❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Discover the 10 most exciting projects of 2019!

Edición do 'Bestiario do Vestiario' de Martiño Suárez

"Invariablemente alí estaban un mínimo de cen persoas dispostas a pagar por entrar no estadio, aínda sabendo que o show non ía valer o prezo. Ou si; na lama de Mieres, no sopor de Highbury ou na neve do Stelvio é onde nacen as historias, non na televisión de pago".

Carlos Meixide

A project of

Category

0
seconds
120
Pledges
2.699€
From 2.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Pioneiras incomprendidas, goleadores borrachos, nazis, ciclistas drogados, 'hooligans' bizantinos, campións negros, perdedores exemplares, rastafaris, filósofos gregos, santos, espías da RDA, Elvis e Bob Marley...

Bestiario do vestiario xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor.

Estes textos do Bestiario do Vestiario (fóra tres escritos para a ocasión) foron publicados orixinalmente en DIOIVO na sección do mesmo nome e tiveron unha excelente acollida por parte dos lectores.

Queredes abrir boca con algunha destas historias? Entrade no blog do 'Bestiario do Vestiario'

QUE PRETENDEMOS?

A edición en papel desta colección de historias nun libro económico e de impecable factura grazas á calidade literaria de Martiño Suárez e o deseño e a maquetación sempre elegantes de Roi Fernández.

Do mesmo xeito, que o libro permaneza como memoria física daquel fermoso proxecto chamado DIOIVO, medio de comunicación dixital independente e en galego impulsado por xornalist@s afout@s e destemid@s alá por 2012.

QUEN SOMOS?

Martiño Suárez (Burela, 1978): o da esquerda da foto. Xornalista, escritor por encarga e músico de Segunda División B.

Carlos Meixide (Vilagarcía de Arousa, 1977): o da barba. Xornalista, humorista, actor, novelista, agora editor... unha sorte de feirante renacentista.

PARA QUE QUEREMOS OS CARTOS?

O obxectivo é atinxir os 2.500€ para cubrir os gastos de:

  • Impresión de 500 exemplares

  • Deseño e maquetación de Roi Fernández

  • Promoción e envíos

A posibilidade de comprar o libro por anticipado supón unha maneira de apoiar o proxecto dende o inicio. Verkami ofrécenos unha fermosa xanela para mostrar o espírito do noso traballo e dálo a coñecer a todas as persoas que poidades estar interesadas, para que vos poidades converter non só en compradores, senón tamén en financiadores dun proxecto que vos mola e do que queredes formar parte coa vosa achega.

RECOMPENSAS

As recompensas, alén do propio 'Bestiario do Vestiario', teñen a ver todas elas co noso traballo creativo, realizado sempre dende a autoedición, unha sorte de artesanía cultural pola que apostamos firmemente ao ofrecernos un retorno moito máis enriquecedor no aspecto económico e emocional do noso traballo.

INGE E ROBBIE:Unha novela de Carlos Meixide. Aceda e irónica visión da Galiza dende a mirada estrañada de alguén de fóra (cun desconto de 2€)

ONS: Unha novela de Carlos Meixide. O espírito das novelas dos Cinco de Enyd Blyton na Galiza actual. Terceira edición!!! (cun desconto de 2€)

'DISCO PÓSTUMO' DOS DA RÍA: O derrengueiro díscolo dos reises da canción liviá galegueira?

'GOLF WHISKY' DE GRAMPODER: Logo de entrar na historia do pop galaico con The Homens, Martiño e Roi volveron as andadas cunha nova formación: Grampoder, e nos deixaron esta alfaia de título elegante e embriagador, como a súa música.

Escolle, pois, o teu pack entre as seguintes opcións:

5€ PACK DOMESTIQUE

Bota unha man ao proxecto

  • Agradecementos eternos

8€ PACK STAGIAIRE

Súmate ao proxecto desde a base

  • Exemplar do 'Bestiario do vestiario' en pdf enviado por correo electrónico

15€ PACK MAURO SILVA

O clásico, o imprescindible, o infalible

  • Exemplar do 'Bestiario do vestiario' dedicado en papel

  • Exemplar en pdf


25€ PACK LEWANDOWSKI

Os que escollan este pack "levan dous" :p

  • 2 exemplares do 'Bestiario do vestiario' dedicados en papel 

  • Exemplar en pdf


25€ PACK ROBERT MILLAR

Enigmático e económico

  • Exemplar do 'Bestiario do vestiario' dedicado en papel 

  • Exemplar en pdf

  • Outro produto a escoller entre:
      -'Ons', novela de Carlos Meixide

-'Inge e Robbie', novela de Carlos Meixide

-'Disco Póstumo' dos da Ría

-'Golf Whisky' de Grampoder


35€ PACK ALLROUNDER

Un pouco de todo

  • Exemplar do 'Bestiario do vestiario' dedicado en papel 

  • Exemplar en pdf

  • Outros 2 produtos a escoller entre:
      -'Ons', novela de Carlos Meixide

-'Inge e Robbie', novela de Carlos Meixide

-'Disco Póstumo' dos da Ría

-'Golf Whisky' de Grampoder


45€ PACK ÉPICO

Despois disto xa non queda moito máis que conseguir

  • Exemplar do 'Bestiario do vestiario' dedicado en papel 

  • Exemplar en pdf

  • Outros 3 produtos a escoller entre:
      -'Ons', novela de Carlos Meixide

-'Inge e Robbie', novela de Carlos Meixide

-'Disco Póstumo' dos da Ría

-'Golf Whisky' de Grampoder


55€ PACK SEXTETE

Lévalo todo e non deixas nada para os demais

  • Exemplar do 'Bestiario do vestiario' dedicado en papel 

  • Exemplar en pdf

  • Pack completo de produtos asociados composto por:
      -'Ons', novela de Carlos Meixide

-'Inge e Robbie', novela de Carlos Meixide

-'Disco Póstumo' dos da Ría

-'Golf Whisky' de Grampoder


60€ PACK MOURINHO

Aquí mandas ti!

  • Exemplar dedicado en papel 

  • Exemplar en pdf

  • Disco de Grampoder

  • Grampoder tocarán na presentación en Santiago a canción sobre deportistas que ti escollas (e gravarana en vídeo para ti)


300€ PACK CRISTIANO

Todo para ti e só para ti

  • Exemplar dedicado en papel 

  • Disco de Grampoder

  • Miniconcerto do autor na túa casa, só para ti


900€ PACK GAZZA

Festa total!

  • Miniconcerto de Grampoder / do autor na túa casa para ti e dez amigos

  • Unha botella de cervexa (por suposto belga) para cada convidado

  • Exemplares en papel para todos os asistentes á festa

CALENDARIO

Queremos ter o libro listo a principios de decembro co obxecto de:

  • Presentación pública no CULTURGAL (2,3 e 4 de decembro)

  • Presentación en TREK BICYCLE STORE de Santiago de Compostela o venres 16 de decembro.

  • Envíos prontos para antes do Nadal, de maneira que o 'Bestiario do Vestiario' sexa o mellor agasallo nestas festas.

+ Info

blog do 'Bestiario do Vestiario'

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

Cookies help us to offer you the best experience. Settings