❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Curtametraxe "FUMANDO ESPERO"

"FUMANDO ESPERO" é a segunda incursión na curtametraxe de DOLLY, unha produtora ourensá. Trata a historia de dous amigos, José Luis (CARLOS BLANCO) e Manuel (MONTI CASTIÑEIRAS), que se reúnen despois de 10 anos. Comprobarán como cambiaron as súas vidas, o que os levará a un triste final.

J.a. Blanco

A project of

Category

Created in

0
seconds
5
Patron
300€
From 1.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Os nosos antecedecentes

Somos DOLLY, unha produtora ourensá. Todos os integrantes temos unha ampla experiencia no medio audiovisual: departamento de guión, fotografía, dirección, cámara, montaxe e posprodución. Un bo día coincidimos, e xuntamos os nosos coñecementos para montar unha produtora audiovisual. Empezamos a cubrir todo tipo de eventos sociais: traballos aéreos, spots, videoclips, e máis tarde embarcámonos na nosa primeira curtametraxe como grupo: VÉNDESE. BAIXO PREZO, POUCO USO, con CARLOS BLANCO e XÚLIO ABONJO no reparto, nominada ós XIII PREMIOS MESTRE MATEO 2015, seleccionada para competir polo premio do público no FESTIVAL SHORT OF THE YEAR, e incluída na competición oficial do XII FESTIVAL DE CANS 2015. Trailer

Despóis de "VÉNDESE"...

Temos un novo e ilusionante proxecto, FUMANDO ESPERO. Pero se algo botamos en falta no anterior, foi a posibilidade de rodar cunha cámara cinematográfica dixital que grave en formato RAW-4K para obter unha boa calidade e ter máis oportunidades para competir con outros proxectos, cubrindo unha ampla gama de festivais. Pero iso require un apoio económico, ata agora insuficiente, por iso necesitamos da colaboración de todos vós.

A historia sitúanos na vida de dous amigos separados polo tempo e polo espazo, que verán truncados os seus destinos de maneira drástica cando se xunten unha noite para cear.

O que tratamos de mostrar neste proxecto é como as novas tecnoloxías nos afectan, de como mostramos unha cara ó público, cando a realidade é ben distinta en moitos casos.

Parte dun todo

Son José A. Blanco, o guionista, o montador e o director. Pero hai un grandísimo equipo detrás colaborando desinteresadamente para levar a bo porto o proxecto.

Necesitamos unha morea de cousas e nunha porcentaxe económica bastante máis elevada, pero queremos usar esta plataforma como apoio, non como financiación íntegra. Non queremos que nolo subvencionedes. O que se consiga vai utilizarse para alugar material de cámara (corpo e lentes), e iluminación. Xa temos contactado coas empresas que nolo facilitarían. A posprodución correrá da nosa conta. Se conseguísemos superar a aportación solicitada, usaríamos ese diñeiro para alugar un equipo de cámara (cuxo prezo rondaría os 7.000€) que nos permita competir con outras producións nacionais ou estranxeiras.

Calendario

As nosas datas de rodaxe abranguen os días 15 e 16 de xuño de 2015, e o lugar será Ourense. Entregarémoslles as recompensas ós mecenas a finais dese mesmo mes, unha vez empezada a fase de posprodución.

Equipo artístico

Equipo técnico

Guionista, montador e director: J.A. BLANCO
Axudante de produción, foto fixa, claqueta, eléctrico: DANI GALLEGO
Operador de cámara / dirección de fotografía: RUBÉN CAO
Script: ALBA ARAÚJO
Maquillaxe: LORENA FIDALGO
Música: JORGE GODÁS, ZORAN DJUKANOVIC e EMILIO RÚA
Axudantes de dirección: PACO LUÍS CAMPOS & ÓSCAR DOVISO
Son directo: SIMPA

Máis info

Facebook "DOLLY"
Facebook "J.A. BLANCO"

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

10€
0 backers

Agradecementos nos títulos de crédito do curtametraxe e na nosa páxina de Facebook.
+ Fotograma dixital exclusivo da curtametraxe.
+ Visionado online.

25€
2 backers

Agradecementos nos títulos de crédito do DVD e na nosa páxina de Facebook.
+ Fotograma digital exclusivo.
+ Visionado online.
+ DVD da curtametraxe despóis de Premiere a Festivales.

30€
0 backers

Agradecementos nos títulos de crédito do DVD e na nosa páxina de Facebook.
+ Visionado online.
+ Camiseta da curtametraxe na taia que se precise.

50€
1 backer

Agradecementos nos títulos de crédito do DVD ou BLU-RAY e na nosa páxina de Facebook.
+ Fotograma digital exclusivo.
+Visionado online.
+ DVD da curtametraxe despóis de Premiere a Festivales.
+ Camiseta da curtametraxe na taia que se precise.
+ Invitación para unha persoa á proxeción que se fará da curtametraxe.
(non se inclúen desprazamentos)

100€
2 backers

Agradecementos nos títulos de crédito do DVD ou BLU-RAY e na nosa páxina de Facebook.
+ Fotograma digital exclusivo.
+ Visionado online.
+ DVD da curtametraxe despóis de Premiere a Festivales.
+ Camiseta da curtametraxe na taia que se precise.
+ Invitación para dúas persoas á proxeción que se fará da curtametraxe.
+ Póster adicado.
+ Copia do guión orixinal.
+ Dossier de preprodución dixital (storyboards, notas…)
(non se inclúen desprazamentos)

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.