❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

4Mal Quartet Jazz Perspectivas

4Mal Quartet Jazz estamos á procura de mecenas para poder lanzar o noso primeiro disco. É un proxecto cheo de ilusión e de ganas de dar a coñecer o noso traballo.

4Mal Quartet

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
89
Aportaciones
2.076€
De 2.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Quen somos


Para explicarche ben o noso proxecto primeiro temos que empezar por contarche quen somos.

4Mal Quartet Jazz somos un cuarteto de jazz nado no ano 2015 a partir do dúo Pardedous, este último nado no 2009 da man de dous amigos músicos que deciden ampliar horizontes.

Pardedous temos actuado en diversos lugares, tanto con concertos como amenizando actos. Algúns dos lugares máis importantes nos que temos actuado son:

  • O Carballiño: Eira de flores, Pub JazzMin, Café Moma, Bodegón o

Pazo, Pub Tía Nona, Pub Sete Flores, Praza das Monxas
(colaborando co Xociviga), Casino do Carballiño, Praza Maior,

Auditorio Municipal.

  • Ribadavia: Pub Aljama, Museo etnolóxico, coa asociación Por

un ribeiro poético.

  • Allariz: Semana Santa ao vivo (dúas ocasións), Fundación

Vicente Risco (colaborando con OZOCOGz).

  • Pazo da Almuzara (colaborando con OZOCOGz).

  • Ourense: Tetería Grándola, café Jam Session.

  • Tangaraño Cultural (dúas ocasións).

No 2013 decidimos unirnos ao poeta carballiñés “Quico” Valeiras nun novo proxecto chamado PARDEDOUS+UN, que consistía nunha fusión de música e recitado poético. Este espectáculo foi representado en catro ocasións, e as catro con diferente temática.

No ano 2015 probamos a ampliar a formación e ver que pasaba, uníronse a nós un contrabaixista e un batería. Comezaron os ensaios e todo mellorou.

Dende aquel ensaio comezamos a dar concertos por toda Galicia, en Ourense (El Cercano), O Carballiño (Loft 27, La Parada), Allariz (Pub Orballo), Vigo (De Catro a Catro), Pontevedra (A Taberna do Jazz), Ribadavia (Pub Aljama), Santiago (Taberna do Couto Mixto), Arca da Noe etc.

Aquí tes algúns enlaces para que poidas vernos e escoitarnos:



Despois de todo isto pensamos: "Porque non sacamos un disco para que a xente poida escoitarnos nas súas casas?". E niso estamos hehe.

O Proxecto


O noso proxecto consiste na gravación do noso primeiro disco de estudio, formado por 10 temas, algúns deles de composición propia e outros versións de standards de jazz sen dereitos. Pero para nós non é unha simple gravación, senón o resultado de moito esforzo, traballo e dedicación.

Porque queremos sacar o disco agora?


Porque cremos que este pode ser o primeiro dunha discografía, e sobretodo para dentro duns anos sentirnos orgullosos do traballo e do esforzo que estamos realizando para levar a cabo este proxecto.

A qué destinaremos a túa aportación


Todas as aportacións serán destinadas a pagar a gravación, masterización e a impresión de todas as copias dos discos.

A gravación realizarase nos Estudios A Ponte, en Santiago de Compostela.

Os deseños do CD irán da man de OZOCOgz.

A impresión e o packaging farase en Imgrafor.

As recompensas


Colaborando con nós fas posible que saquemos o noso primeiro disco e adquírelo antes que o resto.

As recompensas son as seguintes:

  • O disco en formato dixital para que o poidas disfrutar en calquera dispositivo.

  • O disco en formato físico.

  • O disco en formato Vinilo, para os máis nostálxicos.

  • Entradas para un concerto innesquecible, no que contaremos con convidados especiais (máis detalles abaixo).

  • Unha noite para dúas persoas no "Hotel Rústico Aldea de Figueiredo"

  • Camisola "Feito/a na Galiza" de OZOCOgz.

  • Concerto privado onde ti o decidas. Pódesnos levar a onde a ti máis che guste, á túa casa, ó teu bar, etc. e darémosche un concerto.

Para as recompensas que non sexan entregadas o día do concerto establecerase un punto de recollida.

Calendario previsto


O noso crowdfunding remata a primeira semana de agosto. Durante o tempo que estemos co crowdfunding vanse rematar os deseños do packching do CD e do Vinilo. A primeira quincena de Setembro iremos aos estudios a gravar e as recompensas serán entregadas no concerto de presentación que terá lugar no Carballiño a última semana de Setembro ou a primeira de Outubro.

Concerto de presentación


A última semana de Setembro ou a primeira de Outubro daremos un concerto de presentación do disco, no que che entregaremos a túa recompensa por colaborar con nós.

Pero non vai ser un concerto normal!

Imos contar con Roberto Sobrado que interpretará uns cantos temas dos seus últimos traballos, e tamén con Tomás Lijó, integrante de Os da Ría que nos acompañará como presentador. E por suposto 4Mal Quartet.

O concerto terá lugar no Auditorio Municipal de O Carballiño.

+ Info


Aquí che deixo as nosas redes por se che surxe algunha dúbida con respecto ao noso proxecto, ou por se che apetece falar con nós.

Facebook
SoundCloud
Web

Gmail:

[email protected]

[email protected]

[email protected]

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

1 comentario

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • quico

    quico

    más de 6 años

    CASE CASE, EÍ VEN O JAZZ

#01 / Obxectivo acadado!

Ola!! Acadamos o noso obxectivo! Moitas grazas a todos polo vosa axuda e o voso apoio! Agora toca seguir traballando para entregarvos a vosas recompensas!! Grazas!!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies