Estes deseños son bosquexos feitos para Verkami, non se corresponden coa versión definitiva.
"I" será o terceiro traballo da banda, despois de xa 7 anos medrando no panorama galego queremos amosar as cancións que estivemos facendo nos últimos tempos.
Metal, rap, rock e electrónica que serven de base para sementar as nosas ideas.
Podedes ver por onde van os tiros co sinxelo xa publicado "Voltarán".
Sobre as recompensas
Coma sempre traballamos cos mellores deseñadores para o noso material, neste caso é Anxo Vizcaíno o encargado de poñerlle forma gráfica ao noso son, o que vedes do novo material é só un indicio da portada definitiva que ensinaremos cando se achegue a estrea.
Podedes botar un ollo aquí aos seus traballos:
Instagram @anxovizcaino
Sobre nós
Dende a saída de "III" en 2012 non deixamos de tocar prácticamente en tódolos festivais galegos nunha fuxida estilística sempre cara adiante na procura dunha nova motivación musical.
"II" foi a nosa consolidación no panorama galego e sinxelos como "A Forza da Razón" ou "A Cea dos Malditos" foron os que crearon esta relación tan especial que vivimos hoxe en día con vós, que no último ano convertestes cada concerto nunha batalla.
Con estes traballos recibimos algún premio:
-No 2018 recibimos o Premio Martin Codax como mellor banda galega de metal
-No 2019 gañamos o Band Contest do Resurrection Fest entre máis de 600 bandas de dentro e fóra do estado, o que nos permitiu tocar nun dos mellores festivais europeos deixándonos unha lembranza memorable.
Nos últimos tempos categorízasenos como banda de metal, mais neste traballo non pechamos portas a nada, seguen os riffs cañeiros, pero tamén exploramos máis alá: sintetizadores, ritmos de electrónica, cadencias rap... evolución ou morte.
É a primeira vez que faremos o traballo en cuarteto tras a chegada á banda de Miguel Duarte.
Arrhythmia somos:
● Alberto Busto: Guitarra e voz
● Alejandro Maciñeiras: Baixo eléctrico
● Álvaro L. Barreiro: Batería
● Miguel Duarte: Guitarra
A que destinaremos as vosas achegas
Sabedes que o noso traballo é totalmente autoeditado a nivel audiovisual, máis queremos dar un salto na calidade para o que investiremos en novos equipos de gravación e rodearémonos dos mellores profesionais.
Usaremos as achegas para a edición tanto de CDs como Vinilos, a reimpresión de modelos de roupa antigos que máis vos gusten e o deseño e impresión de novas pezas.
Calendario previsto
Temos en mente ter o material para a primavera de 2020.
A presentación oficial onde poderedes recoller os packs sen envío será o 24 de Abril na Sala Malatesta de Santiago de Compostela.
+ Info
Podedes estar ao tanto de tódalas novidades da banda nas seguintes ligazóns:
9 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
bieita
Avante!!!
Rosana
Graciñas pola vosa música! Adiante!!!
Rosana
Un pouco máis preto de conseguir o voso soño
Richi Golpe Radikal
Moito ánimo ! 😈🙌
CARLOS MACIÑEIRAS CELA
Xa sabedes, non preciso de envío postal :D
José Manuel Maciñeiras Mosquera
Grandes!!!!
Arrhythmia
Author
25% acadado nun día. Grazas a tod@s!!
Víctor
Música é liberdade
Arrhythmia
Author
Primeiras achegas! Entre todos os que merquedes algo sortearemos un CD, entrada ou camisola a elexir se compartides o pack mercado etiquetando nas vosas redes. Grazas!