❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Entroidar - Cine Documental

"Entroidar" é un percorrido pola natureza do Entroido dende as súas orixes para comprender os ritos e o sentir dos lazáns e lazás.

Andrés Rozados

Un proyecto de

Creado en

0
segundos
76
Aportaciones
5.000€
De 5.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

Como nace o proxecto?

"Entroidar" é un proxecto documental que naceu da iniciativa do realizador audiovisual Pablo Ces tras coñecer a natureza do  entroido de Laza a través da a ollada, a paixón e  a enerxía de Jacobo, un mozo deste pobo ourensán que vive por e para o  Entroido, como bo  lazán.

A partir de aí, comezou unha ardua tarefa de investigación para descubrir as orixes desta celebración, a importancia das tradicións e os motivos que fan que este recuncho de Galicia sexa tan especial.

Posteriormente, Pablo Ces contactou con  Abella Creativa para  a coprodución do proxecto, que ten como obxectivo marcar un precedente e salientar a idiosincrasia e orixinalidade deste festexo desde o respecto, o amor e a paixón que transmiten todos os que viven a festa: xastres, artesáns, historiadores,  madamas, maragatos, morenas, cociñeiros... e, por suposto,  peliqueiros.

Sinopse

Peliqueiro. O gardián do Entroido en Laza. As confusións con outras figuras como o cigarrón de Verín ou a pantalla de Xinzo son eternas. Diferencias que dotan de autenticidade e maxia todos os entroidos da provincia ourensá. Laza converteuse nese entroido auténtico, que conserva a súa esencia e espírito real, respectando o legado dos ancestros que chaman do rito pagán do entroido ou antroido: dende as lupercais da Antiga Roma, pasando pola Idade Media en Galicia con influenzas de diferentes culturas e xeografías e folclores mundiais.

Domingo de estrea
Domingo de estrea

Laza. Un concello con moitos lugares, moitas aldeas nas que as súas xentes sinten e viven para o Entroido. Cando rematan, o primeiro que fan é pensar no seguinte entroido. Laza. Un concello con apenas máis dun millar de censados que multiplica por 20 a súa poboación durante os cinco días de Entroido. Cinco días? Mentira, o entroido comeza xa o 1 de xaneiro, cando os chocos comezan a soar.

Este documental é un percorrido pola natureza desta celebración que busca amosar a realidade dunha celebración, pescudando dende as súas orixes para poder comprender as tradicións, os ritos e o sentir dos entroideiros. O peliqueiro circula por Laza, pero tamén por Matamá, Castro ou Campobecerros, entre moitas outras parroquias do concello. O peliqueiro porta a súa zamarra, fai soar os seus chocos e imparte a súa lei a aquel ou aquela que interrompa o seu paso. Artesáns e xastras traballan en caretas feitas de amoeiro natural, con pelica animal e pintadas a man, con confeccionadas vestimentas que chegan a ter un valor superior ós 2.000 €.

Os peliqueiros son os protagonistas do entroido, sen dúbida. Pero tamén o é a bica, o xastré, a farrapada, as formigas, o reparto da cachuca, os folións, a morena e por suposto, e máis importante, quen fan que o Entroido permaneza e converse a súa esencia.

Farrapada
Farrapada

Viviremos a preparación e os días de entroido con peliqueiros, artesáns, cociñeiras, turistas, farrapeiros, os portadores da morena, os testamenteiros e os músicos. Todo ilo, narrado por homes e mulleres que coñecen o Entroido dende aqueles tempos nos que estaba prohibido.

O equipo técnico

O equipo estará conformado por:

  • Pablo Ces: director

  • Andrés Rozados: produtor

  • Iris Xusto e  Victor Manuel Vigo: fotografía e cámara

  • Soraya  Vilela, Dubra  Jul e Nicolás  Conseil:  produción

  • Alberto Branco: Son

  • Olalla Diéguez: Arte

Sobre nós

Pablo Ces: Son un realizador audiovisual de Santiago de Compostela con experiencia na realización de documentais de memoria histórica e etnográficos, entre outros As silenciadas, premio Mestre Mateo 2011 ao mellor documental ( www.silenciadas.es ), Torreiros (2012) e O eslabón perdido (2014) que foron seleccionados en máis de 30 festivais nacionais e internacionais

Andrés Rozados: Son produtor e promotor audiovisual namorado da nosa terra e das nosas historias. Apaixonado por ofrecer as vivencias e realidades non públicas dos verdadeiros protagonistas do noso. Dende 2014, funda coa súa compañeira, a ilustradora e deseñadora Olalla Diéguez, o estudio audiovisual Abella Creativa.

