❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

16 de Decembro

Cae a noite. Lucía, 25 anos, sae dun adestramento de balonmán e vai a buscar ao seu irmán baixo o frío dunha cidade sen nome.

Álvaro Gago

A project of

Category

Created in

0
seconds
200
Patron
18.355€
From 16.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

TÍTULO: 16 de decembro
NATUREZA: Curtametraxe
XÉNERO: Drama / Social
DURACIÓN: 15 minutos
LOCALIZACIÓN: Vigo (Coia e Bouzas)
PAÍS DE PRODUCCIÓN: España


LINGUA ORIXINAL: Galego
DATAS DE RODAXE: 12/03/2019 - 16/03/2019
FORMATO DE RODAXE: Arri Alexa, 25fps, 1:85:1, Cor
SON: Dolby Digital 5.1

16 de decembro é un proxecto de curtametraxe cinematográfica que se rodará en Vigo do 12 ao 16 de marzo deste ano 2019.

Producido por Sombriza Films (Galicia) e Ringo Media (Cataluña), 16 de decembro trata sobre a banalidade da crueldade, sobre unha realidade, a nosa, na que a violencia e a aplicación desta contra as mulleres só polo feito de ser mulleres é parte fundamental da súa estructura.

A película, sustentada por un argumento movido polas circunstancias que rodean á protagonista, quere aproximarse ao escrito dun xeito realista, adoptando unha posición non autoritaria e facendo uso dunha cámara que non invade senón que observa. A intención é a de filmar unha ficción obxectiva, despoxada de teatralidade e imposturas para tentar captar outro tipo de verdade. Queremos facer unha película visceral, instintiva, que permita un proceso de identificación pero con distancia. Observar e ser ao mesmo tempo.

En última instancia, o filme é un grito de apoio á necesidade de construír un marco institucional e social no que todas as mulleres se sintan amparadas e seguras, por que do contrario, seguiremos falando dunha realidade silenciada.

Somos un grupo de creadorxs que adoitamos traballar xuntos. No 2013 xuntámonos para filmar Curricán, curtametraxe que obtivo o premio á mellor dirección no Curtocircuíto e á mellor película no Festival de Cans e Festival Primavera do Cine de Vigo

Aquí podedes ver o filme:

No 2017 rodamos Matria, curtametraxe que acabou unha nominación aos Goya e obtivo mais de sesenta premios nacionais e internacionais, entre eles o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance 2018.

Aquí podedes ver o trailer, o behind the scenes e a campaña de crowdfunding.

E agora, no 2019, buscamos a oportunidade de volvernos a reunir ao redor desta nova aventura. Somos:

Alvaro Gago, Produtor / Director / Guionista
Mireia Graell, Produtora
Alberto Gago & José Gago, Productores asociados
Silvia Fuentes, Xefa de producción
Carla Pérez, Script
Lucía Catoira, Directora da fotografía
Alba Aguiar, Directora de arte
Uxía Vaello & Beatriz Méndez, Vestiario
Sonia García, Maquillaxe e perruquería
Xabier Souto, Son directo
Ricardo Saraiva, Montaxe
Leticia T. Blanco, Posprodución de imaxe
Sound Troop & Sound Cuts, Posprodución de son
Ariadna Silva, Foto Fixa

Se queredes saber mais acerca do director, esta é a sua páxina web www.alvarogago.com e esta é a súa canle de vimeo.

Detrás deste proxecto atópanse dúas empresas produtoras: Sombriza Films e Ringo Media. A primeira levou a cabo todos os proxectos de Álvaro Gago ata a data e está radicada en Galicia. Por outra banda, Ringo Media, ubicada en Barcelona, foi creada no ano 2017 por Mireia Graell, profesional cuxa traxectoria inclúe títulos como La Novia ou Estiu 1993, ademais de recoñecementos como produtora europea emerxente no Rotterdam Lab 2018 ou a selección na Berlinale Talents 2019.
Ringo Media ten entre os seus títulos Matria, L'Accident ou Kibera Sauti. Ademais, está preparando novos proxectos para o 2019 con apoios de Movistar+, ICEC e ICAA.

Para mais información podedes consultar a súa web:
www.ringomediabcn.com

O cine que nace do cine non me interesa. Interésame o cine que está na rúa e nace da vida no seu diario vivir, da realidade que rodea a un. E a miña realidade grítame que o número de mulleres que se ven afectadas diariamente pola violencia machista é exorbitante. E grita de novo: e todos os casos que non coñeces? A vergoña, o sentimento de culpa, o medo ao xuízo das persoas só traen consigo silencio. Non pode ser. 16 de decembro non pode ser, pero é, e temos que seguir expoñéndonos a elo. Un espello para mirarnos directamente aos ollos, ver o enfermos que estamos e actuar en consecuencia.

O cine non é o fin último.

Non é só unha realidade que me interesa poñer no centro da discusión a todos os niveis, senón que cinematograficamente me dá a oportunidade de continuar explorando varias vías de investigación abertas en proxectos anteriores. Sen querer acadar ningún tipo de perfección, 16 de decembro permitirame seguir indagando nas dificultades do individuo para relacionarse co seu espazo, na eficacia da suxestión en lugar da exposición, na suma de autenticidade + estética como unha forma de atraer o espectador sen renunciar á honestidade, no retrato como un documento social, na idea de que a verdadeira narrativa está nos rostros e corpos dos personaxes e non fóra ou na sobre relación: ​​identificación - distancia. Decía Ebrahim Golestan: "É parte do xogo, da historia, pero sen facer fincapé nelo".

