In order to interact successfully and get the best performance from our website, we recommend upgrading your browser to a more recent version or using another browser such as Chrome or Firefox.

Discover the 10 most exciting projects of 2018!

A miña primeira guia micolóxica

Aprende coloreando cales son os cogomelos dos montes de Galicia.

MycoGalicia Plantae

A project of

Category

Created in

30%
27
days
26
Patron
1.070€
From 3.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

A miña primeira guía micolóxica é un proxecto de divulgación ambiental en Galego co que os máis pequenos aprenderán algunhas das principais especies de cogomelos que se poden atopar nos montes de Galicia. Nesta serie explicarase que é un reino, que é un fungo, que é un cogomelo e aspectos básicos sobre a súa morfoloxía e ecoloxía así como a importante relación que teñen co medio.

A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos saprotróficos

Portada do libro Macrofungos saprotróficos cunha Zarrota
Portada do libro Macrofungos saprotróficos cunha Zarrota

Neste número explícase o papel principal dos fungos na natureza: a reciclaxe da materia orgánica. Ademais, descríbense peculiaridades dos fungos saprotróficos presentes en Galicia e a súa afinidade polos distintos substratos, diferenciando especies lignícolas (que degradan restos de madeira) fronte ás humícolas (que empregan humus). Algunhas das especies descritas neste libro son Agaricus campestris, Clathrus archeri, Macrolepiota procera ou Sparassis crsipa.

A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos domesticados

Portada do libro Macrofungos domesticados, cogomelo aínda por decidir
Portada do libro Macrofungos domesticados, cogomelo aínda por decidir

Neste número explícase o que se entende por domesticación de fungos e o procedemento xeral para conseguir unha produción de cogomelos, indicando cales son as condicións necesarias para obter a frutificación dalgunhas especies saprotróficas no noso fogar. Así diferénciase o uso gastronómico dos cogomelos fronte ao medicinal e outros usos domésticos. Algunhas das especies incluídas neste número presentan morfoloxías diferentes en campo e no cultivo. Isto verase representado tanto nos debuxos como nas descricións. Algunhas das especies descritas neste libro son Pleurotus ostreatus, Pleurotus eryngii, Flammulina velutipes, Ganoderma lucidum ou Tuber melanosporum.

A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos parasitos

Portada do libro Macrofungos parasitos, cogomelo aínda por decidir
Portada do libro Macrofungos parasitos, cogomelo aínda por decidir

Neste número explícase que é un fungo parasito e farase referencia aos diferentes organismos que parasita e os seus reinos (Plantae, Animalia ou Fungi). Ademais, descríbese cal é a principal función que cumpren os fungos parasitos nun ecosistema, xa que xunto ás especies saprotróficas axudan a manter a saúde das formacións forestais. Algunhas das especies descritas son Fistulina hepatica, Cordyceps militaris, Fomitopsis betulina ou Claviceps purpurea.

Sobre o libro

O financiamento servirá para fabricar unha primeira edición en Galego para cada un dos libros, seguindo o deseño realizado para A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos micorrícicos. Realizarase en Din A5 empregando papel reciclado e un acabado textura suave e aveludada da portada.

Cada libro inclúe unha breve introdución común na que explica que é un reino, que é un fungo, que é un cogomelo e aspectos básicos sobre a súa morfoloxía e ecoloxía así como a importante relación que teñen co medio.

O resto do contido aproveitase para comentar as peculiaridades de cada grupo. Así por exemplo, mentres que no derradeiro libro (macrofungos parasitos) farase referencia aos diferentes reinos (Plantae, Animalia ou Fungi) no primeiro libro (macrofungos micorrícicos) aproveitouse para indicar aspectos relevantes dos ecosistemas nos que habitan os fungos.

Cada libro inclúe auto-descricións de polo menos 15 especies de fungos diferentes. Nelas faise fincapé nas cores que posúen os cogomelos dun xeito sinxelo. Ademais inclúense aspectos relativos á súa morfoloxía, ecoloxía e usos tradicionais de cada unha das especies. As descricións van apoiadas xunto a unha ilustración do cogomelo para que os nenos aprendan coloreando cales son os cogomelos dos montes de Galicia. Como apoio para coñecer mellor os cogomelos ao final do libro inclúense a todo color as ilustración das especies descritas.