Referentes artísticos

"Entroidar: Laza" é un documental que se asenta en tres pilares fundamentais: as personaxes que fan Entroido, os lugares nos que se fai Entroido e a propia celebración do Entroido. Buscamos tumbar mitos. Laza é un concello con multiples lugares nos que tamén se celebra o Entroido. O Entroido non só soamente cinco días. Comeza dende o comezo do ano no que os chocos xa comezan a ruxir pola contorna. O Entroido de Laza son os peliqueiros, pero tamén as formigas, as madamas, os maragatos... As figuras do Entroido, quen está detrás... Queremos ver como se transforman as persoas que están detrás das personaxes que se dan no Entroido.

Quen está detrás da careta do peliqueiro? Como é o día a día dun artesán? Como preparan as xastras os traxes de peliqueiro? En que se inspira o testamenteiro para recitar o peche do Entroido o martes de entroido?

As personaxes do Entroido
As personaxes do Entroido

O documental non consistirá nunha recompilación de declaracións, senón en realizar un seguimento de diferentes referentes desta celebración, e non soamente en amosar as imaxes que xa vimos na televisión, senón en coñecer as súas vidas, que é o que siignifica o Entroido para elas e eles. A conducción da historia correrá a cargo dun “consello de sabi@s” que conversarán entre si para esclarecer e narrar o acontecer dos feitos.

O estilo do documental viaxa entre o etnográfico de obras ilustres e referentes de filmes galegos como A palabra xusta e Os fillos da vide e de éxitos internacionais como Ohne Diese Welt, navegando entre o modelo observacional no que a cámara son os ollos do espectador que seguen a acción do natural das personaxes e modelos reflexivos (tratan de ofrecer unha alternativa de coñecementos e profundidade sobre a importancia e intensidade da celebración) e participativo (a través da conversa-debate dos narradores da historia).

A que destinaremos as vosas achegas

O diñeiro achegado, ademais de para sufragar os gastos das recompensas, destinarase aos custos derivados da segunda parte da produción: o proceso posterior á gravación, que xa se realizou nos entroidos de 2018 e 2019, así como varias gravacións pendentes (entrevistas posteriores ás datas festivas sinaladas).

Xastré de Laza
Xastré de Laza

O proceso consta de varias tarefas: montaxe, sonorización, posprodución de audio e vídeo, etalonaxe, creación de copia máster, deseño gráfico para o póster promocional e carátulas dos dvd e/ou tarxeta Usb para a distribución e distribución en si mesma.

Destas tarefas encargaranse diferentes empresas ou profesionais do sector cuxos custos serán sufragados con esta campaña.

Calendario previsto

O proxecto atópase no seu ecuador. A maior parte do contido gravouse no Entroido 2019 mais, desde hai un ano, avanzouse no labor de investigación e localización e materializáronse varias entrevistas.

Como se pode ver na gráfica, quedarían pendentes dúas xornadas de gravacións, para complementar o material do que dispomos até o momento.

Ficarían pendentes, tamén, todas as tarefas posteriores á gravación, que se desenvolverán ao longo do 2019: a montaxe do documental, para a cal é preciso un preguión ou guión desenvolvido a partir do material gravado; a posterior posprodución, etalonaxe, sonorización...

Todo o necesario para conseguir, a finais do 2019, a copia máster do documental.

As recompensas se entregarían tamén neste momento, a finais de novembro do 2019

+ Info

Poderán ver +info detallada do estado do proxecto na páxina:

facebook.com/entroidarDocumental

facebook.com/AbellaCreativa

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

3 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • didiretas

    didiretas

    casi 5 años

    Sorte

  • Darío Autrán

    Darío Autrán

    casi 5 años

    A entroidar todo o mundo!

  • Kandpalleiro

    Kandpalleiro

    casi 5 años

    Moitas grazas por facer este esforzo de conserva-las esencias do entroido.

#03 / Novidades no proxecto Entroidar para os mecenas

Moi boas a todos-as.

En primeiro lugar, moitísimas grazas por formar parte do proxecto coa vosa aportación. Sen vós non sería posible.

Gustaríanos antes de nada, pedir desculpas pola demora nas nosas comunicacións, entre as dilacións naturais dun proxecto destas características e a pandemia que paralizou en gran parte toda a nosa actividade audiovisual, freamos o ritmo na postprodución e a consecuencia, na comunicación de estreas e entregas de recompensas.

Adiantarvos que o proxecto estará presente no mes de setembro nos seguintes festivais:

  • OUFF XX Festival Internacional de Cine de Ourense

  • Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín

Ambas pendentes de confirmar data. A súa vez, realizaremos unha preestrea no municipio protagonista desta obra: Laza. Tamén pendente de concretar.

O motivo da falta de concreción como ben imaxinades é a situación actual de tanta incertidume provocada polo Covid-19.

De novo, mil grazas, mil desculpas e un agarimoso e entroideiro saúdo.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies