2015 — VERKAMI: 5 años haciendo historia del crowdfunding
×
Proyecto en CastellanoGalego

Descripción del proyecto

Que é e que non é?
Galician Bizarre non é nin pretende ser unha escena musical nin un coletivo nin unha empresa de xestión musical. Despois dun primeiro volume e desde o máis absoluto underground xuntámonos periodicamente artistas das diferentes bandas galegas con etiqueta bizarre, para sacar discos e facer concertos dos grupos do país que máis nos fan vibrar dentro dunha ampla gama de estilos pero cun trasfondo similar: galegos e bizarros. Somos xente que comparte experiencias musicais no mesmo lugar, na mesma época e con certa tendencia cara ao bruterío musical.

Que queremos facer (e faremos)?
Editar un disco compilatorio de 18 cancións inéditas compostas e interpretadas por 18 bandas galegas. Farase unha tirada mínima de 525 copias en vinilo de 12”.

Que bandas participarán nesta edición?
Como saberás (e senón contámoscho), a presente é a segunda entrega do compilatorio Galician Bizarre e unha das súas características diferenciais é que non recunca ningunha das bandas que participaron no primeiro disco de 2010. Os grupos participantes no Galician Bizarre II cunha canción inédita cada un serán: Alarido Mongólico (A Coruña / Ferrol), Carrero Bianco (Ferrol), Christ Divides (Vigo), Fantasmage (Vigo), Fluzo (Compostela), Lobishome (Montalvo), Los Televisores (Poio / Chantada), Los Thyssen (O Grobe), Mano De Obra (A Coruña), Mullet (Lugo), Pastillas Mamut (Lugo), QVEK (Louro / Londres), Sr. Anido (Milladoiro), Terbutalina (Ventín / Esteiro / Muíño do Vento), Tetra & Freek (Compostela), Tora Tora Tora! (Pontevedra), Trajano! (Dodro / Madrid) e Wild Balbina (Vigo).

Como o imos financiar?
O financiamento do disco e das copias levarase a cabo mediante un sistema de crowdfunding ou micropatrocinio. Se estás interesad@ en facerte cunha copia e apoiar activamente a iniciativa deberás mercar o disco de xeito anticipado ao prezo reducido de 10 euros, converténdote en coprodutor/a do proxecto. Cómpre que quede claro tamén que ningunha banda nin participante cobrará un peso polo seu traballo. O recaudado por medio do sistema de crowdfunding irá destinado única e exclusivamente á fabricación das copias. Unha vez fabricadas, faremos que chegue o pedido ao teu fogar ou ao lugar indicado da túa aldea, pobo ou cidade para que o recollas. Ollo! Non se venderán máis discos que os anticipados, polo que se queres adquirir unha copia só poderás facelo de xeito anticipado. Os discos sobrantes irán encamiñados á súa propia difusión e ao uso e difrute das bandas participantes. Por outra banda, con este sistema de financiamento será posíbel fixar a oferta de copias á demanda real delas, sendo a cantidade mínima para a viabilidade do proxecto 250. É dicir, se non se venden 250 copias o proxecto non irá adiante e os cartos cos que o apoiaches volverán automáticamente á túa conta bancaria.

Bandas galegas bizarres II

Alarido Mongólico
Alarido Mongólico saíu da cona dunha relación entre dous grandes amantes: Joel e máis Andrés; e a súas influencias poderían definirse en champú, o transporte público, bragas ensanguentadas, o nudismo, o fascismo italiano, a terceira idade, Schopenhauer, os xarséis oitenteiros, o casio, o protopunk, as enfermidades venéreas, o quentamento global, a imbécil preadolescencia, os percebes, as drogas, La Oreja de Van Gogh e o pop.

Carrero Bianco
Carrero Bianco está formado por Tony Cable, Erika, Joaquín Bianco “Quincho” e Sergio Bianco. Eles definen o seu son como a nova onda dentro da nova onda e a crítica non deixa de definilos como naif, lo-fi e new wave; o que si está claro é que, por riba de todo, a súa música é electro-pop.

