Para poder interactuar correctamente y obtener el mejor funcionamiento posible de nuestro sitio web, te recomendamos que actualices tu navegador a una versión más reciente o utilices otro como Chrome o Firefox.

¡Descubre los 10 Verkamis que marcaron el 2017!

O derradeiro decembro infinito

Libro-cd de fantasía para adultos en galego. Texto de Xosé Duncan, música de Mielitza e deseño de Elba Fernández.

Categoría

Creado en

0
segundos
47
Mecenas
945€
De 2.800€
Aporta al proyecto

Cae a neve...
Cae a neve...

Que é Decembro?

  • Desde logo, non é un momento. Poderiamos dicir que, máis ben, é un lugar.
  • Tamén é moito máis cá última novela de Xosé Duncan porque nas curvas dese outeiro nevado agóchanse os medos máis profundos. Duncan tentou fechalos tras as portas azuis da espiral, mais Decembro sempre remata por deixar saír os seus demos.

  • Esa espiral xiraba a tanta velocidade, amosando as mortes dos habitantes das portas, que Duncan non era quen de rescatalos do seu derradeiro día de vida. Foi aí cando Carla López, vestiu de Mielitza e decidiu chorar por el as bágoas precisas e creou a melodía que acalmou o Observador, o vixía eterno do outeiro.

  • E mentres Mielitza e Duncan pagaban o prezo de espir os seus espíritos, Elba debuxou trazos negros sobre a brancura de Decembro. Sucou con tinta o cumio onde o Home Solitario morría para volver nacer e, sen se decatar, xuntouse ao pranto dos outros dous.

Xa, vale, pero que é Decembro?

Pois é un proxecto que nace cunha novela de Duncan. Como non podía ser doutro xeito, é unha historia de fantasía, un descenso ao inferno dunha alma torturada. A viaxe deste home calquera a través da espiral de Decembro percorre un camiño marcado polas portas azuis, por eses escenarios nos que outras almas reviven o seu derradeiro día de vida, unha e outra vez, para sempre. Nalgún momento, durante a creación do texto, unha lectora converteuse en amiga e, logo, en compañeira de viaxe. Carla imaxinou unha banda sonora chea de matices, de dor e de esperanza.

Sobre nós

Portada do libro-cd
Portada do libro-cd

Ademais de Mielitza e Xosé Duncan, estaremos arroupados por un equipo de luxo:

Iago Mouriño: como intérprete das composicións que acompañarán o libro.
Paul Álvarez: aos mandos técnicos.
Elba Fernández: ilustracións e deseño gráfico.

A que destinaremos as vosas achegas

Realizaremos a gravación, mestura e máster das cancións que conforman a banda sonora de Decembro.

Deseñaremos a arte gráfica do libro-cd.

Imprimiremos 500 exemplares do libro.

Produciremos 500 copias do cd.

Prepararemos un obxecto fermoso, que aglutinará texto e música, co que pretendemos compartir a historia do Home Solitario con 500 novas almas.

Calendario previsto

Durante o verán 2018 tentaremos acadar a consecución deste Verkami que estades a ver. Se o logramos, levaremos a cabo a produción do libro-cd durante o outono e, en Decembro de 2018, presentarémolo no Culturgal e en librarías e cafetarías de toda Galiza. Até onde cheguen as nosas forzas, e a vosa fame por saber da historia do Solitario, espallaremos o noso show literario-musical.

Os marabillosos mecenas que nos axuden no proxecto recibirán as súas recompensas a finais do outono de 2018, axiña como teñamos o produto físico disposto para o seu envío.

+ Info

Facebook
Twitter

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

6 comentarios

Si ya eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

5€
0 mecenas
Envíos internacionais

Aporta tamén a esta recompensa para recibir o envío de calquera das recompensas no estranxeiro.

5€
0 mecenas
O home solitario

Descarga dixital do libro disco (ePub + pistas en mp3)

10€
19 mecenas
A porta azul

Exemplar do libro-cd asinado polos artistas.
(envíos a península e Baleares)

15€
13 mecenas
A árbore morta

Descarga dixital do libro disco (ePub + pistas en mp3)
+ Exemplar do libro-cd asinado polos artistas.
(envíos a península e Baleares)

25€
Quedan 10 (de 10)
As ratas e a crisálida

Exemplar do libro-cd asinado polos artistas.

  • Hostal Norte de Xosé Duncan

(envíos a península e Baleares)

30€
7 mecenas
O Predicador

Descarga dixital do libro disco (ePub + pistas en mp3)
+ Exemplar do libro-cd asinado polos artistas.
+ Postal impresa co deseño da capa do libro de Elba Fernández.
(envíos a península e Baleares)

50€
Quedan 9 (de 10)
Os fillos do gas

Exemplar do libro-cd asinado polos artistas.

  • Negruña de Xosé Duncan

(envíos a península e Baleares)

150€
Quedan 3 (de 3)
O vello dos nomes

Descarga dixital do libro disco (ePub + pistas en mp3)
+ Exemplar do libro-cd asinado polos artistas.
+ Presentación privada nun espazo con encanto en A Coruña, escollido polos autores, para un máximo de 15 persoas. Durante a presentación spoilearemos a novela e mais interpretaremos algún dos temas do cd.
(A entrega do libro farase o propio día da presentación)

30€
5 mecenas (agotada)
O observador

Descarga dixital do libro disco (ePub + pistas en mp3)
+ Exemplar do libro-cd asinado polos artistas.
+ Postal impresa co deseño da capa do libro de Elba Fernández.
(envíos a península e Baleares)

50€
1 mecenas (agotada)
A neve leve

Descarga dixital do libro disco (ePub + pistas en mp3)
+ Exemplar do libro-cd asinado polos artistas.
+ Triloxía Crónicas de Bran (3 libros) de Xosé Duncan, asinada polo propio autor
(envíos a península e Baleares)

100€
1 mecenas (agotada)
Ruleta culinaria

Libro/disco
+ Cea segreda con un dos autores. O lugar será decidido por un deles: (Sr. Duncan ou Sra. López)
O mecenas non saberá con quen vai cear dos 2 ata o día do encontro.

  • O libro entregarase o propio día da cea.
Las cookies nos ayudan a ofrecer nuestros servicios. Al continuar navegando aceptas su uso.