❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Caderno de campo das illas Cíes

Libro de ilustracións do biólogo e artista José Arcas para coñecer e respectar máis o noso patrimonio natural. En galego, castelán e inglés.

Catro Ventos Editora

A project of

Category

Created in

0
seconds
126
Patron
3.066€
From 2.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Este libro é un caderno de campo, é dicir, unha compilación de ilustracións da natureza feitas en lapis e acuarela por José Arcas (biólogo e artista; https://www.facebook.com/josearcasart) para pór en valor o patrimonio natural das illas Cíes. As illas forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e reciben moitas visitas durante a tempada en que está aberto ao público. Queremos que esta obra sirva para que as persoas que o visiten valoren e respecten o noso patrimonio natural.

O caderno dividirase en catro rutas e estará completado cunhas «paisaxes sonoras», arquivos sonoros, gravados e cedidos por Carlos Suárez, que nos ofrecen unha perspectiva máis completa deste espazo natural e aos que se accede mediante un código QR como se pode observar nesta mostra do interior:

Exemplo de páxina interior con acuarela, texto e QR
Exemplo de páxina interior con acuarela, texto e QR

Para chegar ao maior público posible, será unha edición trilingüe con textos en galego, castelán e inglés.

Nota importante: a portada que podes ver máis abaixo é provisional. Estamos a traballar na versión definitiva.

Sobre as recompensas

Todas as recompensas contemplan a mención na obra como mecenas do proxecto. Agás na primeira (5 €), todas inclúen tamén un exemplar do libro e mais os gastos de envío. O PVP do libro unha vez rematada a campaña será de 19,50 €; de participares como mecenas, estarás a adquirir o libro cun desconto (16 €).

Sobre nós

José Arcas é doutor en Bioloxía e artista. Nas obras pictóricas e escultóricas mestura as súas dúas paixóns: a natureza e a arte. Podes ver algunhas das súas creacións na súa web ou nas súas redes sociais (Facebook ou Instagram).

José Arcas
José Arcas

Catro Ventos Editora é unha cooperativa de traballo asociado e sen ánimo de lucro fundada en Vigo a mediados de 2016. Está especializada na edición en galego de libros sobre ecoloxía, economía social, consumo responsable, dereitos humanos e educación alternativa.

A que destinaremos as vosas achegas

Somos unha editorial nova e, polo tipo de proxecto de que estamos a falar, a impresión do libro supón un grande esforzo económico para nós. Pedímosche precisamente que nos axudes a financiar a impresión. A cantidade mínima que indicamos (2500 €) non chegaría para cubrir toda a impresión e encadernación, mais si reduciría o risco. A cantidade óptima sería de 4000 €.

Características técnicas:
— Cuberta en tapa dura con lombo á vista (encadernación tipo copta ou similar)
— Interior impreso a 4/4 con papel de dobre man en 150 gramos
— 144 páxinas
— Tamaño 17x24 cm

Calendario previsto

O proxecto está xa moi avanzado e contamos con rematalo en paralelo con esta campaña de Verkami. Unha vez concluída a campaña, mandariámolo á imprenta. Arredor de mes ou mes e medio despois xa disporiamos dos exemplares e poderiamos comezar os envíos das recompensas. Atendendo a este plan, a data prevista para o envío das recompensas sería o mes de xuño de 2018.

+ Info

Podes consultar o noso catálogo aquí. Tamén podes atopar máis información nas nosas redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram.

Lagarto arnal (ilustración de José Arcas)
Lagarto arnal (ilustración de José Arcas)

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

8 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Catro Ventos Editora

    Catro Ventos Editora
    Author

    over 1 year

    Moitas grazas, Antón!!

  • Antón

    Antón

    over 1 year

    FEITO!!!!

  • Catro Ventos Editora

    Catro Ventos Editora
    Author

    over 1 year

    Moitas grazas, bmartinez! ;)

  • bmartinez

    bmartinez

    over 1 year

    Moita sorte co proxeto!