Christ Divides
Christ Divides é un dúo de rock alternativo procedente de Vigo que destaca pola súa xuventude, potencia e facilidade para facer que o público se entregue e baile ao ritmo das súas cancións. Hiram O. Lugosi (batería/voz) e Christian Sen (guitarra/voz) xuntáronse en setembro de 2011 tras concidir con anterioridade noutros proxectos. Os seus temas misturan o son suxo do garage punk, as melodías pegañentas do pop e un toque de grunge. A súa primeira e última referencia é un epé titulado “Holy Ghosts” (2012).

Fantasmage
Garage punk tóxico co dúo vigués de guitarra e batería. Formado en maio de 2011 por Nico (ex-Indómitos) e Andrés (ex-Anenome), Fantasmage chupa de influencias tan diversas coma os Stooges, Dinosaur Jr., Oblivians e pop español, por citar algunha. Están a medio camiño entre a ferocidade punk e a frescura xuvenil, cun son escuro e suxo pero altamente enérxico e con certa sensibilidade pop. Poderíanse emparentar musicalmente con bandas actuais como The Black Angels ou Thee Oh Sees.

Fluzo
Nunha escena tradicionalmente homófoba como é o rap, ver a tantos artistas facendo mariconadas é unha paradoxa.
Se eu digo Fluzo, ti dis "toma rap!!"
Proposta amiga pero non amable. Teñen máis taberna ca os polvos do viño branco.

Lobishome
Lobishome é un power-trío moi macarra que practica unha mistura de punk, garage e surf, coa que pariron un bastardo malcriado con moi mala baba. Son de Montalvo, nas Rías Baixas, e entre algúns dos moitos grupos que lles cunden están The Fall, Joy Division, Cock Sparrer, The The Intelligence e Thee Oh Sees; e outros máis achegados coma Humbert Humbert, Fabuloso Combo Espectro, Metralletas Lecheras ou Telephones Rouges.

Los Televisores
Grupo under de punk pop. Javi á batería, Lúa ao baixo e Luis á guitarra.

Los Thyssen
¡Novidade! Espectaculares noviños galegos recén chegados ao noso piso relax. Quentes coma o lume. Atrativos, morbosos, xoguetóns, dotadísimos... Gozarás momentos inolvidabeis. Auténticos Porno Stars. Fogosos, salvaxes, peludos. Compañía exquisita! Sexo sen límites. Membro sempre duro. Festas privadas. Desplazamentos 24h. 803 245 069. O teu desexo feito realidade!

Mano de obra
Mano de Obra é unha agrupación musical afincada en Marineda City (Reino da Coruña). Eles son Coco Lens (amado líder, baixo e voz), Víctor García (master troll e teclas) e Alberto Vázquez (ariobot e percusión) e ata o momento teñen publicaron dúas maquetas: Imperio Cobra e Cámara de Cría. Gústalles a música de 1880, os centros comerciaies, las praias contaminadas, as críticas destrutivas, roubar códices, as estructuras piramidais, a soma, as relixións politeístas e los nenos (por ser o futuro). Actualmente están a gravar a súa terceira maqueta.

Mullet
A música de Mullet non se rixe por ningún criterio concreto. A música de Mullet non se rixe por ningún criterio abstracto. A música de Mullet non se rixe, a Dios gracias. Tocan todos os paus que se deixan tocar e fan, en definitiva, o que lles ven en gana: o que lles enche e o que lles valeira. Por iso en Mullet non hai roles, so casio. E xúbilo, que nunca falte o xúbilo!

Pastillas Mamut
Pastillas Mamut coñecémonos en El Egipto, un afamado garaxe reconvertido en after da cidade de Lugo. Ningún de nós daba un duro porque isto chegase a algures. Caiámonos fatal. A situación non mudou moito, pero o Concello puxo uns cursos de convivencia que nos axudaron bastante. Facemos zapatilla-rock ou techno-garage, xéneros inventados por nós fai un par de anos, antes de que o Internet chegase a Lugo. Odiados na nosa cidade e amados no extrarradio, Pastillas Mamut utiliza a súa música para apoiar causas sociais, como a coñecida campaña “Pastillas Mamut, por un teletransporte digno”.

