❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

UNHA FOLLA VERMELLA

Álbum ilustrado de edición numerada e limitada no que, cunha soa voz, fan unha reflexión crítica sobre o proceso de creación.

Created in

0
seconds
86
Pledges
2.356€
From 2.200€
Contribute to the project

Choose your reward

“Unha folla vermella”. Álbum ilustrado de edición numerada e limitada no que, cunha soa voz, fan unha reflexión crítica sobre o proceso de creación e a vida do creador nun entorno difícil como o de hoxe, as máis das veces sometido a presión do sistema. Crítica extensiva a todas as pólas da arte e que agardamos aniñe nas vosas almas.

Sobre as recompensas

Álbum ilustrado de tamaño final 17,5 x 24,5, a 4/4 tintas en papel estucado mate de 150gr.

Lámina cuberta a 4/0 tintas + plastificado mate 1 cara en estucado de 150gr.

Encadernación cartoné ao cromo con cartoncillo grueso de 2,5mm e lombo recto sen cabezadas a xogo. Tapa dura.

Portada de "Unha folla vermella"
Portada de "Unha folla vermella"

Lámina en A4 estucada 350 gr color

Lámina en A4
Lámina en A4

Marcapáxinas "Unha folla vermella"

Marcapáxinas "Unha folla vermella"
Marcapáxinas "Unha folla vermella"

Sobre eles

O tándem Alonso Beloso (Luz Beloso e Miguel Anxo Alonso Diz), autores cunha interesante traxectoria dentro da literatura galega, que tivo o seu inicio co “O cullarapo Croque” no ano 2012 e “A nena á que non deixaban ser feliz” no ano 2013, constituíndo as primeiras iniciativas de libro galego en VERKAMI.

Posteriormente naceron “O soño de Esther” no ano 2014, “O valente coello que quixo soñar” no ano 2015, “Mel, unha mosca agradecida” no ano 2016 e “Piratas no recreo” no ano 2018.

Os seus libros estiveron entre os máis vendidos en Galicia e algúns deles foron finalistas de premios como “Neira Vilas de libro infantil e xuvenil”, “Issac Díaz Pardo de álbum ilustrado” ou o “Premio Frei Martín Sarmierto”.

Pousamos aquí a ligazón ás Wikipedias de ambos autores nas que podedes ver devagar a súa traxectoria:
Luz Beloso
Miguel Ángel Alonso Diz

Miguel Anxo e Luz
Miguel Anxo e Luz

Agora regresan a VERKAMI cun novo título: “Unha folla vermella”.

A que destinaremos as vosas achegas

Publicación do álbum ilustrado, impresión das láminas e marcapáxinas e envío de todas as recompensas.

Calendario previsto

En maio do 2020 comezaremos a entregar as recompensas

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

17 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Miguel Ángel Alonso Diz

    Miguel Ángel Alonso Diz
    Author

    9 months

    Querémosvos agradecer de novo o voso apoio. Sen a vosa participación “Unha folla vermella”

    non sería realidade. Se existe é grazas a vós, e isto xa forma parte da historia deste

    libro; hoxe e sempre.

    Tamén queremos agradecer a vosa paciencia e pedir desculpas pola demora nos

    prazos de entrega. A situación que nos tocou vivir afectounos en todas as ordes das

    nosas vidas.

    Finalmente o libro saíu do prelo e xa o temos fisicamente mais a imposibilidade de

    estar xuntos Luz e Miguel Anxo, por diversas circunstancias, provoca que algúns dos

    envíos partirán cara os seus fogares nos primeiros días de setembro.

    Se calquera de vós quixera telo antes desa data pode pórse en contacto connosco e lle

    será enviado dedicado por Miguel Anxo. (Seica algúns tedes a posibilidade de que Luz volo asine en setembro)

    Agradecemos novamente que sexades parte fundamental do noso camiño; reiteramos

    as nosas desculpas e confiamos en que esta folla vermella aniñe nos vosos corazóns do

    mesmo xeito que aniñou nos nosos.

    Con pandemia ou sen ela, a creatividade é o celme das nosas almas; a substancia que

    nos leva a soñar un mundo diferente; a ferramenta transformadora.

    GRAZAS

    Miguel e Luz

  • Miguel Ángel Alonso Diz

    Miguel Ángel Alonso Diz
    Author

    10 months

    Pedimos desculpas pola demora. Xa coñecedes a situación que nos tocou vivir. Informamos que o libro rematou a fase de maquetación e en breve, entra en imprenta. Seguimos traballando!!

    Confíamos en que todxs esteades ben. Os nosos mellores desexos convosco.

    Luz e Miguel

  • Marina

    Marina

    about 1 year

    Espero tenerlo pronto!!!!

  • Marina

    Marina

    about 1 year

    Espero tenerlo pronto!!!!

  • DenisVicente

    DenisVicente

    about 1 year

    Os proxectos de Luz Beloso sempre pagan a pena! (L)

  • aprofa

    aprofa

    about 1 year

    Como resistirse a esa folla de carballo!

  • ellorca

    ellorca

    about 1 year

    A por outro novo soño! Grazas aos dous!

  • cris amoedo

    cris amoedo

    about 1 year

    Un pracer

  • salgarimar

    salgarimar

    about 1 year

    Moita sortiña, chicxs! Unha ledicia que saian adiante estes proxectos que namoran ♥

  • Angel Luis Utrera Baza

    Angel Luis Utrera Baza

    about 1 year

    Encantado

#05 / ISBN solicitado

Seguimos dando pasos malia as circunstancias que nos tocou vivir a todxs.

Xa solicitamos o ISBN e agardamos ter en breve o limiar do libro, que vai ser escrito por unha grande persoa e marabilloso artista galego.

Confíamos en que todxs esteades ben.

Un bico de Miguel Anxo e Luz.

#04 / Obxectivo acadado

Grazas a todas as persoas que sodes parte, dun xeito ou outro, desta aventura.

Agardamos que a situación actual non demore moito a chegada das vosas recompensas.

Pousamos aquí o noso agradecemento expreso e o compromiso de traballar arreo. Iremos informando sobre prazos en canto a situación se normalice.

Fonda aperta!

Miguel Anxo e Luz

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.