EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó (tanto Aida como Xisco compaxinarán a súa laboura de bailaríns coa de cantantes de música tradicional nesta obra), ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico diseñado por Vanesa Hernánez (DiiVant), un deseño de iluminación de Luis Perdiguero, cun vestiario diseñado por Alessio Meloni e dende unha visión de danza contemporánea a través dos ollos do codirector artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo de Vilarinyo dance company).
Sobre a compañía
Fran Sieira, compañía de danza xurde pola inquietude de seu director por dar un paso máis na súa carreira artística despois de 14 anos coma mestre de baile e música tradicional galega en diferentes agrupacións folclóricas de toda Galicia; de percorrer aldeas en busca de novos pasos e melodías a través de informantes de avanzada idade para completar a súa madurez como bailador; bailando en compañías nacionais como GS21, Quique Peón Cía e Nova Galega de Danza e dirixindo agrupacións cun recoñecido prestixio, levando a cabo a través delas espectáculos de baile e música tradicional, enchendo teatros do nome do Teatro A Fundación de Vigo ou o mesmo Auditorio Mar de Vigo.
A compañía baséa o seu traballo no baile e música tradicional, utilizando o folclore galego como ferramenta de expresión, pero innovando na representación dos bailes propios como a muiñeira ou a xota; estudando o movemento a través da danza galega e falando a través dela.
Podes coñecer a traxectoria de cada integrante deste espectáculo na web de Fran Sieira, compañía de danza.
A que destinaremos as vosas achegas
Emprender un proxecto profesional nas artes escénicas non é doado, pero particularmente no mundo da danza é especialmente duro. Por iso precisamos da vosa axuda, para financiar parte dos gastos xerados pola contratación dos bailaríns, o deseño de escenografía e a súa producción, o deseño de luces, o vestiario, a composición musical, etc.
Como calquera proxecto profesional, realizouse unha previsión de tesourería que depende en grande parte das contratacións de actuacións e da asistencia do público aos teatros; isto fai que o factor de incertidume pese moito na supervivencia do proxecto. Poder contar co apoio do público antes da estrea supón un respaldo e unha importantísima aportación de tranquilidade que nos permite adicarnos a faceta creativa sen a pesadume de ter a xestión económica sempre na mente.
Calendario previsto
As recompensas que consistan en entradas para ver o espectáculo entregaranse na propia billetería do teatro. Previamente se contactará co/ca mecenas para que escolla se quere asistir á estrea o 28 de abril en Noia (A Coruña) ou o 6 de maio en Ponteareas (Pontevedra); así como que data de ensaio quere asistir, se é o caso. O merchandising vinculado as recompensas de entradas entregarase na data que asistan coma espectadores.
Para as "Master Class" contactarase con antelación suficiente para acordar a data de realización. Se fose anterior a algunha representación, na propia master class entregaranse as entradas. Se a master class fose posterior, ás entradas se recollerán na billetería do teatro.
Os mecenazgos de prata e ouro terán unha promoción cosntante durante a vida do espectáculo, empregando para a difusión do patrocinio todos os medios disponibles pola compañía: web, redes sociais, notas de prensa, etc. As entradas vinculadas a estes mecezagos prata e ouro estarán a disposición dos patrocinadores nas billeterías de calquera teatro ou auditorio na que se represente EntreSoños no 2018 e no 2019.
+ Info
Podes coñecer o día a día da compañía en:
Web - fransieira.com
Facebook - facebook.com/FranSieiraDanza
21 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
MC
Es un orgullo participar en este proyecto. Felicidades.
Raquel Faro Álvarez
Por fin!!!
Margarita Miniño
Triunfarás ,no puede ser de otra manera🏆
Margarita Miniño
Que se cumpla este gran sueño
Miriam lorenzo espiñeira
Fermoso proxecto...gran soño...noraboa!!!
Ana Outeiral
Fran al final lo consegui 😂
Gaëlle Penverne
Que tu proyecto encuentre todo el exito que merece , longue vie à entresonos !
Fran Sieira, compañía de danza
Author
Miguel, grazas!
Miguel Flores
Ole los valientes!!!
Pili
😘😘