❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Lucas Ferro Caaveiro. A auténtica rebeldía galega

Lucas Antonio Ferro Caaveiro alcanzou a gloria rematando e inaugurando a fachada da catedral de Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro en 1750. Mantivo os seus criterios ideolóxicos e estéticos, non se doblegou e por iso morreu na pobreza. Contamos a súa biografía nunha banda deseñada.

Son Radiofusión

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
35
Aportaciones
2.303€
De 2.297€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

Unha banda deseñada sobre historia e arquitectura

Queremos editar unha banda deseñada coa biografía de Lucas Antonio Ferro Caaveiro, o arquitecto que rematou a fachada da praza do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela. Grazas a él é unha das prazas máis fermosas do mundo. Construiu a Casa do Concello de Lugo, a primeira das casas consistoriais das cidades galegas cun carácter monumental. Contribuiu ao perfil de Santiago como cidade barroca. Pero foi un rebelde, non agachou a cabeza diante da monarquía dos Borbóns nen da xerarquía eclesiastica. Por iso morreu na pobreza.

Características técnicas

O libro imprimiráse a toda cór con 46 páxinas (19 x 27 cm) e tapa dura. Conta unha historia centrada no momento actual cunha finalidade divulgativa da historia de Galicia. Tres persoas fan o camiño de Santiago. Falan da serie de televisión "Breaking bad" e tamén da biografía e da obra arquitectónica de Lucas Antonio Ferro Caaveiro.

Os autores

Henrique Manuel Sanfiz Raposo (Licenciado en Xeografía e Historia e director de Radio Fene Radiofusión) elaborou o texto e Carlos Sardiña (debuxante autor entre outros da banda deseñada sobre Alexandre Bóveda) realizou os debuxos cun relato actual duns camiñantes a Santiago. Mentras andan falan da serie considerada a mellor da historia da televisión e tamén da biografía de Lucas Ferro Caaveiro.

Quen somos

Son Radiofusión é a asociación de amizade coa radio local. Cremos en Galicia, pensamos galego e queremos darlle voz á xente que padece inxustizas de todo tipo en calquera parte do mundo. A asociación apoia ás emisoras municipais galegas e ten editado outras publicacións con verkami, como a banda deseñada sobre Alexandre Bóveda e o libro sobre a historia da construción naval "Perlío no pasado".

Calendario previsto

A finais de maio contamos con editar o libro e o enviaremos ao domicilio dos mecenas na primeira quincena de xuño.

+ Info

Facebook Son RadioFusión
Twitter RadioFusión

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

#02 / Moitas grazas

Moitas grazas, mecenas de Lucas Ferro. Co teu apoio, logramos o obxectivo marcado. Hoxe mesmo encargamos a banda deseñada na imprenta que esperamos ter connosco nun prazo de quince dias. Poñeremonos en contacto contigo para ver a forma de entregarche as túas "recompensas".

Grazas de novo

#01 / Ultimas horas para a adquisición da BD sobre Ferro Caaveiro

Quedan poucas horas para que sexa posibile a adquisición da banda deseñada coa biografía de Lucas Ferro Caaveiro, o "arquitecto rebelde". Facendote mecenas colaboras coa recuperación da nosa historia e ao tempo faste cunha publicación coidada, fermosa e que será unha fachenda en calquera vivenda, biblioteca ou colexio.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies