❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

FALPERRYS - nova abordaxe taberneira

Precisamos de vos pra trocar o mundo e ceibar os fumes da vida e do tempo

Falperrys

A project of

Category

Created in

0
seconds
190
Patron
4.995€
From 4.000€
Contribute to the project
View project in Català, Castellano and Euskara

Ola xente:

Somos os Falperrys e resulta que en estos últimos anos de travesía recalamos nos mellores portos coa mellor tripulación e compartimos un feixe de historias que queremos deixar gravadas.

Como indica na portada precisamos de vos pra levar este proxecto a bo porto.

Desta volta editaremos en Vinilo e tamen en CD, ao tempo que reeditaremos o 1º CD pra os que se quedaron sen el.
No disco incluiremos como extra cancións gravadas en acústico, xa que moitos dos nosos concertos son neste formato.

Sobre as recompensas

Botádelle un ollo ás recompensas, esperamos que vos gusten.
Queremos compartir con todos vos estes anos de esmorga e pra nos é un orgullo que levedes estes recordos pra casa.
Oes! as recompensas podémolas variar sempre que entren no rango do seu valor, contacta con nós en caso de dubida.

Todas as recompensas levarán tamén incluída a descarga da música unha vez rematadas as mesturas. Non se descarta a posibilidade de que vaia algún tema extra nas mesmas!

Sobre nós

De bar en bar, de escenarios a galpóns, tocando pola rua, e polo monte, participando en cantos de taberna...
Cantámolles aos bos e aos xenerosos pero tamén ás sombras dos nosos días e brindamos coas novas incorporacións e con vós polos que non están e tamén polos levados.

A mistura das nosas raices galegas coa atitude combativa e os "aires" dos nosos primos da illa Esmeralda fan de nós o que somos.
Se non nos coñeces proba, malo será:
Falperrys facebook
Falperrys en Berlin

A que destinaremos as vosas achegas

A recadación destinarémola a pagar:
- A gravación: 1.200€
- A edición do CD e vinilo: 2.500€
- Producción das recompensas e gastos de envío: 300€
- Gastos asociados, impostos e demais: 400€
Non vos pedimos todos os cartos da inversión xa que nos topamos cunha lámpara marabillosa que cando a frotamos saiu un xenio e nos concedeu tres desexos:
A paz no mundo
Unha caixa de sidra de Marín
E un enchufe en Garageland

Calendario previsto

A previsión é ter rematada a gravación no Nadal , despois unhas seis semanas pra que nos entreguen os discos, e dende ahí (aprox 15 febreiro a 15 marzo) faremos a entregas das recompensas.
Nesas datas programaremos o concerto de presentación do disco, que será en Vigo, pero xa vos iremos informando.

+ Info

As tazas das recompensas poderán ser coas imaxes da Becha ou a Calaca co viño ou as Caliveras danzantes
dependerá dos vosos gustos e as nosas posibilidades

calaca viño
calaca viño

caliveras danzantes
caliveras danzantes

a Becha
a Becha

Coa portada do novo disco levades un anaco de historia, é unha reprodución dunha parte dun cadro pintado en altamar, mentres andaban ao bacallau alá por Terranova, por Ksal, o avó dun dos membros de Falperrys (o disco vale pra colgar na parede tamén jejej)

As novidades que vaian xurdindo publicarémolas no Facebook e tamén por eiquí, non vaia ser que se nos ocurran novas recompensas.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Punkblo

    Punkblo

    almost 2 years

    Avante toda Falperrys!

5€
9 backers
Achega Podrén

Descarga previa do CD
+ unha carta de recomendación pra topar traballo

8€
3 backers
Achega Polisón


1 Cd recén arrincado do mar cunha peza do xeito + unha palmadiña no lombo
Entregámolo na man acordando o lugar, que hai que verse pra tomar algo e falar un pouco señora!

10€
14 backers
Achega Proel

1 Cd recén arrincado do mar cunha peza do xeito + unha palmadiña no lombo
Envío incuido, levaracho Miguel Strogoff se pode, se non, Correos

12€
74 left (of 100)
Achega Patronsiño


1 Vinilo de colleiteiro, de entrada afrutada e retrogusto piruleta + 1 unha copia da reedición do 1º CD
Entregámolo na man nun vira-vira.

15€
19 left (of 40)
Achega Tripulasión


1 CD + 1 copia da reedición do 1º CD + 1 entrada do concerto de presentación do disco que faremos en Vigo meu amigo.

15€
83 left (of 100)
Achega Espesialista


1 Vinilo de colleiteiro, de entrada afrutada e retrogusto piruleta + 1 copia da reedición do 1º CD
Envío incuido, éstos mandámolos por dilixencia (a dos cowboys)

20€
85 left (of 100)
Achega Ofisial de 2ª


1 CD + 1 Vinilo + 1 copia da reedición do 1º CD + unha aperta e un bico de Petetas (esto último non é unha obriga).
Entrega en man que queremos ver a tua cara.

22€
5 left (of 30)
Achega Ofisial de 3ª con recomendasión


1 CD quentiño do forno + 1 supercamiseta con superpoderes da Becha + 1 copia da reedición do 1º CD.

** Envío incluído mediante dron teledirixido, se non despega por paquetería normal.

24€
28 left (of 30)
Achega Ofisial de 2ª xenro do capitán


1 CD + 1 Vinilo + 1 copia da reedición do 1º CD + unha aperta e un bico de Petetas (esto último non é unha obriga).
** O bico e a aperta terás que vir buscalos, o resto irá nun paquetiño ata a túa casa

30€
0 backers
Achega Distribuidores

5 copias do CD para que os podades vender através das vosas distris.
Pan pra todos!!
Gastos de envío incluidos!
a ver dende onde os pedides eh!? os gastos de envío non incluen paises alén do alén

30€
19 left (of 30)
Achega Ofisial de 1ª


1 CD + 1 Vinilo + 1 Camiseta + 1 copia da reedición do 1º CD, e unha invitación pra ver os fogos de Bouzas dende o Castro.
De novo entregámolo na man acordando o lugar.

34€
26 left (of 30)
Achega Ofisial de 1ª matrícula de honra


1 CD + 1 Vinilo + 1 Camiseta + 1 copia da reedición do 1º CD, e unha invitación pra ver os fogos de Bouzas dende o Castro.
** Lévacho voando Saint-Exupéry, se ficas fóra da sua ruta, entón coma as postais de toda a vida.

40€
0 backers
Achega Distribuidores 2

5 copias do vinilo para que os podades vender através das vosas distris.
Pan pra todos!!
Gastos de envío incluidos!
a ver dende onde os pedides eh!? os gastos de envío non incluen paises alén do alén

50€
22 left (of 30)
Achega Capitán


1 CD novo + 1 vinilo + 1 camiseta + 1 cd reeditado + 1 gorro **alucinante **+ 1 taza

300€
4 backers
Achega Contramaestre


1 Concerto en sala (non en festival) bar, etc + 5 CD + 2 vinilos + 1 camiseta + 3 copia da reedición do 1º CD + menciòn especial no libreto do CD
O concerto en formato acústico, salvo acordar outra cousa,
na provincia de Pontevedra.

400€
1 backer
Achega Contramaestre 2


1 Concerto en sala (non en festival) bar, etc + 5 CD + 2 vinilos + 1 camiseta + 3 copia da reedición do 1º CD + menciòn especial no libreto do CD
O concerto en formato acústico, salvo acordar outra cousa,
por Galiza adiante.

18€
30 patrons (sold out)
Achega Ofisial de 3ª


1 CD quentiño do forno + 1 supercamiseta con superpoderes da Becha + 1 copia da reedición do 1º CD.
De novo entrega en man, acordando o lugar.

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.