❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Galician Bizarre 3

Logo do éxito dos dous primeiros volumes, lanzamos o terceiro recopilatorio Galician Bizarre, con 17 artistas do underground galego actual.

galicianbizarre

A project of

Category

0
seconds
219
Patron
4.261€
From 3.716€
Contribute to the project
View project in Castellano

O Galician Bizarre naceu hai unha década como un movemento que agrupaba bandas da escena underground galega, marcado pols influencias musicais anglosaxonas pasadas polo filtro do país: que che guste como sonan os Cramps, Sonic Youth, Aphex Twin ou os Beastie Boys non impide falar de Manuel Fraga, o Apóstolo Santiago, Luar ou o que che pete.

Nestes anos o Bizarre floreceu e murchou varias veces, deixando polo camiño numerosos concertos, deseños gráficos memorables, bandas populares e esquecidas, grandes churrascadas e dous volumes recopilatorios co mellor de cada casa:

Os volumes 1 e 2 ían dende o punk irreverente de Novedades Carminha e Terbutalina ao pop electrónico de Carrero Bianco, do noise de Telephones Rouges ao garaxe de Fantasmage ou do surrealismo de Alarido Mongólico ao rock and roll de Los Santos.

Seis anos despois do segundo volume, rexurdimos das nosas cinzas para retratar a escena galega do momento, igualmente rica e caótica: unimos dezasete bandas e artistas e hai pop lo-fi, trap, neopsicodelia, post-grunge, punk, electrónica e o que se che ocorra, con cancións inéditas en case todos os casos.

Portada para o Galician Bizarre 3, deseño de Óscar Raña
Portada para o Galician Bizarre 3, deseño de Óscar Raña

O tracklist do Galician Bizarre 3 é este:

CARA A
Pantis - Mar
Contenedor de Mierda - Síndrome de Dawson
Esposa - Nós contra nós
Dois - Dominguero
Lamprea Explosiva - Polok
Selvática - El fondo del mar
Atrás Tigre - Abisal
Boyanka Kostova - Konaseinochan
Pálida - You Were Melting in the Wrong Hands

CARA B
Travesti Afgano - Catro anos máis
Bifannah - Ervas
Puma Pumku - Velvet Dream
Oh! Ayatollah - Pablo Callejo
Estrambote - Viajes en el tiempo
Jay - Ser humano
Bulto - Todos los días es mi cumpleaños
Kadett GSI - Motor

O deseño do álbum corre a cargo do artista e músico vigués Óscar Raña, continuando así o vínculo do Galician Bizarre co vibrante mundo do deseño e a ilustración en Galicia: Rubén Prol, Andrés Magán, Mar Catarina e Rubén Domínguez asinaron as portadas e contras dos volumes anteriores.

Da masterización ocuparase Ibán Pérez no Terraforma Studio do Hío (Cangas), de onde teñen saído un bo número dos discos máis relevantes dos últimos anos en Galicia.

Sobre as recompensas

Ofrecémosvos diferentes opcións para participar da edición do Galician Bizarre 3: ademais de mercar o disco anticipadamente, tamén tedes a opción de levarvos unha das camisetas exclusivas con deseño de Rubén Prol, sempre escollendo entre a recollida en tenda e recibilo na casa.

A maiores, podedes plasmar o voso apoio ás bandas bizarras facendo que o voso nome apareza nos créditos do disco, ou colaborar como asociación ou selo e incluír o voso logo na folla interior.

E tamén un par de opcións máis tolas. Mirade debaixo!

Sobre nós

O Galician Bizarre é un movemento autoxestionado e colaborativo do que participan as propias bandas e outras persoas que aportan o seu traballo voluntario.

Ademais da edición dos recopilatorios e de organizar numerosas festas e concertos, vimos de lanzar un blog no que recoller a actividade presente e pasada da escena, con entrevistas, opinións e textos críticos.

A que destinaremos as vosas achegas

As vosas aportacións servirán para financiar o total dos gastos da edición, que son os seguintes:

A: 500 LPs en vinilo negro con galleta, funda interior, carpetas exteriores, transporte e test pressing: 1700 €
B: Follas interiores con créditos e letras: 120 €
C: Deseño da portada: 200 €
D: Deseño do logo: 150 €
E: Masterización: 363 €
F: Gastos Verkami: 150 €
G: Gastos pago con tarxeta: 20 €
H: Gastos PayPal: 100 €
I: Compra e estampado de 50 camisetas Galician Bizarre: 363 €
J: Gastos de envío: 300 €
K: Impostos: 250 €
TOTAL: 3716 €

Calendario previsto

O proceso de fabricación dos discos dará comezo co lanzamento desta campaña de crowdfunding. Unha vez rematados os 40 días nos que se poden recibir aportacións, realizaremos e imprimiremos as follas interiores, coa intención de que unha vez recibidos os LPs poidamos comezar a distribución dos discos e as recompensas. A nosa previsión é que recibades o que adquiristes cara o final de xaneiro!

+ Info

Se tedes calquera dúbida ou queredes saber máis sobre o Galician Bizarre, podedes seguirnos en Facebook ou Instagram.

Tamén podes poñerte en contacto connosco pinchando debaixo destas liñas en "Pregunta ao autor" ou deixando un comentario.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

8 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Dreia

    Dreia

    about 1 year

    <3

  • Joña GZ

    Joña GZ

    about 1 year

    GALIZA CALIDADE 😍👍

  • Laroucho

    Laroucho

    about 1 year

    A tope peñita!!!

  • RUBÉN MARTÍNEZ SABINO

    RUBÉN MARTÍNEZ SABINO

    about 1 year

    Xa formo parte da familia Medici do Renacemento bizarro musical ghallegho!!

  • colensco

    colensco

    about 1 year

    Amor amorfo!

  • Miguelón

    Miguelón

    over 1 year

    A polo cuarto xa!! Forza!!

  • Chente

    Chente

    over 1 year

    Ola ! Por favor, na medida do posible quixese unha camisola negra e a outra barrantes. Obrigado :))

  • Alejandro Jiménez

    Alejandro Jiménez

    over 1 year

    Longa vida a Galician bizarre!!

5€
2 backers
Mención na folla interior do Galician Bizarre 3

Noraboa, eres todo un filántropo ou filántropa! O que si, igual non está de máis que merques tamén o disco, aínda que sexa para poder demostrarlle aos teus netos que non sempre fuches un/unha carca. Pero se só queres axudar, por nós xenial, moitas gracias! Eres unha persoa fabulosa!

10€
30 backers
Camiseta (recollida en tenda)




Rubén Prol emprega como idea base para o deseño desta camiseta, a máscara dun peliqueiro, un dos grandes iconos da Galicia Bizarra. Gústache e queres levalo no peito? Podes facelo en catro cores diferentes: negro, rosa, azul e "barrantes".

Con esta opción podes recollela en Discos Honky Tonk (Vigo), Café Bar El Muelle (Santiago de Compostela) ou Platabaluu (A Coruña).

12€
43 backers
LP Galician Bizarre 3 (recollida en tenda)

Para isto estamos aquí, para que poidades mercar o terceiro volume do Galician Bizarre. Isto é o principal, o resto é todo "pataca minuta". Que che dan por aí por 12 euros? Nós dámosche máis: 17 cancións de 17 grupos por 12 euros. Se o atopas por menos avísanos, que alguén nos debe estar tangando.

Con esta opción podes recoller o teu LP en vinilo de 12" en Discos Honky Tonk (Vigo), Café Bar El Muelle (Santiago de Compostela) ou Platabaluu (A Coruña).

13€
15 backers
Camiseta (envío a domicilio)

Rubén Prol emprega como idea base para o deseño desta camiseta, a máscara dun peliqueiro, un dos grandes iconos da Galicia Bizarra. Gustache e queres levalo no peito? Podes facelo en catro cores diferentes: negro, rosa, azul e "barrantes".

Con esta opción podes recibila no teu domicilio, en calquera punto do Estado español.

16€
14 backers
LP Galician Bizarre 3 (envío a domicilio)

Para isto estamos aquí, para que poidades mercar o terceiro volume do Galician Bizarre. Isto é o principal, o resto é todo "pataca minuta". Que che dan por aí por 12 euros? Nós dámosche máis: 16 cancións de 16 grupos por 12 euros. Se o atopas por menos avísanos, que alguén nos debe estar tangando.

