❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Discover the 10 most exciting projects of 2019!

Literaria

Novo disco de Miguel Alonso, onde musica autorxs galegxs actuais.

miguelalonso

A project of

Category

0
seconds
70
Pledges
1.790€
From 1.790€
Contribute to the project

Choose your reward

Literaria é o novo disco de Miguel Alonso, no que musica once poemas de diferentes poetas en lingua galega. Así, os versos de Xavier Frías, Miguel Alonso Diz, Iolanda Aldrei, Marta Dacosta, María Castelo, Xosé Iglesias, María José Fernández, Toño Núñez e Ramiro Vidal transfórmanse en cancións do repertorio do cantautor galego.

Estes temas foron compostos durante os últimos tres anos, e xa foron amplamente rodados polos escenarios. Agora é o momento de plasmalos nun disco.

Para isto, Miguel volve xuntarse co seu productor habitual dos últimos anos, Iago Blanco, que tamén será o encargado de gravar as baterías e percusións. Xunto a eles estará Suso Pereiro, gravando o baixo.

Algunha canción xa se tocou en directo. Queres un avance? Aquí tes Non eras ti, sobre un poema de Miguel Alonso Diz

Aínda queres máis? Aquí tes Deixa-me dizer-te, sobre un poema de Iolanda Aldrei

Sobre as recompensas

Esta será a túa oportunidade de conseguir as últimas copias físicas dos dous discos de Miguel Alonso, A noite dos cans e Como dioses de alquiler, as edicións dixitais dos seus EPs, ou a súa novela O Caso Quintana (xa pola segunda edición). Inclúe envío nacional e tamén podes recollelo en man en Compostela e arredores.

Queres máis? Quizais un concerto privado? Un vídeo dedicado? Tamén podes conseguilo!

Sobre nós

Miguel Alonso é un cantautor e escritor ferrolán. Leva anos tocando en directo as súas cancións e é autor de varios discos e EPs: A noite dos cans (2010), O día despois da noite dos cans (EP, 2013), Como dioses de alquiler (2014) e Manual de Saudades (EP, 2015). Tamén ten publicada unha novela, O Caso Quintana (Belagua, 2017).

A que destinaremos as vosas achegas

Gran parte de Literaria xa está gravado. O diñeiro procedente das recompensas irá destinado íntegramente a rematar a gravación e a financiar os procesos de mestura, mastering, deseño e edición do disco.

Hai que sinalar que, para a súa composición, este proxecto recibiu unha Axuda á Creación de Músicas Populares da Fundación SGAE.

No caso de superar o obxectivo, o diñeiro sobrante empregarase na gravación dun videoclip.

Calendario previsto

Unha vez rematado o prazo e conseguido o obxectivo, estímanse tres meses para finalizar a gravación e realizar mestura, mastering e deseño. En outono de 2018 realizaríase a edición física e a presentación en directo do traballo. As recompensas distribuiranse en torno a outubro e novembro de 2018.

+ Info

Web
Facebook
Twitter
Youtube
Bandcamp

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

3 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Luis.ruiz

    Luis.ruiz

    over 2 years

    Vamos! Eres grande Miguel

  • José Calvo

    José Calvo

    over 2 years

    Rumbo a bo porto!

  • Toño Núñez

    Toño Núñez

    over 2 years

    Adiante, Literalia!

#17 / 1000 seguidores en Facebook e pequeno agasallo

Boas! Como chegamos aos 1000 seguidores na páxina de facebook, imos celebralo:

De aquí a fin de mes os dous EPs ("O día despois da noite dos cans" e "Manual de saudades") serán de descarga gratuíta, e os 3 discos ("Literaria", "Como dioses de alquiler" e "A noite dos cans") poderanse descargar por só 5 euriños. Aproveitade! Para todo isto só tedes que entrar aquí: https://miguelalonso.bandcamp.com/

Ah! E se non sodes seguidores da páxina, aquí tedes a ligazón: www.facebook.com/miguelalonsooficial ! dádelle!!