Sobre as recompensas

Colección completa (48 horas) 35 €

Só para os máis rápidos. Podedes conseguir a colección completa cun desconto especial. Ademais, incluiranse catro postais decorativas con fotografías de cogomelos e o teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Comenzando 10 €:

Para os que queren participar neste proxecto. Levaraste un exemplar de A miña primeira guía micolóxica á túa elección a escoller entre os tres números incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados ou Macrofungos parasitos). Ademais, incluirase unha das postais decorativas con fotografías de cogomelos.

Media colección 20 €:

Se queres afondar neste proxecto pódeste levar dous exemplares de A miña primeira guía micolóxica da túa elección. Poderás escoller entre os tres números incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados ou Macrofungos parasitos)e, ademais, incluiranse dúas das postais decorativas con fotografías de cogomelos.

Tres cuartos + Agradecemento 30 €:

Para os máis emocionados por este proxecto. Levaraste os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos). Ademais, incluiranse tres das postais decorativas con fotografías de cogomelos e o teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Colección completa 40 €

Para os que queiran levarnos na man. Levaraste os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos) xunto co primeiro exemplar xa publicado (Macrofungos micorrícicos). Incluirase tamén unha bolsa en algodón (100%) ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas. Ademais, incluiranse catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos e o teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Colección completa + Camiseta 50 €:

Para os que non nos queiran quitar de enriba. Levaraste os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos) xunto co primeiro exemplar xa publicado (Macrofungos micorrícicos). Incluirase tamén unha bolsa e unha camiseta en algodón (100%) ecolóxico con cadanseu deseño escollido polos mecenas. Ademais, incluiranse catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos e o teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Colección completa lúdica 60 €:

Para entreterse cos cogomelos. Levaraste os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos) xunto co primeiro exemplar xa publicado (Macrofungos micorrícicos) e o Xogo dos cogomelos. Incluirase tamén unha bolsa e unha camiseta en algodón (100%) ecolóxico con cadanseu deseño escollido polos mecenas. Ademais, incluiranse catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos e o teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Colección completa en compañía 100 €:

Para os que desexen compartir coloreando. Esta recompensa está pensada para dous apaixonados por este proxecto. Cada un levarase os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos) xunto co primeiro exemplar xa publicado (Macrofungos micorrícicos) e o Xogo dos cogomelos. Incluirase tamén para cada un, unha bolsa e unha camiseta en algodón (100%) ecolóxico con cadanseu deseño escollido polos mecenas e catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos. Os vosos nomes aparecerán impresos nun certificado de agradecemento.

Gran mecenas 300 €:

Se xestionas unha pequena ou mediana empresa cuxos obxectivos coinciden cos nosos ou reuniches a 9 amigos aos que lles interesa conseguir todos os libros, esta é a túa recompensa. Inclúe: 10x Os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos), 10x O primeiro exemplar (Macrofungos micorrícicos) e 10x unha bolsa en algodón (100%) ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas. Ademais, incluiranse 10x das catro postais decorativas con fotografías de cogomelos. Os vosos nomes ou o logo aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Cadro resumo das recompesas
Cadro resumo das recompesas

Ampliación dos obxectivos

Sabemos que vamos ter que traballar ata acadar o obxectivo da campaña pero sería toda unha honra poder superala. Para avanzar xuntos neste proxecto pensamos que a mellor maneira e proporvos pouco a pouco varios obxectivos para que o noso proxecto poida chegar a máis xente:

Se chegamos a este obxectivo, os mecenas poderán escoller entre a versión en galego ou a versión en castelán desta serie de libros. Aparte dos libros incluídos neste proxecto realizarase unha edición en castelán de A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos micorrícicos.

Sobre nós

Somos MycoGalicia Plantae, unha empresa de asesoría forestal, investigación e divulgación micolóxica asentada en Galicia. O noso obxectivo como biólogos é transmitir á sociedade a importancia dos fungos e o seu papel na natureza, para que as persoas tomen conciencia sobre estes organismos moitas veces esquecidos. Un punto clave en calquera aprendizaxe é a infancia, polo que desexamos poder achegar o marabilloso mundo dos cogomelos aos máis cativos, porque nas súas mans estará o futuro da conservación da biodiversidade do noso planeta.

A que destinaremos as vosas achegas

  • Materiais e impresión (materiais certificados ecorresponsables): 2800 euros
  • Administración, deseño gráfico, seguimento, envíos: 420 euros
  • Comisións e impostos: 280 €

Calendario previsto

Este é o calendario que temos previsto seguir co libro nestes meses:

  • Maio, Xuño, Xullo e Agosto: iremos realizando tarefas de ilustración, maquetado e revisión á vez que imos botando adiante este proxecto co voso apoio.
  • Finais de Agosto: envío a imprenta.
  • Segunda semana de Setembro: envío de recompensas.

Envío internacional

Se vives en España, os gastos de envío están incluídos para todos os paquetes de recompensas. Para envío internacional podes consultar as tarifas de Correos neste enlace para que poidas estimar os gastos de envío. Consúltanos para coñecer o peso estimado de cada recompensa.

+ Info

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Teresa52

    Teresa52

    12 days

    L

5€
2 backers
Un anaquiño


Recibe comodamente na túa casa:

  • Catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos
10€
0 backers
Comenzando

Recibe comodamente na túa casa:

  • Unha das postais decorativas con fotografías de cogomelos
  • Un exemplar de A miña primeira guía micolóxica á túa elección, a escoller entre os tres números incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados ou Macrofungos parasitos)
20€
1 backer
Media colección

Recibe comodamente na túa casa:

  • Dúas das postais decorativas con fotografías de cogomelos
  • Dous números de A miña primeira guía micolóxica á túa elección, a escoller entre os tres números incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados ou Macrofungos parasitos)
30€
8 backers
Tres cuartos + Agradecemento

Recibe comodamente na túa casa:

  • Tres das postais decorativas con fotografías de cogomelos
  • Os tres números de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos)
  • O teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento
40€
2 backers
Colección completa + Bolsa de tela

Recibe comodamente na túa casa:

  • Catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos
  • Os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos)
  • O exemplar xa publicado de A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos micorrícicos
  • Unha bolsa en algodón (100%) ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas
  • O teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento
50€
4 backers
Colección completa + Camiseta

Recibe comodamente na túa casa:

  • Catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos
  • Os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos)
  • O exemplar xa publicado de A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos micorrícicos
  • Unha bolsa en algodón (100%) ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas
  • Unha camiseta en algodón (100%) ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas
  • O teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento
60€
3 backers
Colección lúdica completa

Recibe comodamente na túa casa:

  • Catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos
  • Os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos)
  • O exemplar xa publicado de A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos micorrícicos
  • Un exemplar de O Xogo dos cogomelos
  • Unha bolsa en algodón (100%) ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas
  • Unha camiseta en algodón (100%) ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas
  • O teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento
100€
2 backers
Colección completa en compañía

Está é unha recompera para dous. Poderedes recibir nas vosas casas:

  • 2x Catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos
  • 2x Os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos)
  • 2x O exemplar xa publicado de A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos micorrícicos
  • 2x Un exemplar de O Xogo dos cogomelos
  • 2x Unha bolsa en algodón 100% ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas
  • 2x Unha camiseta en algodón 100% ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas
  • Os vosos nomes apareceran impresos nun certificado de agradecemento
300€
0 backers
Gran mecenas

Se xestionas unha pequena ou mediana empresa cuxos obxectivos coinciden cos nosos ou reuniches a 9 amigos aos que lles interesa conseguir todos os libros, esta é a túa recompensa. Inclúe:

  • 10x Catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos
  • 10x Os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos)
  • 10x O exemplar xa publicado de A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos micorrícicos
  • 10x Unha bolsa en algodón 100% ecológico cun deseño que será escollido polos mecenas
  • Os vosos nomes ou o logo aparecerá impreso nun certificado de agradecemento
35€
4 patrons (sold out)
Colección completa: 48 horas

Se es dos máis rápidos. Recibe comodamente na túa casa:

  • Catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos
  • Os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos)
  • O exemplar xa publicado de A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos micorrícicos
  • Unha bolsa en algodón (100%) ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas
  • O teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento
Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.