  • Catro Ventos Editora

    Catro Ventos Editora
    Author

    over 1 year

    Muchas gracias, Cristina. Ya falta menos!! ;)

  • Cristina Fernández

    Cristina Fernández

    over 1 year

    Yo ya he contribuido,q ganas d tenerlo en nuestras manos;D

  • Catro Ventos Editora

    Catro Ventos Editora
    Author

    over 1 year

    ¡Muchas gracias, Ramón! Esperemos que sí. ;-)

  • Ramón García

    Ramón García

    over 1 year

    Haber si hay suerte y lo tenemos en nuestras manos, antes de la fecha. Enhorabuena por el trabajo.

#09 / Excursión ás Illas Cíes para vivir o ‘Caderno de campo’ | Excursión a las Islas Cíes para vivir el ‘Cuaderno de campo’

[Texto en español más abajo]

Prezados/as mecenas:

Esperamos que todo vos vaia ben. Mandámosvos esta mensaxe para anunciarvos unha actividade que quizais sexa do voso interese, relacionada co ‘Caderno de campo das Illas Cíes’. O domingo 30 de setembro, Catro Ventos e a axencia de turismo Volta Montana organizamos unha ruta por estas fermosas illas que ten como fío condutor o noso ‘Caderno de campo’. Nela faremos unha visita temática a este arquipélago, para coñecer máis detalles sobre el da man do seu autor, José Arcas.

Alí, percorreremos puntos emblemáticos das illas como a praia de Rodas, a lagoa dos Nenos ou o peirao de Carracido, mentres vemos cos nosos ollos, no seu hábitat natural, as especies plasmadas no libro. Ademais, tamén faremos parte das rutas dos faros de Cíes para ter a mellor vista dende o alto da illa. É importante que levedes o voso caderno!

read more

#08 / Xa temos o Caderno de Cíes! | ¡Ya tenemos el Cuaderno de Cíes!

[En castellano más abajo]

Ola! Xa recibimos os primeiros exemplares do Caderno de campo das illas Cíes e esta semana imos comezar os envíos das recompensas!
Un par de mecenas xa nos comentaron que algúns días do mes de agosto van estar de vacacións, para que o teñamos en conta á hora de facer o envío. Se ese fose tamén o teu caso, non dubides en escribirnos a administracion@catroventos.gal e tentaremos axustar para evitar incidencias.
Moitas grazas novamente polo voso apoio e paciencia!

J. Arcas asinando as láminas dunha recompensa | J. Arcas firmando las láminas de una de las recompensas
J. Arcas asinando as láminas dunha recompensa | J. Arcas firmando las láminas de una de las recompensas

¡Hola! ¡Ya hemos recibido los primeros ejemplares del Cuaderno de campo de las islas Cíes y esta semana vamos a comenzar los envíos de las recompensas!
Un par de mecenas ya nos han comentado que algunos días del mes de agosto van a estar de vacaciones, para que lo tengamos en cuenta a la hora de hacer el envío. Si ese fuese también tu caso, no dudes en escribirnos a administracion@catroventos.galread more

#07 / Actualización da campaña de Verkami / Actualización de la campaña de Verkami

[Más abajo en español]

Prezados/as mecenas:
Primeiro de todo, queremos pedirvos desculpas polo atraso en informarvos sobre como vai a campaña. O motivo é que se nos alongou a última fase de preparación do libro máis do previsto e non quixemos informarvos até ter ben claro o calendario.
Agora si que xa está o libro na imprenta, polo que contamos con poder entregárvolos cara a finais deste mes.
Confiamos en que saibades perdoar esta demora e que sigades tendo as mesmas ganas ca nós de ter o Caderno das illas Cíes nas mans.
Moitas grazas novamente polo voso apoio ao proxecto e pola vosa paciencia!
Saúdos.

