❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

MÚSICAS DE DOMINGO: Segundo traballo discográfico de Nelson Quinteiro da man do pianista Brais González.

Músicas de raíz e xogo de latitudes. Vibrante, evocador, tradicional e moderno. Pezas de grande sensibilidade galega e universal.

Nelson Quinteiro

A project of

Category

Created in

13%
20
days
13
Patron
331€
From 2.500€
Contribute to the project

MÚSICAS DE DOMINGO

Faite xa co segundo traballo discográfico de NELSON QUINTEIRO acompañado do pianista BRAIS GONZÁLEZ.
Unha oportunidade única e exclusiva de adquirir o teu traballo antes que ninguén!
E todo cun packaging en formato revista para que non perdas detalle da producción.

11 temas de música tradicional galega levada a un eixo de coordenada moi especial e sorprendente.
Temas que conmoven e fan viaxar.
Un constante xogo de latitudes que fai das pezas de tradición oral galega algo incomensurablemente universal.

Coas colaboracións especiais de Blas Castañer e Roi Adrio na percusión, Erea Carbajales Molina ao violín, Raquel Miguélez ao contrabaixo, e David Álvarez Caneda ao acordeón.

O traballo foi gravado nos Estudios da Fundación SGAE Arteira Noroeste de Santiago de Compostela durante a primavera de 2019 e editado e masterizado ao longo deste verán da man de GERARDO AMIGO, quen xa se fixera cargo da producción do primeiro disco "Orquesta Gharbo".

O traballo será presentado por todo alto o vindeiro domingo 8 de decembro no Teatro Colón da Coruña e no Auditorio Municipal de Cangas o vindeiro 3 de xaneiro de 2020
O traballo será presentado por todo alto o vindeiro domingo 8 de decembro no Teatro Colón da Coruña e no Auditorio Municipal de Cangas o vindeiro 3 de xaneiro de 2020

¿Por qué MÚSICAS DE DOMINGO?

O proceso creativo que deu orixe a este traballo foi xestado a principios de 2017, argallando un directo vibrante e moi especial que temos posto en escena en lugares tan singulares como o Auditorio de Cangas, Auditorio Municipal de Ourense, Urruña (País Vasco Francés), Combarro, Festival de la Luz ou Viveiros O Piñeiro (Pontevedra).

Este traballo levaba ao universo cinematográfico de Brais González e á súa bagaxe e sensibilidade musical as diferentes pezas de música tradicional galega que Nelson Quinteiro tiña montado previamente para bandas como "Cabesa de Pau" ou espectáculos como "As Mans Perdidas" ou "Gharbo" ou outras novas pezas de música popular e tradicional que ía propoñendo.

Sen embargo os proxectos profesionais tanto de Brais González coma do propio Quinteiro fixeron imposible a plasmación deste proxecto naquel momento, e ficou na neveira en forma de gravacións ao vivo de varios concertos moi especiais.

Para Nelson Quinteiro, esta era unha "espinita" á que lle tiña moitas ganas, e que sempre escoitaba, nas súas versións en directo os domingos que tiña libre. De ahí que se convirtira na banda sonora dos seus domingos... E que lle dera por titular "Músicas de Domingo" á hora de levalo a estudio.

Un disco ideal para escoitar tranquilamente, de vagariño, coma quen desfruta dunha lectura ou dun viño.
Un disco ideal para escoitar tranquilamente, de vagariño, coma quen desfruta dunha lectura ou dun viño.

¿Cando recibirei a miña recompensa do disco MÚSICAS DE DOMINGO?

Inmediatamente á finalización da campaña!
O traballo xa está editado e masterizado, e listo para meter no forno.
A principios de novembro comezaremos coa campaña de lanzamento e contaremos cunha boa remesa de revistas e discos para entregar aos mecenas!
En canto ás entradas para os concertos, xa confirmados, nós mesmos xestionaremos a túa reserva nunha butaca privilexiada e con pase VIP para desfrutar dun viño connosco ao remate dos concertos de lanzamento.