O voso grao de area servirá para costearnos:

  • O material de iluminación, cámara e son.

  • Os desprazamentos e aloxamento da equipa técnico-artística durante a rodaxe.

  • Os gastos de posprodución: montaxe e misturas de son, corrección de cor, composición da banda sonora.

  • Difusión da curta: queremos que 16 de decembro chegue a todo o mundo.

Isto non é unha doazón. Temos organizado un sistema de recompensas moi variado que espero vos anime a colaborar connosco. Ademais das recompensas, organizaremos un sorteo dunha caixa de 6 botellas de Albariño Casa Monte Pío entre todos os contribuíntes. Pódemosvos asegurar de que se trata dun gran viño.

Botádelle un ollo á web da Bodega Casa Monte Pío.

Rodaxe: 12 - 16 de marzo.
Montaxe: 21 de Marzo - 11 de abril.
Posproducción de son: 14 - 30 de abril.
Postproducción de cor: semana do 6 de maio.
Misturas finais: semana do 13 de maio.
Conformado e copia final: semana do 20 de maio.
Estrea: Xuño 2019.
Recepción das recompensas: Xuño 2019.

Ao grupo de rap combativo Ezetaerre, que nos cederon moi amablemente a maravillosa A herdanza do vento para acompañar a esta campaña.

Esta é a súa web: www.ezetaerre.com

Para estar ao día do proxecto vos propoñemos as seguintes canles:

Instagram do filme
ou
Facebook Ringo Media

Non vos olvidedes de difundir a boa nova! Sharing is caring! Se 16 de decembro chega a existir será tamén grazas a vos!

Tamén podedes falar connosco a través do propio Verkami, na sección Preguntas e Respostas, ou enviarnos un e-mail a: info@ringomediabcn.com

Non se trata de fotografar o tiburón, senón o perigo.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

22 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Rubén Campos

    Rubén Campos

    6 months

    Moita sorte!!!

  • Martina Perrini

    Martina Perrini

    6 months

    Casi non chegamos, ....bufff! Nos tiraríamos dos pelos non aportar neste futuro laureado cortometraxe.

  • Araceli Sampedro

    Araceli Sampedro

    7 months

    Contenta de aportar mi granito de arena. Que vaya muy bien!

  • Chechu Llauger

    Chechu Llauger

    7 months

    Non podía deixar de apoiar un proxecto rodado no meu barrio de Coia. Moita forza.

  • erea

    erea

    7 months

    a por todaaaaaas!!!

  • Nacho

    Nacho

    7 months

    A por todas!

  • Álvaro Gago

    Álvaro Gago
    Author

    7 months

    Mecenas! Millones de gracias. A falta de 12 días ya podemos decir que ¡¡lo conseguimos!!

  • RICARDO SANTORO VIDAL

    RICARDO SANTORO VIDAL

    7 months

    OJALA LO CONSEGUIDO POR MATRIA SE QUEDE PEQUEÑO CON ESTE PROYECTO !

  • Álvaro Gago

    Álvaro Gago
    Author

    7 months

    Grazas Fani, Jean Michel & Trinii!! Non queda nada! 💪💪🔥🔥

  • Triniglesias

    Triniglesias

    7 months

    Desexando ver este proyecto. Orgullos@s de Cris. Apertas

5€
48 left (of 50)
AMAGO

O noso mais profundo agradecemento + Unha cesta de apertas telemáticas.

10€
28 left (of 50)
CONTACTO

Agradecemento nos títulos de crédito + Fotograma do filme (wallpaper).

15€
20 left (of 50)
PASE

Agradecemento nos títulos de crédito do filme + Ligazón online do filme despois de que complete o
seu percorrido por festivais.

25€
20 left (of 50)
FINTA

O anterior + Online Premiere – enviarémoste unha ligazón con contrasinal que estará aberta durante
24 horas tan pronto como a película esté finalizada.

35€
39 left (of 50)
LANZAMENTO EN SUSPENSIÓN

O anterior + Traballo fotográfico e videográfico do Behind The Scenes + Guión en PDF

50€
6 left (of 50)
LANZAMENTO DE CADEIRA

O anterior + Invitación á premiere.

70€
48 left (of 50)
RECTIFICADO

O anterior + Cartaz do filme asinado.

100€
14 left (of 40)
LANZAMENTO Á ESCUADRA

O anterior + Crédito no IMDB + Caixa cunha botella Albariño Casa Monte Pío.

150€
16 left (of 30)
VASELINA

O anterior + Fotograma do filme asinado e enmarcado + Caixa con dúas botellas Albariño Casa Monte Pío.

250€
10 left (of 20)
FLY

O anterior + Invitación á rodaxe + Caixa con 3 botellas Albariño Casa Monte Pío.

500€
11 left (of 15)
ROSCA

O anterior + ilustración de Marta Quilleri (custes de expedición incluidos).

1.000€
3 left (of 8)
DIRECTOR DE XOGO

O anterior + Crédito de productor executivo.

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.