En Raiba comezamos a gravación do novo traballo MARXINACIÓN. Cuarto disco da banda, gravado e co-producido por Iago Pico en Pousada Sons Studios.
Neste 2017 voltamos á carga cheos de forza. Despois de "Por Vivir" (2011), "Versos de Revolta" (2014) e "Historias na Pel" (2016) chega MARXINACIÓN, un paso máis na evolución natural da banda e da consolidación dentro de panorama musical galego, mostra disto é que acabamos de ser elexidos "finalistas dos IV Premios Martín Códax da Música 2017".
O disco sairá en maio e irá acompañado dunha festa-presentación na Capitol (Compostela), xunto con dúas bandas convidadas. Agardamos vervos a tod@s ali!
Que faremos cas vosas aportacións?
Como xa sabedes, un disco ten moitos custos: gravación, master, videoclip, deseño, fabricación, merchan, cartaces...
Nós pedimos só unha parte de todo o que precisamos para sacalo adiante. En agradecemento ao voso apoio intentamos facer unhas recompensas curradas, de boa calidade e cuns prezos moi interesantes, que de seguro vanvos prestar!
Calendario previsto
En maio MARXINACIÓN xa estará rematado e preparado para sair. A idea que temos é comezar a facer os envíos das recompensas unha vez se teña chegado ao obxetivo, inda que a campaña de Verkami non rematase.
O venres 19 de maio faremos o CONCERTO DE PRESENTACIÓN do disco na sala Capitol de Compostela. Tamén tocarán PITO DE PIKASSO e os ESQUÍOS. Alí tamén entregaremos as recompensas dos que queirades.
+ Info
web : raiba.gal
facebook
youtube
twitter
Contratación: 622 127 750 | 646 226 276
E-mail: [email protected]
2 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Raiba
Author
Boas Carlos,
Moitas grazas por interesarvos en Raiba. Efectivamente, de momento temos libre o 14 de outubro. Podes contar coa data. Se queres podes contarnos máis cousas do evento a través de [email protected] ou no teléfono 622127750
Unha aperta! :)
carlos
Ola
Son Carlos da libraría Aira das letras de Allariz. Formamos parte do Poemagos (festival de poesía que se fai en outubro organizado pola Fundación VIcente Risco). Se tedes libre o 14 de outubro aportaríamos os 500 euros. Xa me diredes.