¿A que destinaremos as recompensas do noso disco "MÚSICAS DE DOMINGO"

O movemento xera movemento!
Todas as recompensas serán reinvestidas no propio proxecto en forma de amortización dos investimentos, creacións audiovisuais para acompañar ás pezas, producción e distribución de espectáculos relacionados co proxecto ou con outros proxectos paralelos como "Mais Cantos" ou o vindeiro traballo discográfico que Nelson Quinteiro ten xa en mente e no que está xa a traballar.

¿Como adquiro o meu disco, fago a miña aportación ou contribúo co proxecto?

O canle verkami é doado e intuitivo.
Simplemente tés que darte de alta como usuario/a e seleccionar a túa opción de aportación.
Activarase, logo, unha pasarela de pago con tarxeta de crédito con todas as garantías do portal e do teu operador bancario.
Se chegamos ao obxectivo económico proposto, o cargo farase efectivo ao remate da campaña, e a entrega das recompensas poranse en marcha dende ese momento.
Tamén podes contactar connosco en nelson.quinteiro@gmail.com para que che fagamos a xestión de xeito analóxico.

¿Queres escoitar un avance do disco "MÚSICAS DE DOMINGO"

Aqui deixámosvos uns breves clips para que poidades desfrutar da nosa proposta musical.
Os clips aínda non son definitivos, pero dan conta de por onde vai tirando o traballo:

¿Queres saber máis sobre o proxecto "MÚSICAS DE DOMINGO"

Deixámoste aqui un PDF para que poidas botarlle un ollo a todo, todo e todo!!! Preme na ligazón!

Calquera dúbida podes consultala en nelson.quinteiro@gmail.com
Calquera dúbida podes consultala en nelson.quinteiro@gmail.com

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Goyo Velasco

    Goyo Velasco

    12 days

    Mucho ánimo Nelson y Brais. Un gran trabajo.

#03 / Músicas de Domingo: Acto especial ante a prensa de presentación da nosa estrea absoluta no Teatro Colón.

Prezados amigos e amigas,

Pola presente compracémonos en covidarlles ao acto especial de presentación do primeiro videoclip do disco "Músicas de Domingo", novo disco de Nelson Quinteiro co pianista Brais González.

Trátase dun café informal de encontro con xornalistas e amigos/as para contarvos de primeira man como foi o proceso creativo, presentarvos o primeiro videoclip do disco, ralizado por Dani López, ensinarvos o disco de primeira man, e anunciarvos a primeira parada e estrea absoluta deste novo proxecto musical.

Agardámosvos o vindeiro mércores 23 de outubro, ás 11:30 h no Caffè Vecchio, fronte ao Teatro Colón da Coruña.

Alí entregarémosvos un pequeno agasallo, así como un completo dossier de medios con toda a información, así como ligazóns, cronograma ou reportaxe gráfica.

Contaremos coa presenza do artista, Nelson Quinteiro, así como de Bettina Kohlhaas, directora do Teatro Colón.

Agradecervos de antemán a vosa atención.

Agardámosvos no Caffè Vecchio!

Unha aperta,

read more

#02 / Acto especial ante a prensa de presentación da nosa estrea absoluta no Teatro Colón.

Prezados amigos e amigas,

Pola presente compracémonos en covidarlles ao acto especial de presentación do primeiro videoclip do disco "Músicas de Domingo", novo disco de Nelson Quinteiro co pianista Brais González.

Trátase dun café informal de encontro con xornalistas e amigos/as para contarvos de primeira man como foi o proceso creativo, presentarvos o primeiro videoclip do disco, ralizado por Dani López, ensinarvos o disco de primeira man, e anunciarvos a primeira parada e estrea absoluta deste novo proxecto musical.

Agardámosvos o vindeiro mércores 23 de outubro, ás 11:30 h no Caffè Vecchio, fronte ao Teatro Colón da Coruña.

Alí entregarémosvos un pequeno agasallo, así como un completo dossier de medios con toda a información, así como ligazóns, cronograma ou reportaxe gráfica.

Contaremos coa presenza do artista, Nelson Quinteiro, así como de Bettina Kohlhaas, directora do Teatro Colón.

Agradecervos de antemán a vosa atención.

Agardámosvos no Caffè Vecchio!

Unha aperta,

read more

#01 / Aqui está a nosa criaturiña!!!!