Apertas!!

Miguel

#16 / "Literaria ao vivo" ao completo en YouTube!

Boas a todxs!

Aproveitando a semana das nosas letras, publicamos ao completo "Literaria ao vivo", o concerto que gravei no Auditorio Novo de Negreira nos últimos días de 2019. Nel interpretei o meu disco Literaria ao completo, tal e como o fixen nas presentacións do traballo. Podedes velo na miña canle de YouTube.

Oxalá vos guste e o compartades.

Subscribídevos á miña canle para ver máis cousas!

Grazas por todo o voso apoio!

Miguel Alonso

www.miguelalonso.gal

PD: Aquí vos deixo "Cidade":

#13 / "Praga na túa boca": Terceiro adianto de "Literaria ao vivo"

Boas!

Para animar un pouco estes días raros, subín o terceiro adianto de "Literaria ao vivo". Neste caso é "Praga na túa boca", canción baseada nun poema de Xavier Frías. Con Xavier fixen hai uns aniños un EP titulado "Manual de saudades", onde musicaba catro poemas seus, do poemario do mesmo titulo. Nel, aparecía outra versión algo diferente desta canción.

Así soou no concerto que gravamos en decembro no Auditorio Novo de Negreira. Axúdame a espallala!

#12 / "Querería": Segunda adianto de "Literaria ao vivo"

Moi boas!

Aquí vos queda "Querería", tal e como quedou gravada en "Literaria ao vivo". Como sabedes, a finais de 2019 gravamos, no auditorio de Negreira, todo o disco en audio e vídeo, tal e como o estou a tocar en directo.

"Querería" naceu dun poema que musiquei de Ramiro Vidal Alvarinho.

Oxalá vos guste moito e o compartades cos vosos contactos!

Xa non queda nada para que poidades velo enteiro!

#11 / Adianto de "Literaria ao vivo"

Bo día a todxs!

O 26 de decembro de 2019 dei un concerto no auditorio de Negreira, interpretando "Literaria" ao completo en solitario, e decidimos gravalo para a canle de Youtube. Estou moi contento co resultado.

Por aquí vos deixo o adianto, "Eu tamén mudo de pel tralas mareas", sobre un poema de María José Fernández. Oxalá vos guste, e, de ser así, pregariavos que o compartísedes cos vosxs coñecidxs.

Grazas!!!

#10 / Gravación de "Literaria ao vivo"

Boas a todxs!

Teño unha boa nova que darvos: este próximo xoves 26 gravarei completo "Literaria", ao vivo, en audio e vídeo, tal e como o estou a facer nos concertos, é dicir, eu só.

Será no auditorio de Negreira (A Coruña), a partir das 16.30 da tarde, e SÓ PARA 20 PERSOAS. Non o imos facer público nas redes, só aquí, para quen participou no crowdfunding. Se queredes asistir, contactade en miguel_alonso_fdez@hotmail.com ou no 658600957.

Bulide, que hai poucas prazas!

Unha aperta!

Miguel Alonso

#09 / Nova presentación de "Literaria" en Compostela!

Moi boas a todxs! Este xoves 13 darei un concerto na Casa das Crechas (Vía Sacra, 3, Santiago de Compostela). Será, como o resto de presentacións, baseado no repertorio de "Literaria", aínda que prometo algunha sorpresa!

Será ás 21 hrs, cunha entrada de 5 euriños! Vinde e difundide! Oxalá nos vexamos todxs alí!

#08 / Presentación de "Literaria" en Pontevedra!

Boas a todxs!

Este sábado 16 de marzo estarei presentando "Literaria" en Pontevedra. Será na Taberna do Jazz (R/San Sebastián, 19) ás 13 hrs, con entrada de balde, dentro dos actos do Festival de Poesía que organizan.

Animádevos a vir e difundide entre os vosos contactos! Grazas!!

#07 / Presentación de "Literaria" na Coruña!

Boas a todxs!

O próximo sábado día 9 de marzo presentarei "Literaria" na Coruña. Será ás 20 hrs nun lugar ben especial, a Libraría de vello Fiandón (Rúa San Roque, 11).

Xa vos aviso que vai haber sorpresas! E, ademais, como en todas estas presentacións, tocarei o novo disco ao completo. Seguramente a seguinte vez que vaia á Coruña xa non sexa así.

Vémonos? Axudádeme a difundilo!

#06 / Presentación de "Literaria" en Vigo!

Este sábado 16 faremos o concerto-presentación de "Literaria" en Vigo. Será no Mimosa Café Teatro (Travesía de Vigo, 72) ás 20 hrs, cunha entrada de 3 euriños.

Como invitado especial teremos ao escritor Miguel Alonso Diz, do que aparecen dous poemas no disco!

Vinde e espalládeo entre os vosos contactos! Vémonos alí!

#04 / Presentación de "Literaria" en Compostela!

Boas, mecenas!

Este sábado día 1 de decembro presentarei "Literaria" en Compostela. Será o primeiro concerto e queremos enchelo!

Gustaríame moito que estiveses alí e poder darche as túas recompensas en man.

Comparteo cos teus coñecidxs e amigxs... e vémonos alí!

#03 / Segundo avance de "Literaria"

Boas, mecenas!

Quero deixarvos por aquí o segundo avance de "Literaria". O disco, por certo, xa está en fábrica, e a partir do día 15 poderedes escoitalo tamén nas plataformas dixitais.

Neste caso, preséntovos "Lobos de mar", un poema que musiquei de Xosé Iglesias, pertencente ao seu libro "Transfusión oceánica".
É a canción con máis colaboracións do disco. Nela, ademais de Miguel, Suso Pereiro e Iago Blanco, podedes escoitar o acordeón de Abel Pérez, os coros de Irene Quinteiro, X.m.Lago e Óscar Martínez, e o propio autor do poema (Xosé Iglesias), recitando e facendo soar a buguina.

Alguén dá máis? Partilládeo!

#02 / Primeiro avance de "Literaria"!

Ola, xente!
"Literaria" está por fin rematado e estes días irá a fábrica. Porémonos en contacto en breve para que recibades as vosas recompensas!

Polo de agora... que vos parece escoitar o primeiro avance? Trátase de "As amantes de Hamlet", poema de Marta Dacosta, que musiquei nunha onda un pouco diferente ao habitual en min.

Aquí vos queda! Por favor, partilládeo cos vosos contactos, que chegue a todo o mundo!

#01 / As cancións de Literaria

Moi boas a todxs!

En primeiro lugar, quero darvos as grazas por colaborar na edición de Literaria. Grazas a todxs vós poderá ver a luz!

Nuns días comezaremos a gravación das voces en Drum&Roll Studios (A Coruña), así que aproveitarei estas semanas para contarvos algunha cousiña.

Lembrade que, segundo a nosa planificación, o disco estará rematado entre outubro e novembro, que será cando se vos envíen as recompensas.

Hoxe toca desvelarvos os títulos das cancións que farán parte do proxecto. Todas as cancións levan música miña. Aquí vos quedan!

  • As amantes de Hamlet (Marta Dacosta)

  • Andoriña (Toño Núñez)

  • Ilusión (Toño Núñez)

  • Lobos de mar (Xosé Iglesias)

  • Eu tamén mudo de pel tralas mareas (María José Fernández)

  • Cidade (Miguel Alonso Diz)

  • Non eras ti (Miguel Alonso Diz)

  • Deixa-me dizer-te (Iolanda Aldrei)

  • Querería (Ramiro Vidal Alvarinho)

  • Praga na túa boca (Xavier Frías)

  • Máis cedo que tarde (María Castelo)

En breve, máis!

Miguel

www.miguelalonso.gal

Cookies help us to offer you the best experience. Settings