Qvek
Qvek é máis sucio, máis rápido e máis punk. Qvek é nihilismo musical... se eso existe, claro. Os seus temas, gravados nun catro pistas de casete, mostran un lo-fi sen nada de efectos. Un son natural e rebelde que non busca engatusar ao oínte, senón golpealo con crudeza. Qvek é o proxecto en solitario que Carlos Abeijón comezou na xélida Londres. Unha vía de escape perfecta para dar renda solta ás alucinacións sensoriais dun músico emigrante, capaz de fusionar o lado máis tolo e arroutado tanto do flemático Reino Unido, como da acolledora Galiza.

Sr Anido
No ano 1999 comeza Rafa desde o Milladoiro a gravar as suas maquetas, un amigo véndelle un 4 pistas a bo prezo e el escomenza a experimentar misturando todos os estilos que lle gustan. Ao longo das súas 17 maquetas pódese escoltar punk, garaxe, electrónica, experimental, ambient e moitos outros estilo que fascinan a este avanzado ao seu tempo, que improvisa nun idioma inventado, enchendo a súa música de loops e delays.

Terbutalina
Entrar no bar dan de cear e ti pides de cear hai menú do que sobrou do mediodía míraslle as tetas á camareira portuguesa pides un prato de arroz con coello non pides sobremesa pides unha birra no bar entra un pouco de vento e despois entra un neno subnormal ao que lle cae baba polo papo o neno colle la voz de galicia ao neno subnormal comeza a caerlle baba sobre o xornal o neno subnormal estache rebentando a cea o neno subnormal babea sobre as novas de mentira de la voz de galicia o neno colle a capa da merda de xornal que é la voz de galicia e pégaa contra a cara entra algo de vento e despois entra o pai láscalle unha hostia PAS! na cabeza o neno subnormal dá noxo velo chorando e formando unha pasta de bágoas babas e papel de xornal na cara acabas o prato de arroz acabas a birra tampouco queres café non deixas propina mercas tabaco miras a través da fiestra e saes á rúa en quince minutos recóllente para ir ao concerto da Terbutalina.

Tetra & Freek
Tetra & Freek son un power-trío renovador da música. Considerando que a estulticia ocupou a gran maioría da música que soa en radios e bares, estes bravos rapaces xuntáronse para crear unha nova corrente musical. Rememorando as orixes do punk, nas que a mensaxe e maila atitude eran máis importantes que a destreza musical, os nosos mozos debutan co seu propio xénero: o Ponk, no que a atitude segue a ser o fundamental e a destreza… digamos que algo diso tamén hai.

Tora! Tora! Tora!
O son Tora! Tora! Tora! comeza a forxarse entre as paredes da "Pollería", os locales de ensaio ás orillas del Lérez (Pontevedra). Sergio Vidal, Alejandro Simón, Daniel Lovelle e Santiago Rodríguez son os compoñentes desta banda que, tras gravar a súa primera e única maqueta "Alfabeto Eléctrico", conseguiron colarse terceiros na lista de mellores demos de 2011 da edición galega da revista Mondosonoro.

Trajano!
Trajano! é unha aberración cromática dos gustos musicais de catro individuos moi diferentes entre si, onde o nexo de unión é a destilación, mistura e fermentación dos grupos que lles foron marcando. O grupo xorde da idea dos galegos Lois Brea (guitarra e voz) e Juan Cea (guitarra) de compoñer melodías escuras misturadas con guitarras brillantes. Pouco despois únense á formación Carlos Mun (Valladolid) á batería e Álvaro Naive (Madrid) aos teclados. É entón cando se crea Mono e se fai unha gravación caseira na cociña do piso de Lois. Trajano! está no proceso de produción do seu primeiro epé gravado en Galicia e producido por Roberto Mallo e son semifinalistad do proxecto demo de Rtve.

