poderedes indicalo no formulario para cubrir cos vosos datos que vos chegará un días despois de rematar a campaña.
CONSTANTINO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
Parabéns pola iniciativa e que muito exito en futuros trabalhos!
Pregunta: entendo que che diremos o idioma no que o queremos cando te ponhas en contacto con nós, nonsi?
teixido65
Manel, para cando o CoronaMonster Mash !!!!
Demo Editorial
Author
Grazas, Xavier Pena e Sihomesi!! ;-)