Aqui está a nosa criaturiña!!!!
Aqui tendes por fin o MASTER do disco MÚSICAS DE DOMINGO de Nelson Quinteiro e Brais González en formato CD.
Foi un parto longo e con moitas contraccións...
Dende outono de 2016, cando empezamos a concebilo e dimos os nosos primeiros concertos.
Agora por fin xa se lle ven os ollos, a nariz, a boca...
E eu, particularmente atópome moi satisfeito. 🤗🤗🤗
Cantas horiñas de traballo...
Cantos viaxiños a Santiago...
Cantos nervios...
Cantos momentos divertidos...
Cantas ledicias...
Canta espera...
Canto gozo!!!!
Agora enviarémolo a fábrica e antes do que cante un galo comezará a dar os seus primeiros pasos...
E finalmente seredes vós quen o convirtades en banda sonora dos vosos momentos, das vosas experiencias, das vosas sensacións, emocións, vivencias.
Canto de máxico ten a música!!!!
A pesar de todo o difícil, o duro, o precario...
Coido que ao fin ben paga a pena... E eu, particularmente, esta noite, darei grazas por fechar este ciclo.
read more

9€
2 backers
Disco "Músicas de Domingo" en formato dixital

Disco "Músicas de Domingo" en formato dixital MP3 e revista A4 en formato PDF enviada por correo electrónico aos enderezos dos mecenas.
O disco enviarase mediante unha carpeta compartido en formato dropbox. Lembrade de poñer ben o voso enderezo electrónico totalmente actualizado para recibir correctamente a recompensa!

15€
294 left (of 300)
Disco "Músicas de Domingo" en man

Disco "Músicas de Domingo" entregado en man en calquera dos concertos ou actividades relacionadas co lanzamento do disco, coas clases regulares de "Mais Cantos", nun punto de distribución autorizado ou concertando a entrega personalmente.
Lembra, para que a recompensa se faga efectiva, que debes actualizar o teu enderezo electrónico e poñer un número de teléfono no que se te poida localizar.

23€
299 left (of 300)
Disco "Músicas de Domingo" enviado por correo

Disco "Músicas de Domingo" enviado por correo postal ó enderezo dos mecenas (territorio nacional).
O envío será certificado con acuse de recibo por medio de correos, e con un envoltorio protector para que o traballo non se estrague polo servizo de mensaxería.
Lembra de actualizar o teu enderezo electrónico, enderezo onde queiras que che fagamos a entrega e teléfono de cara a estar localizable e facer posible a encomenda.

50€
596 left (of 600)
Disco + Pase VIP. Teatro Colón (A Coruña) ou Auditorio Municipal de Cangas.

Pase VIP a calquera dos concertos de presentación do disco "Músicas de Domingo". Estes serán o vindeiro domingo 8 de decembro, ás 18:00 h no Teatro Colón da Coruña ou o venres 3 de xaneiro de 2020, ás 21:00 h no Auditorio Municipal de Cangas. Coa entrega das entradas farase entrega dun exemplar do disco "Músicas de Domingo" e convidarase a un viño de autor ao remate da función, con todo o equipo imlicado na posta en escena do proxecto.
Lembra de actualizar o teu enderezo electrónico e teléfono para que poidamos xestionar correctamente a recompensa.

400€
5 left (of 5)
MECENAS DE HONRA. Showcase personalizado.

Concerto en formato dúo onde e cando o/a mecenas estime convinte, previa consulta de axenda e coordinación técnica, con agasallo dun paquete de 5 discos e unha mención especial na cabeceira do disco, ademais dun pase VIP para 2 persoas a todos os concertos da xira de presentación do disco "Músicas de Domingo": 8 de decembro de 2019 no Teatro Colón da Coruña ou venres 3 de xaneiro de 2020 no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo.

600€
2 left (of 2)
MECENAS GOLD. Showcase especial personalizado.

Concerto en formato banda onde e cando o/a mecenas estime convinte, previa consulta de axenda e coordinación técnica, con agasallo dun paquete de 5 discos e unha mención especial na cabeceira do disco, con pase VIP para 2 persoas a todos os concertos da xira de presentación do disco "Músicas de Domingo": o domingo 8 de decembro de 2019 no Teatro Colón da Coruña e o venres 3 de xaneiro de 2020 no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo.

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.