Wild Balbina
Películas de Marisol + palmeritas de chocolate + reverb spring + Vigo Galician Venice Beach + Poison Ivy + cumbia + DIY + Rah Rah + Liqueur café da casa + Esperanza Gracia + ensaios a portas abertas + xermes. Wild teen-punk-surf recén saído dos ghetos más perigosos de Vigo.

Nota: Os textos foron ideados polos propios artistas, sendo adaptados algúns deles para a ocasión.

 

Comparte el proyecto con tus amigos

Publica el widget del proyecto
Selecciona el tipo de widget que más encaja con tu web. ¡Es solo copiar y pegar!


Preguntas y respuestas(2)

  • Ola, o disco vai ser editado baixo licenza Creative Commons? Ou, pola contra, parte do achegamento ou do custe das copias, aínda que só sexa un céntimo, pode ir parar a algún tipo de entidade de xestión? Grazas.

    hecha por Matías Nicieza

    O disco editarase baixo licenza creative commons. Grazas

  • Enhorabuena! Me pareció genial la idea de que os juntaseis tan buenas bandas para sacar un disco y encima en vinilo! Por eso me decidí a colaborar. Me alegro mucho de que se haya conseguido :)

    hecha por kncicely

    Gracias por el apoyo!!

Si quieres saber más pregúntale al autor

Galician Bizarre II

Galician Bizarre II

Conseguidos3.081€
de2.500€
100% conseguidos Conseguido!
Galician Bizarre II será un disco recopilatorio de 18 canciones inéditas compuestas e interpretadas por 18 bandas galegas. Después del éxito del primer volumen sufragado íntegramente por las bandas participantes, se propone la financiación colectiva de esta 2ª entrega a través de crowdfunding.
Galician Bizarre II será un disco compilatorio de 18 cancións inéditas compostas e interpretadas por 18 bandas galegas. Despois do éxito do primeiro volume sufragado integramente polas bandas participantes, proponse o financiamento coletivo desta segunda entrega a través dun sistema de crowdfunding

¡Gracias! Esta campaña de crowdfunding terminó el 14 de Mayo de 2012.

 
  • Aportando 10€
    118 Mecenas

    Copia en vinilo do GB II que deberás recoller nos seguintes puntos de distribución: Honky Tonk (Vigo), Discos Noni´s (A Coruña), A Reixa (Compostela) O gato gordo (Pontevedra), Totem (Lugo), Commercial Records (Madrid) Luchador Records (Barcelona)

  • Aportando 14€
    29 Mecenas

    Copia en vinilo do GBII + envío á túa dirección postal dentro do estado español

  • Aportando 24€
    20 Mecenas

    2 Copias en vinilo do GBII + Envío á túa dirección postal dentro do estado español

  • Aportando 45€
    4 Mecenas

    5 Copias en vinilo do GB II que deberás recoller nos seguintes puntos de distribución: Honky Tonk (Vigo), Discos Noni´s (A Coruña), A Reixa (Compostela), O gato gordo (Pontevedra), Totem (Lugo), Commercial Records (Madrid), Luchador Records (Barcelona)

  • Aportando 55€
    1 Mecenas

    5 Copias en vinilo do GB II + Envío á túa dirección postal dentro do estado español

  • Aportando 80€
    1 Mecenas

    10 Copias en vinilo do GB II que deberás recoller nos seguintes puntos de distribución: Honky Tonk (Vigo), Discos Noni´s (A Coruña), A Reixa (Compostela), Commercial Records (Madrid), O gato gordo (Pontevedra), Totem (Lugo) Luchador Records (Barcelona)

  • Aportando 90€
    0 Mecenas

    10 Copias en vinilo do Lp GBII + envío á túa dirección postal dentro do estado español

  • Aportando 350€
    2 Mecenas

    20 Copias en vinilo do Lp GBII + Concerto de Sr. Anido

¡Gracias! Esta campaña de crowdfunding terminó el 14 de Mayo de 2012.

 

Autor/a del proyecto

Foto de Galician Bizarre
Galician Bizarre
Recopilatorio de bandas galegas e bizarras Leer más
Galician Bizarre tiene 0 proyectos más en verkami. Puedes encontrar más información en http://www.galicianbizarre.biz