Estimados/as mecenas:
Antes de nada, queremos pediros disculpas por el retraso en informar sobre cómo va la campaña. El motivo es que se nos ha alargado la última fase de preparación del libro más de lo previsto y no quisimos informar hasta tener bien claro el calendario.
Ahora sí que ya está el libro en imprenta, por lo que contamos con poder entregároslo hacia finales de este mes.
read more

#06 / Non esquezas encher o formulario | No olvides rellenar el formulario

[Más abajo en castellano]
Ola!
Este luns enviamos os formularios para que nos facilitedes os vosos datos e escollades o nome que queredes que apareza no Caderno de Cíes e a vosa recompensa (naqueles casos nos que había varias opcións).
Moitas grazas a todas as persoas que xa respondésedes! Ao resto, non o esquezades! ;) Só vos ha levar un par de minutos: accedede desde o correo electrónico que recibistes de Verkami ou directamente desde a vosa páxina de usuario/a (ide a "A miña actividade").
Saúdos.

¡Hola!
Este lunes enviamos los formularios para que nos facilitéis vuestros datos y para que escojáis el nombre que queréis que aparezca en el Cuaderno de Cíes y vuestra recompensa (en aquellos casos en los que había varias opciones).
¡Muchas gracias a todas las personas que ya habéis respondido! Al resto,… read more

#05 / Conseguido!!!!

[Versión en castellano más abajo]

Ola!
Xa rematou a campaña de Verkami e estamos moi contentos co resultado; non só conseguimos o capital mínimo solicitado, senón que superamos os 3000 euros!
Moitísimas grazas pola vosa axuda!!!
Nós seguimos a traballar na maquetación do libro e xa está en marcha a tradución ao inglés. Imos tentar envialo ao prelo o antes posible. Manterémosvos informados sobre as novidades!
Proximamente, ides recibir un formulario no que poderedes indicarnos varias cousas: o nome que queredes que apareza na listaxe de mecenas do libro, o voso enderezo e a opción que escolledes (no caso das achegas con varias posibilidades).
De novo, moitas grazas!

Conseguido!!!!
Conseguido!!!!

¡Hola!
Ya terminó la campaña de Verkami y estamos muy contentos con el resultado; no solo hemos conseguido el capital mínimo solicitado, ¡sino que superamos los 3000 euros!
¡¡¡Muchísimas gracias por vuestra ayuda!!!
read more

#04 / Queda 1 semana de campaña!

[Versión en castellano más abajo]

Ola!
Conseguímolo! Xa temos o capital mínimo que solicitabamos!
Agradecemos moitísimo o voso apoio e non ter que agardar ao último día para saber se o íamos conseguir.
Agora imos tentar ampliar esa cantidade nestes días que quedan e, sobre todo, imos traballar arreo para poder mandarvos as vosas recompensas o antes posible.
Moitas grazas novamente!

Queda 1 semana!
Queda 1 semana!

¡Hola!
¡Lo conseguimos! ¡Ya tenemos el capital mínimo que solicitábamos!
Agradecemos muchísimo vuestro apoyo y no haber tenido que esperar al último día para saber si lo íbamos a conseguir.
Ahora vamos a intentar ampliar esa cantidad en estos días que quedan y, sobre todo, vamos a trabajar mucho para poder enviaros vuestras recompensas lo antes posible.
¡Muchas gracias de nuevo!

#03 / Quedan 2 semanas de campaña!

[Versión en castellano más abajo]

Ola!
Aínda quedan dúas semanas de campaña de Verkami, pero só faltan 39 € para conseguir o capital mínimo. Moitísimas grazas a todas as persoas que xa participastes!
Nestes 14 días que faltan tentaremos seguir recadando cartos para cubrir os custos de impresión do #CadernoDeCíes, mais, sobre todo, seguiremos a traballar na preparación da obra para poder mandala ao prelo o antes posible.
Lembra, os 2500 euros é a cantidade mínima, pero imos tentar aproximarnos o máximo posible aos 4000 euros que calculamos vai custar a impresión.
Moitas grazas de novo!

Quedan 2 semanas!
Quedan 2 semanas!

