❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Documental Muíños do Folón-Picón

67 muíños hidráulicos dos séculos XVII-XVIII conviven xuntos en O Rosal (Pontevedra), formando un conxunto histórico-etnográfico único no mundo, tanto pola súa cantidade, polo seu excepcional emprazamento, así como pola súa orixinal e novidosa canalización da auga.

Miño Films

A project of

Category

Created in

O Rosal
0
seconds
6
Pledges
270€
From 1.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Documental “Muíños do Folón”

Este é un proxecto de documental que ten como protagonista ao conxunto histórico-etnográfico dos Muíños do Folón e do Picón, na vila do Rosal (Pontevedra). 67 enxeños hidráulicos datados nos séculos XVII-XVIII e que son visitados anualmente por miles de persoas, que se achegan aos montes do Campo do Couto para disfrutar dunha fermosa ruta de sendeirismo, homologada pola Federación Galega de Montañismo (PR-G 94).

Dende Miño Films, produtora audiovisual galega, queremos facer un recoñecemento a todos eses veciños de Martín e de Picón (xuradía de Fornelos) por ter a iniciativa e a xenial idea de construir este “polígono industrial”. Todo isto foi a raíz da chegada do millo dende América no século XVI.

Unha das características diferenciadores destes muíños é que estes eran “do pobo”, ao contrario dos que se atopaban no Val do Rosal, á beira dos ríos máis caudalosos, que pertencían aos monxes cistercienses de Santa María a Real de Oia e á nobreza.

Trailer 1 "Documental Muíños do Folón-Picón" from Miño Films on Vimeo.

Resaltaremos con este documental que os Muíños do Folón e do Picón, polo seu emprazamento agreste, distribución e número son únicos no mundo.

Fonte de inspiración de poetas e pintores pola súa beleza e singularidade, este conxunto de muíños hidráulicos foron restaurados nos anos 90 con axuda do Concello do Rosal, a Xunta de Galicia e fondos europeos.

Profundizaremos na historia destes 67 enxeños cos autores do libro Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia.

A Ruta dos Muíños

O conxunto histórico-etnográfico dos Muíños do Folón e Picón atópase no monte denominado “Campo do Couto”, na apacible e fértil vila de O Rosal (Pontevedra). Este complexo industrial o forman 67 muíños hidráulicos. Divididos en dúas vertentes (36 muíños polo Folón e 31 polo Picón) a súa disposición resulta un encuadre único no mundo. Os 22 muíños do sector superior do Folón, construídos en forma de escaleira para aproveitar o paso da auga de uns a outros e aumentar a súa forza motriz, é sen dúbida un maxestuoso e agradable impacto visual.

Os Muíños do Folón e Picón foron declarados en 1998 pola Xunta de Galicia, Ben de Interese Cultural (BIC), concedéndoselle o Premio Agader ao embelecento do medio rural no ano 2003. A Federación Galega de Montañismo homologou a súa ruta de sendeirismo co nome de PR-G 94.

Apréciase, polo tanto, co paso dos anos, unha progresiva afluencia en canto ao número de visitantes que deciden achegarse a contemplar in situ este –de aquela- “polígono industrial” e agora punto de referencia turístico na comarca do Baixo Miño.

Quen opte por un turismo alternativo ao sol-praia, sen dúbida disfrutará dun placenteiro paseo pola natureza, sumerxíndose á súa vez, nas profundas raíces históricas galegas. En verdade, o percorrido por estes muíños dos séculos XVII-XVIII resulta extraordinario, nun marco de incomparable beleza, en pleno Val do Rosal.

Construídos polos veciños máis pudientes do lugar, e como historicamente se puido comprobar, sen dependencia algunha dos monxes do mosteiro cisterciense de Santa María de Oia.

Os Muíños de Folón e Picón convertíronse naqueles tempos nun singular punto de encontro dos habitantes da zona. O duro traballo que ocasionaban estes muíños –pero indispensable substento para o consumo humano e animal- e os seus longos procesos de moenda, deron lugar ao baile folclórico galego máis coñecido: a “muiñeira”.

A ruta, que é circular (pódese comezar tanto en dirección Folón como Picón) ten unha distancia de 3’5 km, cun tempo de realización de preto de hora e media. Procédese normalmente a subir pola vertente do Folón. Estes muíños están cedidos polos seus propietarios durante 25 anos ao Concello do Rosal para explotación turística.

A chegada do millo americano a Galicia nos séculos XVI-XVII foi a causa fundamental da construción de tanto muíño (só no municipio rosalés existen inventariados preto de 100).

Unha característica fundamental na maioría dos muíños é que amosan diferentes gravados, tanto na parte exterior (fachada, xambas, dinteis) como na interior (nas rodas de moer, paredes...) Así, cruces (para espantar ás “meigas”), iniciais de apelidos, de nomes de propietarios ou datas as observaremos ao longo de todo o percorrido.

Precisamente o muíño máis antigo con data inscrita é de 1715, sendo o número 16 do Folón, lugar onde se comeza a ascensión pola “carreira” ou “ringleira” de Martín (disposición de muíños en forma de escaleira). Remátase o percorrido por Folón subindo pola outra “carreira”, a da Cereixeira. Unha vez arriba, no máis alto, temos un espectáculo grandioso, unha excepcional panorámica cara Portugal e a desembocadura do Miño.

Antes de proceder ao descenso polo Picón, os visitantes detéñense nos cinco artefactos muiñeiros do Nivel, para observar alí unha pedra, clave á hora de zanxar o conflito entre os veciños (de Folón e Picón) polo control e a distribución da auga. Temos que lembrar que durante toda a ruta se poden admirar estupendas pozas e belas cascadas naturais, con pontes de madeira construídas recentemente e de forma estratéxica para acceder a determinados puntos do percorrido.

Baixando xa pola vertente do Picón, observamos a outra serie de muíños, rodeada polo “Camiño dos Frades” (o antigo camiño por onde accedían os monxes de Santa María de Oia para chegar ao seu mosteiro) ou tamén denominado “Camiño do Carro”, por onde estes subían para transportar tanto o toxo, o millo ou a fariña. Por tal motivo se poden ver claramente as impresionantes pegadas-sucos que co paso do tempo deixaron aquelas rodas. Cada 11 de novembro discurre por esta vía a romaría de San Martiño , con capela no citado Campo do Couto.

Unha ruta que sen dúbida, para os amantes da natureza e o sendeirismo, da historia e a cultura populares non lles defraudará. É máis, nos atreveríamos a dicir que os Muíños do Folón e Picón, en verdade, lles conquistarán.

O destino das vosas aportacións

Destinaremos a financiación desta campaña a cubrir os diferentes custes de montaxe, múltiples desprazamentos, produción do sonido, música, ambientación, distribución e publicidade, etc.

O por qué deste documental.

Sentímonos na obriga de divulgar e dar a coñecer este patrimonio dos nosos antepasados. Cremos na necesidade de defendelo e conservalo. Coidamos que con este documental contribuirase ao non esquecemento e posta en valor dun enclave dunha excepcional categoría.

Para isto, realizaremos gravacións de todas as estacións do ano, faremos entrevistas a muiñeiros, escritores, aventureiros, visitantes e todas aquelas persoas que tiveron algo que ver en que este conxunto sexa un referente, cando menos, no Baixo Miño e en Galicia.

Links para seguir máis de cerca este proxecto.

Twitter
Facebook
Blogger
Youtube

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Miño Films

    Miño Films
    Author

    over 10 years

    Si, el envío está incluido. Un saludo.

  • sonix

    sonix

    over 10 years

    Hola, con la aportación de 20€ se incluye el envío del DVD?

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy