Vigo Industrial naceu a comezos de 2018.
O noso é un proxecto colaborativo de catalogación, difusión e posta en valor do Patrimonio Industrial dos concellos da Ría de Vigo (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Redondela, Vigo, Nigrán, Gondomar e Baiona).
O noso obxetivo é afondalo no coñecemento científico e recoñecemento social do conxunto de elementos que compoñen o noso Patrimonio Industrial, co que agardamos que aumente a súa protección, conservación e reutilizacións para o ben da nosa comunidade.
A parte central do noso proxecto é a elaboración dun catálogo web no que mediante unha fichas individualizadas se compilan e crean documentos (fotos, planos, patrimonio documental,...) e informacións (historia, descriptiva arquitectónica, situación urbanística,...) dos elementos máis interesantes do noso patrimonio industrial. Asi mesmo, a elaboración desta fichas implican unha "activación" da cidadanía, xa que traballos de investigación e recopilación desenvoltos polo equipo de Vigo Industrial establecen contactos e colaboracións entre diversos axentes do contexto da antiga fábrica (veciñanza, ex-traballadores/as, empresas, institucións, investigadores,...)
A web e catálogo de Vigo Industrial son de acceso libre e gratuito, e a inmensa maioria dos seus contidos teñen licenza "creative commons 4.0 recoñecemento-non comercial" para poder ser empregados polo resto da sociedade (cidadanía, estudantes, institucións, asociacións veciñais e culturais, empresas,...).
Agora precisamos a túa axuda económica para manter o noso principal gasto, o mantemento da nosa web, durante cando menos 3 anos máis, e así ter un horizonte amplo para continuar os nosos traballos de catalogación, así como o resto de actividades de difusións e posta en valor (charlas, exposicións, publicacións,...)
Sobre as recompensas
A maior recompensa é a túa colaboración para manter a nosa web, xa que é unha ferramenta que está a disposición de todas.
Pero aparte disto, e como Vigo Industrial tamén é un proxecto de creación artística e cultural, temos varias pequenas obras de arte para que incorporedes a imaxe do noso Patrimonio Industrial a vosa casa ou local comercial e incluso o levedes co vestido por todo o mundo adiante.
Postais:
- Serie de serigrafías feitas por David Amoedo Losada en colaboración co equipo de Vigo Industrial (18x13 cm).
- Serie de debuxos de Tomás Barreiro Vescovo en colaboración con Vigo Industrial (impresión dixital, 21x14,8 cm)
Alzados
Serie de alzados feitos por David Amoedo Losada en colaboración co equipo de Vigo Industrial.
Dous tamaños posibles: A3/31x31cm e A4/19x19cm).
A escoller entre 9 deseños posibles
Lámina do noso logo
Lámina do logo de Vigo Industrial, a conserveira Massó según Montse Piñeiro, a tamaño A3.
Impresión dixital.
Cartulina de 300 gr/m2.
Camiseta
Camiseta de algodón ecolóxico de calidade (155 gr/m2) serigrafíada, 6 tallas a elexir (XS, S, M, L, XL, XXL).
Pódese escoller o deseño "Panificadora" de David ou cargadoiro "Coto Wagner" de Tomás.
Bolso
Resitente bolso de man de algodón ecolóxico e alto gramaxe.
Pódese escoller o deseño "Panificadora" de David ou cargadoiro "Coto Wagner" de Tomás.
Mochila
Xeitosa mochila de algodón ecolóxico.
Pódese escoller o deseño "Panificadora" de David ou cargadoiro "Coto Wagner" de Tomás.
Alzado panorámico
Alzado en gran formato panorámico, feitos por David Amoedo Losada en colaboración co equipo de Vigo Industrial.
A escoller entre 3 deseños.
Mapeo
Conxunto de 12 postais e un mapa da Ría de Vigo deseñado por Tomás Barreiro Vescovo. No mapa sinalizase a ubicación dos elementos debuxados nas postais.
Podese escoller o tamaño do mapa (A3 ou A2).
Sobre nós
Vigo Industrial é un proxecto colaborativo e dinámico que incorpora achegas e participacións de** diversas asociacións e persoas individuais**.
O proxecto está coordinado por Uxío Reinoso Maset (historiador e activista social), entre as colaboradoras habituais están:
David Amoedo Losada (debuxante e delineante).
Tomás Barreiro Vescovo (arquitecto e debuxante).
Sandra Villar Soliño (arquitecta).
Monste Piñeiro (deseñadora e fotógrafa).
Zacarias Abad (fotógrafo).
José Chas (fotógrafo).
Nos contidos das nosas fichas do catálogo web xa teñen colaborado un gran número de asociacións, institucións e persoas:
Asoc. Entremos na Panificadora.
Asoc. Salinas do Ulló.
Asoc. de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas.
Centro Cultural e Social de Pontesampaio.
Instituto de Estudos Miñoráns.
Clube Espeleolóxico Mauxo.
Herdeiros de "Conservas Sueiro".
Herdeiros de "Langostas Serapio Puerta Oviedo".
CPI Manuel Padín Truiteiro.
O blog "Noncommon".
O blog "Entre Ruinas".
O blog "Donde solo habita el tiempo".
O explorador Manuel Calavera.
Concello de Baiona.
Arquivo Municipal de Vigo.
...e moitas persoas máis...
A que destinaremos as vosas achegas
O obxetivo deste crowfunding é cubrir os gatos de mantemento da nosa web durante cando menos 3 anos máis,e así ter un horizonte amplo para continuar os nosos traballos de catalogación e estendernos noutro tipo de actividades de difusión e activación da cidanía.
Mantemento web: 280 euros/ano x 3 anos = 840 euros. (52%)
Impostos e comisións bancarias = 400 euros (25%).
Elaboración e envío de recompensas = 360 euros (23%).
Calendario previsto
O envío das recompensas será inmediato á finalización do crowfunding, entre finais de xaneiro e comezos de febreiro, xa que contamos cun amplo "stock" xa listo.
En caso de tremendo éxito da nosa campaña, superemos a meta de 1600 euros, e/ou haxa un gran número de pedidos dun mesmo artigo, será preciso facer novas "tiradas" que poden demorar un par de semanas.
En calquer caso, antes de fin de febreiro do 2020 terías o túa recompensa na casa.
+ Info
www.vigoindustrial.com
facebook.com/vigoindustrial
instagram.com/vigoindustrial
5 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Vigo Industrial
Author
Moitas grazas a todas por colaborar!!! Obxetivo superado!!! Xa comezamos a pornos en contacto convosco. Nos vindeiros días enviaremosvos un correo para concretar os detalles das vosas recomepensas. No caso de que o xoves 16, non teñades recibido ningún correo de Vigo Industrial: por favor, escribidenos a [email protected]
Vigo Industrial
Author
Aqui podedes visualizar todas as opcións das nosas recompensas en téxtil; https://www.facebook.com/pg/vigoindustrial/photos/?tab=album&album_id=797517110697679
SIP
Espero que lo consigáis!!
Vigo Industrial
Author
ACLARACIÓN: Para fixar as opcións da vosa recompensa (deseño, talla, cor, modelo,...), Vigo Industrial porase en contacto con vos vía mail, unha vez rematado o prazo do crowfunding. Calquer outra aclaración o dúbida podedes contactar por correo: [email protected].
angelcafe
Moito ánimo.