Con esta opción podes recibila por correo no teu domicilio, en calquera punto do estado español.

20€
77 backers
Lote disco + camiseta (recollida en tenda)

Se queres ter o disco e tamén a camiseta, con este pack aforras 2 euros!

Esta opción permíteche recollelos en Discos Honky Tonk (Vigo), Café Bar El Muelle (Santiago de Compostela) ou Platabaluu (A Coruña).

26€
26 backers
Lote disco + camiseta (envío a domicilio)

Se queres ter o disco e tamén a camiseta, con este pack aforras 2 euros!

Con esta opción podes recibilos por correo no teu domicilio en calquera punto do Estado español.

40€
2 backers
Lote de 5 discos Galician Bizarre 3 (recollida en tenda)

Ao mellor pensas "e para que quero eu cinco discos?". Pois... nunca se sabe, polo que poida pasar. En realidade ocórrensenos varias ideas:

  • Se tes unha tenda podes vendelos a 12 e aínda rascas algo.
  • Podes xuntarte con máis xente e aforrar uns euros. Mellor para o teu peto pero peor para o noso (o do proxecto).
  • Sempre é un acerto regalar produtos galegos, e o Galician Bizarre 3 é imperecedoiro e saudable.

Con esta opción podes recollelos en Discos Honky Tonk (Vigo), Café Bar El Muelle (Santiago de Compostela) ou Platabaluu (A Coruña).

50€
0 backers
Lote de 5 discos Galician Bizarre 3 (envío a domicilio)

Ao mellor pensas "e para que quero eu cinco discos?". Pois home, nunca se sabe, polo que poida pasar. En realidade ocórrensenos varias ideas:

  • Se tes unha tenda podes vendelos a 12 e aínda rascas algo.
  • Podes xuntarte con máis xente e aforrar uns euros. Mellor para o teu peto e peor para o noso (o do proxecto).
  • Sempre é un acerto regalar produtos galegos, e isto non é perecedeiro.

Con esta opción podes recibilos por correo no teu domicilio en calquera punto do Estado español.

70€
8 backers
Inclusión do teu logotipo na folla interior + 5 discos

Se como colectivo, asociación, selo ou o que sexas queres apoiar intensamente o proxecto, con esta opción envíasnos o teu logotipo en branco e negro e quedará fixado a chorro de tinta na folla interior da historia.

E lévaste 5 discos para o que queiras. Se sodes unha asociación podedes repartilos entre vós, regalar, sortear ou o que prefirades, xa o decidides en asamblea.

Contáctanos para máis detalles e para evitar malentendidos.

80€
2 backers
Lote de 10 discos Galician Bizarre 3 (recollida en tenda)

Se máis arriba xa che contamos o que se podía facer con cinco discos, imaxina o que podes facer con dez! Como mínimo, o dobre.

Con esta opción podes recollelos en Discos Honky Tonk (Vigo), Café Bar El Muelle (Santiago de Compostela) ou Platabaluu (A Coruña).

100€
0 backers
Lote de 10 discos Galician Bizarre 3 (envío a domicilio)

Se máis arriba xa che contamos o que se podía facer con cinco discos, imaxina o que podes facer con dez! Como mínimo, o dobre.

Con esta opción podes recibilos por correo no teu domicilio, en calquera punto do Estado español.

200€
10 left (of 10)
Disco, camiseta e visita guiada pola Galicia Bizarra con Señor Anido

Se eres desas persoas que o queren todo, podes telo: disco, camiseta e aínda por riba a compañía de Señor Anido nunha inesquecible ruta por lugares emblemáticos da Galicia máis bizarra. A excursión non inclúe dietas. Duración máxima 5 horas. Saída dende onde acordedes. O disco e a camiseta xa chos leva el.

Aprende máis sobre Señor Anido aquí: https://shookdown.es/archivos-del-underzine-04-senor-anido/

1.000€
0 backers
Festa Galician Bizarre

Ti pagas e alí ármase a de Dios: aparece xente do Galician Bizarre e pode ser que toquen, que che pinchen uns temas, que che firmen uns autógrafos, bailen, fagan karaoke, dean unha conferencia, sorteen discos e camisetas ou incluso que falen contigo de cousas profundísimas.

Gastos de envío incluídos

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.