Para poder interactuar correctamente y obtener el mejor funcionamiento posible de nuestro sitio web, te recomendamos que actualices tu navegador a una versión más reciente o utilices otro como Chrome o Firefox.

¡ Estrenamos nueva web !

...ó que saben os corpos no que dura unha dársena...

...un poemario de amor, isto é: un poemario político...

quico

Un proyecto de

Categoría

Creado en

88%
11
días
51
Mecenas
1.410€
De 1.600€
Aporta al proyecto

O CROWDFUNDING:

Boas a todas, a cousa fíxose derrogar pero por fin eiquí vos presento o proxecto co que pretendo sacar adiante o meu primeiro poemario en "formato clásico", isto é: un libro ben chulo dunhas cantas páxinas perfectamente encoladiñas entre dúas tapas ...ó que saben os corpos no que dura unha dársena... porque o sabor é tacto e o saber, en certo xeito, tamén, resulta moi lindo poder iniciar algo eisí por medio da economía colaborativa, xa que permite ter un contacto directo c@s mecenas, sabendo en cada momento que o que se lle vai ofrecer é a obra que realmente un quere, coas súas virtudes e os seus defectos, e iso sabe moi ben...Unha obra que acaba sendo común, xa non só por ser lida, coma todas, senón porque sen vós sería imposíbel que se materializara...
quico.

O AUTOR:

No 1º Recital da Primaveira, 19/03/17, O Carballiño.
No 1º Recital da Primaveira, 19/03/17, O Carballiño.

O vídeo, gravado e editado por Alexandre Fernández, corresponde á presentación da obra -movimentos- na Taberna do Couto Mixto aló polo agosto do 2016 (ó saxo Alexandre Cabanelas). Eiquí tedes un enlace coa versión dixital destas poesías que se poderían considerar un apunte, ou un apéndice a modo de correo postal, disto que agora vos presentamos en VERKAMI, https://archive.org/details/movimentos

...E algo sobre min, pois eiquí a entrevista completa que me realizaron os compañeiros de News Carba podcast: https://www.youtube.com/watch?v=MzODUh6MnwQ

A OBRA:

Anxo Blas, paragüeiro trovador, musicou nun tema magnífico os tres poemas que serven de fío conductor do poemario que vos queremos presentar. Iste vídeo pertence á presentación do proxecto na Adega Regadas do Carballiño...e Anxo dixo hei!:

...ó que saben os corpos no que dura unha dársena... conta unha historia. Cartografía un mapa. Ausculta un corpo. Abre un hipocampo. Verbalízao todo.

19 poemas a modo de "literatura de aprendizaxe", onde cada un deles funciona coma un pe de páxina a cerca do xa vivido, do que se está vivindo, do por vivir.

19 poemas acompañados por unha serie de ilustracións que procuran comunicarse cos seus versos a través dunha linguaxe propia, é dicir: distinta, ás veces amigábel, outras desafiante. Eisí tamén, varias das recompensas deben considerarse coma parte integrante da obra, a cal racha, diste xeito, cos lindes físicos do poemario pra acadar diferentes texturas (entre elas, destaca, sen lugar a dúbidas, a camisola contra a violenza machista...afianzando a dupla estética/ética que percorre o proxecto por enteiro. Xa no limiar anúnciase:

"...quen non comprenda que é no poema de amor
eilí onde se concentra a máis radical das poesías
políticas é porque non comprende nin que
se xoga no amor nin ó que tende a política...")

"...ó que saben os corpos..." conta coa colaboración inestimábel de Eladino Cabanelas, "comandante en xefe" do selo de deseño gráfico/papelería OZOCOgz, na maquetación e na ilustración da portada. Da impresión encargarase Arimgraf S.C.

AS ACHEGAS:

O obxetivo principal concentrarase en paliar os custos de impresión dos 400 exemplares que nos fixamos de meta; as camisolas, un total de 50 repartido entre as diferentes recompensas das que estas forman parte, ocupan o segundo lugar do presuposto; o restante dirixirase a cubri-los gastos relacionados coas demais recompensas (marca páxinas, postais, estancias...), excepto unha pequena partida coa que se apoiará minimamente o desprazamento de cara as diferentes presentacións que se realizarán.

Se, con moita sorte, se chegase a supera-lo mínimo fixado pró financiamento, gustaríanos aumenta-lo lote de camisolas pra recadar un fondo que se doaría a unha Asociación Contra a Violenza Machista (inda a contactar) logo de ter acordado con ela o prezo das mesmas.

IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO será a ONG que colabore co tema das camisetas no caso de poder destinar unha partida a este proxecto. Colaborade!http://www.implicadas.net/
IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO será a ONG que colabore co tema das camisetas no caso de poder destinar unha partida a este proxecto. Colaborade!http://www.implicadas.net/

Pouco a pouco, iremos expondo as diferentes posibilidades pra recoller as recompensas. Naquiles casos que se opte polo envío a domicilio, os custos correrán a cargo d@s mecenas; atendendo ás tarifas de Correos e ó empaquetado, iste gasto presenta as seguintes relacións:
-Envío da camisola: 3'20 euros.
-Envío do libro + postal + camisola: 3'20 euros.
-Envío do libro + cd: 3'20 euros.
-Envío do libro + postal + camisola + cd: 5 euros.
-Envío de 2 libros + 2 postais + 2 camisolas: 6 euros.
As recompensas que conteñan a botella de viño tentarase entregalas sen recorrer ó envío postal co ánimo de evitarlles un gasto excesivo @s mecenas, acordando previamente a maneira co autor. Polo mesmo, tamén, na medida do posíbel tratarase de habilitar en tódolos casos puntos de recollida.
(*Eiquí exponse a relación dos gastos de envío respeito das recompensas cun máximo de mecenas, as restantes aparecen directamente no muro da dereita.)

AS RECOMPENSAS:

@s mecenas que se sumen a iste crowdfunding poderán gozar dunhas recompensas ben variadas:

  • Postais ilustradas polo autor.
  • Tódolos poemarios acompañados dun exclusivo marca páxinas.
  • Camisolas (unisex) contra a violenza machista cun debuxo orixinal.


- O disco "Atlas de anatomía" de Roberto Sobrado grupo e o "Perspectivas" de 4Mal Quartet Jazz, compañeiros constantes de diversas batallas.

  • Unha botella de viño etiquetada cun poema que non constará no libro sobre un tema tan en boga coma o da maridaxe.
  • Unha cea na Adega Regadas con viño e queixos, pra afondar no anterior.

  • Unha estancia no Hotel Rústico Aldea Figueiredo, San Amaro, pra seguir afondando ate o inimaxinábel.

CALENDARIO:

Tanto os textos coma a maquetación virtual da obra xa están rematadas, eisí coma unha proba física da mesma, polo que as recompensas das que teñamos un control directo
tentarán entregarse nun prazo breve en relación á conclusión e presentación definitiva do poemario; no correspondente á cea na Adega Regadas e á estancia no Hotel Rústico Figueiredo, as datas fixaranse entre @s mecenas, a dirección dos establecementos e o autor.

+INFO

As novidades que vaian aparecendo (info., sorpresas, etc.) iranse dando a coñecer nesta mesma páxina e/ou na páxina de facebook: https://www.facebook.com/canetadepoeta/

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

0 comentarios

Si ya eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

#05 / IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTE "CORTAN O MACHISMO DE RAÍZ"

...síntome enormemente contento de anuncia-la miña colaboración co a ONG IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO, que dende a Galiza opera cunha perpectiva feminista a nivel internacional pra activar políticas de xénero que dinamicen o papel da muller, empoderándoa fonte os sistemas patriarcais que cercan todo o globo...eisí que, xa sabedes! se superámo-los 1600 poderemos destinar unha partida a imprimir máis camisolas "cortemos o machismo de raíz", das cais podedes ve-lo modelo nesta mesma páxina, pra que o que se recade coa súa posterior venda vai destinado a elas, ás IMPLICADAS!
UN SAÚDO,
quico.

#04 / ANXO DIXO HEI!

XA TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN O VÍDEO DE ANXO BLAS AMENIZANDO A PRESENTACIÓN DO CROWDFUNDING NO REGADAS!!!!HEI HEI HEI!!!!

#03 / ...A CASA DAS CRECHAS PRÁ FESTA DE PRESENTACIÓN...