¡Hola!
Aún quedan dos semanas de campaña de Verkami, pero sólo faltan 39 € para conseguir el capital mínimo. ¡Muchísimas gracias a todas las personas que ya habéis participado!
En estos 14 días que faltan intentaremos seguir recaudando… read more

#02 / 20 días de campaña

[Versión en castellano más abajo]

Bo día! Chegamos á metade da campaña e xa acadamos o 74 % do capital mínimo solicitado. Moitísimas grazas a todos os mecenas que xa vos animastes a participar! Xa falta menos para conseguir o financiamento e publicar o libro.

Aproveitamos para comentarvos que, a suxestión dun dos nosos puntos de venda habituais, engadimos unha nova recompensa especialmente pensada para librarías e espazos amigos: achegando 120 euros poden conseguir 10 exemplares do libro cun 40 % de desconto. Se tes unha libraría ou un establecemento no que vendes produtos coma os nosos, esta recompensa é para ti! ;-) (Se es un particular e queres aproveitar esta recompensa, tampouco hai ningún problema).

Seguimos!

20 días de campaña
20 días de campaña

¡Buenos días! Llegamos a la mitad de la campaña y ya alcanzamos el 74 % del capital mínimo solicitado. ¡Muchísimas gracias a todos los mecenas que ya os habéis animado a participar! Ya falta menos para conseguir la financiación y publicar el libro.

read more

#01 / 10 días de campaña

[Versión en castellano más abajo]

Bo día!
Pois xa van 10 días de campaña e estamos moi satisfeitos. Estamos moi preto de conseguir o 50 % dos cartos solicitados e isto é posible grazas a persoas coma ti.
Iso si, xa sabes como funciona isto, temos que conseguir a cantidade mínima solicitada ou non recibiremos nada. Así que toda axuda na divulgación da campaña será benvida. Abonda con compartir algunha das nosas publicacións nas redes sociais: Facebook, Twitter ou Instagram.
Aproveitamos tamén para deixarvos un artigo sobre a campaña que publicaron en La Voz de Galicia (sección Vigo) deste domingo.
Saúdos.

10 días de campaña
10 días de campaña

¡Buenos días!
Pues ya van 10 días de campaña y estamos muy satisfechos. Estamos muy cerca de conseguir el 50 % del dinero solicitado y esto sólo es posible gracias a personas como tú.
Eso sí, ya sabes como funciona esto, tenemos… read more

5€
4 backers
Mención no libro

Mención no libro como mecenas do proxecto

16€
88 backers
Mención + exemplar do libro

Mención no libro como mecenas do proxecto
+ 1 exemplar do libro

32€
136 left (of 150)
Mención + exemplar do libro + obra de Catro Ventos

Mención no libro como mecenas do proxecto
+ 1 exemplar do libro
+ 1 exemplar de calquera outro libro publicado por Catro Ventos (suxeito a dispoñibilidade de stock)

50€
13 left (of 30)
Mención + exemplar do libro + lámina pequena asinada

Mención no libro como mecenas do proxecto
+ 1 exemplar do libro
+ 1 lámina pequena (20 × 30 cm), reprodución asinada polo autor a elixir entre unha destas dúas:

Gaivota patiamarela con cría
Gaivota patiamarela con cría

Cormorán moñudo
Cormorán moñudo

100€
29 left (of 30)
Mención + exemplar do libro + lámina grande asinada

Mención no libro como mecenas do proxecto
+ 1 exemplar do libro
+ 1 lámina grande (30 × 40 cm), reprodución asinada polo autor a elixir entre unha destas dúas:

Gaivota patiamarela con cría
Gaivota patiamarela con cría

Cormorán moñudo
Cormorán moñudo

120€
2 backers
10 exemplares cun 40 % de desconto

Ideal para librarías e puntos de venda!
Mención no libro como mecenas do proxecto
+ 10 exemplares cun 40 % de desconto

500€
4 left (of 4)
Mención + exemplar do libro + xornada con José Arcas en Cíes

Mención no libro como mecenas do proxecto
+ 1 exemplar do libro
+ 1 xornada con José Arcas nas Cíes de iniciación ao debuxo da natureza (para 1 persoa; data pendente de concretar con José Arcas; suxeito a dispoñibilidade de billetes de barco a Cíes)

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.