❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

"O Arame" (The Tightrope) Unha ópera galega chega ao Reino Unido!

XOGA é unha plataforma de artistas para representar obras novas e obras esquecidas coa intención de crear unha identidade dramático-musical galega, promovendo o talento feminino e xuntando audiencias de diferentes xeracións e estratos sociais. O noso primeiro proxecto é "O Arame" de Juan Durán.

XOGA

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Oxford, Reino Unido
0
segundos
75
Aportaciones
2.685€
De 2.500€
Aporta al proyecto
Ver proyecto en English

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

Somos XOGA e por primeira vez traemos unha ópera galega a Inglaterra!

Precisamos da túa axuda para facer historia!

"O Arame" é unha das poucas óperas escritas en galego.

A nosa representación o día 10 de xuño do 2017 en Oxford é un evento sen precedentes. Non é só a estrea no Reino Unido desta obra senón tamén a primeira vez que unha ópera Galega en galego se representa fóra de España!

Este proxecto nace da nosa paixón por promover unha lingua minoritaria, o galego, como vehículo de expresión artística.

@s Artistas

Somos moi afortunados de contar cun equipo entusiasta e multicultural. No corazón de XOGA están dúas galegas: Tamara Lorenzo Gabeiras (fundadora e directora musical) e Lorena Paz Nieto (soprano) interpretando a personaxe feminina.

Cecilia Stinton, natural de Oxford, é a directora de escena; e o italiano Fran Mangiacasale, ademais de actuar como bailarín, ocúpase da coreografía do espectáculo.

Interpretando o papel de Labarta temos ao barítono de Irlanda do Norte Malachy Frame. A bailarina Marysol Martin del Castillo, de Granada, dá vida xunto co bailarín Fran ás figuras ilusorias a través do movemento.

Convidámosvos a unirvos a nós nesta viaxe psicolóxica onde os seres humanos exploran, temen e aceptan a vida en toda a súa esencia.

O Proxecto

"O Arame" é unha ópera nun acto escrita polo compositor galego Juan Durán e o dramaturgo Manuel Lourenzo. Combina diferentes artes: a música, a danza e as artes visuais. Imos representar "O Arame" o día 10 de xuño do 2017 no Grove Auditorium do Magdalen College en Oxford en colaboración co The John Rutherford Centre for Galician Studies e coa axuda da actual lectora de galego Laura Blanco de la Barrera como coordinadora de produción.

Queremos enriquecer o noso traballo coa incorporación ao equipo dun deseñador e un deseñador de iluminación e queremos tamén traer "O Arame" a Londres de maneira que poidamos continuar achegando a cultura e o idioma galegos ao Reino Unido e a todos aqueles galegos e galegas que residen no exterior.

A Túa Axuda

Grazas á túa axuda poderemos retribuír aos músicos, ao elenco e ao equipo creativo. A túa axuda destinaráse a este fin. Consolidamos a colaboración co The John Rutherford Centre for Galician Studies da Oxford University que xenerosamente corren cos gastos de publicidade, xestión do teatro e aloxamento do elenco para o día 10 de xuño.

Pero será a túa contribución a que fará posible esta estrea no Reino Unido e axudará á continuidade do funcionamento de XOGA, o que a longo prazo beneficiará tamén a aqueles futuros artistas cos que traballaremos introducindo unha nova forma de experimentar o xénero operístico.

Fainos afortunados e colabora con nós nesta aventura! Se superamos a cantidade estipulada, destinaremos o orzamento adicional para levar "O Arame" a Londres e, de ser unha suma maior, posibilitará a ampliación do equipo.

Calendario

Esta campaña de financiamento rematará o 11 de xuño do 2017 - un día despois da actuación en Oxford para asegurar o caché do elenco, dos músicos e do equipo creativo. Todas as recompensas físicas serán enviadas un mes despois desta representación.

+Info

website
twitter
facebook

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies