❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

revista da cultura galega Búsola

Búsola é unha revista de cultura galega dedicada aos novos valores. Unha publicación cun deseño e factura atractiva que inclúe interesantes contidos que te sorprenderán gratamente.

roibuligan

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
13
Aportaciones
276€
De 3.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

A revista Búsola ten unha pequena historia que se remonta ao ano 2004: Desde o Concello de Valadouro ideamos unha revista de cultura galega que abrangáse desde as disciplinas culturais máis clásicas ata eidos máis vangardistas e atípicos. Literatura, poesía, banda deseñada, reportaxe, entrevistas, ciencia...Cada número reiventabamos un índice plagado de novidades. O espirito de Búsola, instrumento de navegación, era orientar a búsqueda da creación cultural desde o seu berce, na orixe, onde agroma e medra o talento. Novos creadores, novos autores na procura dun público ávido por descubrir semente nova.

Así a revista Búsola ten unha identidade marcada no seu nacemento como revista de autores. Por eso nos preocupamos de subordinar o formato a visibilizar os traballos e os perfís persoais dos creadores.

A revista primeiro foi dixital e despois física, un pouco ao revés dos procesos contemporáneos pero máis que unha cabeceira era un auténtico proxecto integrador e transversal. Desde Búsola sondeabamos a rede atopando novos talentos, promocionábamos concursos de banda deseñada, ilustración o relato para integrar unha interesante nómina de creativos que volcar no papel da revista. organizábamos exposicións de traballos seleccionados ou mantiñamos na web unha escolma de novidades culturais que tiñan un formato máis pequeno e actualizado para a súa publicación dixital.

Deste xeito editamos cinco revistas en papel e unha que lamentablemente quedou ás portas do prelo. Esto fíxome dar conta das limitacións editoriais dun pequeno concello. Cambio nos xestores de cultura, limitacións presupuestarias e sobre todo a imposibilidade de retribuir minimamente aos nosos colaboradores

Eu son Suso Rubio o creador e director de Búsola durante a primeira etapa municipal que decidiu dar un golpe ao temón, redeseñar a páxina web e lanzar de novo Búsola en papel a través do crowfunding.

Pedímosvos que compartades o noso soño, publicar unha revista de novos creadores das máis variadas temáticas da cultura galega de vocación universal e vangardista e poder recompensar polo seu traballo aos nosos colaboradores

A qué destinaremos as vosas aportacións

Con vosoutros como mecenas:

  • imprimiremos 700 revistas de 68 páxinas a toda cor, nun primeiro tiraxe cando menos, sobre 2.700 € costará a impresión,

  • Distribución 600-800 €

  • Remuneración aproximada de dez autores 800 €

  • O deseño e maquetación que ascende a 1500 €.

  • Finalmente as comisións de Paypal e Verkami sobre 300 € e 300 € máis de recompensas.

Calendario previsto

O mes de setembro, campaña de crowfunding en Verkami.

O 15 de outubro impresión e a segunda quincena de outubro distribución das recompensas

+ Info

Introduce un par de enlaces relevantes para la campaña (Facebook, Twitter, sitio web…) en el formato siguiente:

Facebook
Twitter

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

#01 / Saúdos

Agradecemento sincero aos mecenas que apoiaron este proxecto de revista cultural, lamentando que non estivera á altura das expectativas plantexadas inicialmente.

Unha aperta para todos

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies