❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

"Ruta 120" Segundo disco longo de Blues do País.

"Ruta 120", o novo disco de Blues do País, está a piques de arrancar. Só nos falta a túa colaboración para editalo. Poñémoslle a banda sonora á N-120, esa estrada que une (ou separa) Ourense e Vigo, a terra da Diva Rural e a do Bluesmanciño. 13 paradas sonoras máis 2 pistas que non saen no GPS.

Blues do País

A project of

Category

0
seconds
72
Patron
3.115€
From 3.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Ruta120

Beibes and gentleman! Arrancamos motores!!
Estamos xa no proceso de gravación do noso segundo disco longo Ruta120.
Logo de darlle á nacional de adiante atrás e darlle voltas ás rotondas do país estes dous anos que levamos de andaina, dende que sacamos o noso Bateas no Mississippi en 2014, sentímonos xa en condicións para elaborar un mapa sonoro da N-120. Mentres nos facemos esta ruta da nacional que cruza as partes baixas do país e une (ou separa) Ourense -a terra da Diva Rural- e Vigo - a terra do Bluesmanciño-, a nosa cultura e a nosa paisaxe vanse tinxindo da cor do blues. Porque xa de sempre lle acaeu, porque Galiza is blues, beibe! Pero blues celeste.
A Ruta120 colle forma de 13 paradas sonoras na ruta, 13 temas que falan da vidiña que aquí levamos. E 2 pistas máis que collimos dunha vez que nos perdimos e que non saen no GPS.
Gústanos moito botarnos as culpas das cousas ben feitas. Por iso este disco, como os anteriores, será autoeditado.

A gravación

Gravamos esta vez no Estudio A Ponte, de Santiago de Compostela, con Tomás Ageitos.
Todo o disco será gravado, coma os anteriores, coa pretensión de que se pareza o máis posible a un directo enlatado. Así que lle damos ao REC e a botar blueses. Blues en estado puro!!

As COLABORACIÓNS

Neste disco temos dúas colaboracións estelares que nos atopamos na ruta
Bouba Pandereteiras dándolle a pandeiros e bombo.
E Guillermo Alzugaray no cello.
Puriña gloria!!

E agora con BANDA!!!

Era difícil botar en falta nada coa Diva e o Bluesmanciño no escenario, verdade? Sabemos que nos sobran o talento e os recursos (e as avoas), pero aínda así queriámosvos dar máis do que xamais soñarades e si, beibes, agora temos banda!
Son O SINDICATO DA VERBENA e saben ben o que fan. Teñen programa, están ben organizados e ata van ben conxuntadiños. Eles son:
Gustavo Agasi na batería e percusión
Manu Alonso no baixo (ao que atoparedes traballando nos Premios Martín Códax da Música, premios aos que non nos acordou presentarnos este ano porque estabamos traballando neste discazo que nos traemos entre mans)
Martinho Mato no saxo

En que nos imos fundir a vosa prata

Ao custe da gravación facémoslle frente nós con gran valor e ousadía. Pedímosvos a vosa axuda para:
- a masterización, que irá de novo da man de Dr. Chou
- a fabricación dos discos físicos
- o deseño a cargo de Danae Gómez Lois
- a fotografía para a arte do disco, obra do ollo de Alberte Peiteavel
- gastos da campaña e recompensas

Recompensas

A quen se anime a montar no carro con nós nesta nova aventura agraderémosllo de mil maneiras distintas.
Un momento na presenza da Diva Rural non é cousa a desprezar e uns cantos consellos de autoaxuda, paciencia ilimitada e demais cuestións técnicas de parte do Bluesmanciño son case cruciais para sobrelevalo.
Ademais dos nosos discos e maravillosos artigos de mercadotecnia temos, para quen opte por esa opción, un quilo de Mel Silvana, o mel da Diva, que fai que a súa divinal gorxa emita eses sons anxélicos (ou anxélicos caídos, segundo proceda) e manteña esa saúde e forza heroicas e mesmo o brillo astral dos seus dourados cabelos.
Por suposto, faremos uns concertazos ao máis puro estilo Blues do País para presentarvos o traballo. Non esperedes salas de concertos e cousas así de ordinarias. Estamos preparando localizacións máis peculiares para compartir con vós uns momentos ben especiais.
De superarmos o obxectivo económico marcado temos pensado celebralo con vós organizando máis presentacións do disco alá onde poidamos chegar e costear o traballo de promo.

Fanse Blueses por encargo

De quilo e medio quilo, caseiros e artesanais. Vós nos traedes o recheo e nós amasamos, metémolo no forno e entregámolo ben quentiño e sabedor. Vaia, que se escolledes un tema orixinal do que vos apeteza unha versión de Blues do País, nós imos e a facemos. Ou mesmo nos dicides de que queredes un blues, a que queredes que saiba, a quen llo adicar ou calquera recheo que lle queirades meter e nós cocémosvolo.
Apetece, ou?!
Pois só tedes que poñervos en contacto con nós a través do correo bluesdopais@gmail.com ou en mesaxe privada do facebook e poñémonos a crear xuntas para agradecervos a vosa axuda.

Sincronizando axendas

Calculamos que en maio acabaremos de gravar e mesturar e poderemos enviar a masterizar. Ao mesmo tempo estarase traballando no deseño do disco para envialo á fábrica e así poder entregar as recompensas a finais de xuño. Estade atent@s ás redes porque alí iremos concretando as datas e as localizacións para os concertos de presentación.

Ímoscho contando todo por aquí

Facebook
Youtube
Blog
Bandcamp

Fotacas:
- A da portada collímola de aquí
- A primeira, a segunda e a última son de Alberte Peiteavel
- A terceira e a cuarta son do Pepe king no estudio.
- A quinta de Borja Fernández

E aquí uns pinchiños dos nosos produtos




FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

#02 / Chegamos a Vigo!!!!!!!!

Graciñas a vós xa temos gasoil abondo para chegar a Vigo, para facer a Ruta120 íntegra e ao grande, como a nós nos gusta!!

Así que para agradecer a vosa axuda vai aquí directiño ás vosas orellas o primeiro adianto do disco!
Queredes saber a que soa Blues do País con Sindicato da Verbena?

Pois ides ver que non lle falta sustancia a este prebe ;)

Xa mollo no prebe

Mimos e amor on the road!!!!

#01 / Xa estamos na metaade da Ruta!!

Aínda acabamos de descubrir este blog e xa imos pola metade do camiño!! Xa superamos o ecuador, beibes and gentleman, grazas ao voso empurrón. Imos a moi bo ritmo para conseguir encher o depósito para facer a Ruta120!!

Polo de agora dirémosvos que xa rematamos de gravar e estamos ultimando as mesturas no estudio. Disfrutamos cousa tola gravando con Tomás Ageitos no Estudio A Ponte

e coa nosa tremebunda banda O Sindicato da Verbena

e coas espectaculares colaboracións
Bouba Pandereteiras

E Guillermo Alzugaray

E é que a ruta faise sempre mellor en boa compañía!!

Seguirémosvos informando das novidades e sobre todo agradecéndovos a vosa axuda.

Mil grazas e mil blueses á vosa saúde, beibes!!!

10€
6 backers

Descarga dixital do disco

15€
11 backers

Disco físico
(entregado en mano en las presentaciones)

20€
14 backers

Disco dixital
+ Disco físico
(Entregado en man ou por correo)

25€
11 backers

Disco dixital
+ Disco físico de Ruta120
+ Foto asinada pola Diva Rural e o Bluesmanciño
+ O teu nome no disco
(entregado en man ou por correo)

30€
7 backers

Disco dixital
+ Disco físico de Ruta 120
+ Pegatina para o coche de Ruta120 e foto asinada pola Diva Rural e o Bluesmanciño
+ O teu nome do disco
(Entregado en man ou por correo)

50€
11 backers

Disco dixital
+ 2Discos físicos de Ruta 120
+ Pegatina para o coche de Ruta120 e foto asinada
+ 2 entradas para concerto especial na túa provincia - só en Galicia-
+ O noso anterior disco Bateas no Mississippi
+ O teu nome do disco
(Entregado en man ou por correo)

75€
1 backer

Disco dixital
+ Disco físico de Ruta 120
+ Bateas no Mississippi
+ Pegatina para o coche de Ruta120 e foto asinada
+ 2 entradas para concerto especial na túa provincia -só en Galicia
+ 1 quilo de Mel Silvana (o mel da Diva)
+ O teu nome no disco
(Entregado en man ou por correo)

100€
9 backers

Disco dixital
+ 2Bateas no Mississippi
+3 Discos físicos de Ruta 120
+ Pegatina para o coche de Ruta120 e foto asinada + 2 entradas para concerto especial na túa provincia -só en Galicia
+ 1 quilo de Mel Silvana
+ O teu nome no disco
(entregado en man ou por correo)

200€
0 backers

Pack "Gramola Blues"

Disco dixital
+ Bateas no Mississippi
+ 2 Discos físicos de Ruta120
+ 2 entradas para concerto especial
+ Pegatina e foto
+ 1 quilo de Mel Silvana
+ A versión de Blues do País da canción que ti escollas
+ O teu nome no disco
(Entregado en man ou por correo)

300€
2 backers

Pack "Fanse Blueses por encarga"

Disco dixital
+ Bateas no Mississippi
+ 2 Discos físicos de Ruta120
+ 2 entradas para concerto especial
+ Pegatina e foto asinada
+ 1 quilo de Mel Silvana
+ O teu nome no disco
+ Canción composta por Blues do País exclusivamente para ti ou quen ti queiras. Escolles o tema, a persoa a quen queres adicarlla, un lugar ou o que che inspire e facémosche un blues do bo para ti!

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.