Ola a tod*s! despois de dous albums gravados con banda, vou gravar o meu primeiro disco en solitario con temas propios, cancións tradicionais e versións musicadas de poemas de autoras como Ana Romaní, Iolanda Zúñiga ou Keith Payne. Será un disco intimista gravado con voz, guitarra, e algunha colaboración sorpresa ;)
Como de costume, encargareime eu mesma do deseño e do CD e o packaging do CD que será feito con materiais reciclados traballando coa nosa imprenta local, Cesar de Imprebor Vigo
Recompensas
Durante os 40 días que dure o Crowfunding, traballarei nos bocetos para o deseño da portada e libreto do disco. O día 41 se consigo o obxectivo, o que por suposto depende de vos! comezarei coa gravación. Teremos a festa de presentación en Vigo en Maio onde estades convidad*s a vir, celebrar e recoller a vosa recompensa. Para aquel*s que non poidades asistir, comprarei unha morea de estampas e enviareivos as vosas recompensas alá onde estedes. Para aquelas que elixades un concerto privado <3 arranxaremos as datas que mellor nos conveñan
A que destinarei os vosos cartos:
Todo o diñeiro das vosas recompensas destinareino a cubrir o custo da gravación, masterización así coma o custo do deseño e da estampación dos Cds e packaging.
Calendario:
Gravación no Estudio: Abril 15 - Abril 30
Deseño e estampación: Abril 1 - Abril 30
Festa de lanzamento e envío dos Cds: Maio
Sobre min 
A maioría de vos xa me coñecedes pero, por si acaso...
Canto e toco a guitarra dende que teño 7 anos, cando escoitaba a miña avoa cantar música tradicional galega, boleros, despois chegou a Bossa Nova e o Jazz… con distintos grupos e en solitario. A música levoume a recorrer España, Europa e países coma México e Canadá, con xiras regulares en Galicia e Irlanda. Actualmente teño o meu proxecto en solitario así como formo parte doutras formacións como o duo Malandra con Miguel Fraile (Guitarra) e Son Trío coa pianista e compositora Katia Linke e Susanna Blanco (cello).
Tras o meu album debut, Sonhos, coa banda do mesmo nome, e do disco Mundo Ideal co duo Treme, premiado como mellor grupo galego xove do 2015, decidín comezar o meu proxecto en solitario e gravar este novo disco, algo que quería facer dende fai algún tempo.
Despois de que a nosa campaña co disco Mundo Ideal rematase con éxito, decidín que este é a mellor maneira para min de producir o meu propio album, así como para poder seguir de maneira independente no mundo da música gracias ó voso apoio
Gracias a tod*s por adiantado por comprar o meu (aínda sen nome!) album, por apoiar a música e por escoitar.
Gracias por seguir escoitando e apoiando a música independente!
+ Info
Web: sugarridopombo.com
Facebook: facebook.com/sugarridopombo
Moitas gracias a Finn Richards polas fotos sacadas en Phoenix Park
Fotografía: finnrichards.com
Videos: Moitas gracias a Juan e Jorge de Rodando 73 polos videos
Rodando 73
3 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Noemi Chantada
Vento nas velas!!
Javier Abreu
Noraboa Su !!! ;)
Judith Alonso
Agardando o novo disco que seguro que será marabilloso!! Bicos!