Xs amigos da Casa das Crechas súmanse pra axudarnos no crowdfunding: por fin vos podo anunicar que a festa de presentación en Compostela será nun dos locais máis emblemáticos do país...cun montón de sorpresas e invidatos de luxo...lembrade que pra poder asistir tedes á vosa disposición unha recompensas que consiste no pase pró evento + un libro + postal por 20 euriños...asinaranse os exemplares no mesmo acto...APERTAS GRANDES...SEGUIMOS!
quico

#02 / ...o carpinteiro...

...isto pinta moi ben...emocionante a resposta que está tendo isto...LEMBRADE MIRAR NA DESCRIPCIÓN DO PROXECTO A RELACIÓN DOS GASTOS DE ENVÍO, todas aquelas que vos decidades por esta opción...
adxunto un petisquiño da obra: ** o carpinteiro ** é o poema co que arrancamos da dársena...quico

5€
2 Mecenas
-Postal orixinal asinada polo autor.

*Tódalas recompensas que conteñan a postal estará asinada.

6€
0 Mecenas
-Postal orixinal asinada polo autor, con envío a domicilio.

*A concretar co autor.

12€
Quedan 18 (de 20)
-Camisola contra a violencia machista diseñada polo autor.

*Envío a domicilio opcional a concretar co autor.

12€
Quedan 19 (de 20)
-Botella de viño cun etiquetado do autor.

*Todas aquelas recompensas que inclúan a botella levarán o seu etiquetado correspondente.

12€
18 Mecenas
-Poemario asinado polo autor + marca páxinas orixinal.

*Todas aquelas recompensas que inclúan o libro, iste estará asinado e levarán o seu marcapáxinas correspondente.

15€
1 Mecenas
-Poemario + postal.

*

15€
0 Mecenas
-Poemario + marca páxinas, con envío a domicilio.

*A concretar co autor.

18€
1 Mecenas
-Poemario + postal, con envío a domicilio.

*A concretar co autor.

20€
Quedan 28 (de 30)
-Pase prá presentación do poemario en Santiago de Compostela + poemario + postal.

*O 21 DE DECEMBRO NA CASA DAS CRECHAS celebrarase a festa de presentación en Santiago de Compostela. As mecenas que se decidan por esta recompensa poderán recoller iste día o seu poemario asinado "in situ" polo autor.

22€
Quedan 7 (de 10)
-Poemario + postal + botella de viño.

*

22€
Quedan 6 (de 10)
-Poemario + postal + camisola.

*Envío a domicilio opcional a concretar co autor.

22€
Quedan 5 (de 5)
-Poemario + postal + disco de 4Mal Quartet Jazz, "Perspectivas".

*Envío a domicilio opcional a concretar co autor.

22€
Quedan 4 (de 5)
-Poemario + postal + disco de Roberto Sobrado grupo, "Atlas de anatomía".

*Envío a domicilio opcional a concretar co autor.

30€
Quedan 3 (de 5)
-Poemario + postal + disco "Atlas de anatomía" + camisola.

*Envío a domicilio opcional a concretar co autor.

30€
Quedan 3 (de 5)
-Poemario + postal + disco "Perspectivas" + camisola.

*Envío a domicilio opcional a concretar co autor.

32€
Quedan 8 (de 10)
-2 poemarios + 2 postais + botella de viño.

*

45€
Quedan 2 (de 5)
-2 poemarios + 2 postais + 2 camisolas.

*Envío a domicilio opcional a concretar co autor.

50€
4 mecenas (agotada)
-Cea pra dúas persoas na Adega Regadas consistente nunha táboa de queixos e unha botella de viño + 2 poemarios + 2 postais.

*Data a acordar entre as partes. As mecenas que se decidan por esta recompensa poderán recoller iste día o seu poemario asinado "in situ" polo autor.

60€
1 Mecenas
-Especial pra librarías, tabernas e asociacións culturais presentación do poemario + 5 poemarios a depósito.

*Datas a acordar entre as partes.

160€
2 mecenas (agotada)
-1 noite con almorzo incluído no Hotel Rústico Aldea Figueiredo pra 2 persoas + 2 poemarios + 2 postais + botella de viño.

*Data a acordar entre as partes.

Las cookies nos ayudan a ofrecer nuestros servicios. Al continuar navegando aceptas su uso.