❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Documentario En todas as mans

Este é un proxecto de documentario sobre a realidade da xestión comunitaria dos montes en Galiza e Portugal que desenvolve a cooperativa Trespés. O documentario dirixido por Diana Toucedo, atópase en proceso de posprodución.

Trespés Cooperativa

A project of

Created in

0
seconds
245
Patron
10.220€
From 7.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Novo horizonte. Atinxir 10000 euros

Atinximos o obxectivo!! Moitas grazas a todas polo voso apoio. As mostras de apoio conseguidas, tanto económicamente como nas redes sociais, reafírmanos na vontade de seguir con este proxecto que consideramos necesario.
Con este obxectivo dos 7000 euros procurábamos financiar parte dos custes derivados da posprodución do documentario, montaxe, o son e a música. Agora marcámonos un segundo obxectivo, atinxir os 10.000 euros e así poder afrontar algunha acción que estaba pendente como posprodución da cor e realizar diferentes accións que faciliten a distribución do documentario. Consideramos que facer visíbel o traballo realizado vai ser tan importante como o propio proceso de gravación. Por isto este novo obxectivo que pretendemos atinxir nos dias que fican de campaña.

En todas as mans

Este é un proxecto de documental centrado nos montes veciñais. A figura do monte veciñal permanece en Galiza e en Portugal (ali coñecidos como baldios). Esta forma de xestión do territorio que está a medio camiño entre as dúas formas de propiedade mais comúns, a pública e a privada, representa en Galiza 700.000 ha, perto do 25% da superficie galega.

Ao longo da historia, os montes veciñais e os baldíos sufriron o intento de usurpación por parte das diferentes administracións. O último intento foi durante o franquismo e o salazarismo, o que orixinou un conflito coa veciñanza dos lugares que rematou coa devolución aos seus lexítimos propietarios. Estas devolucións comezaron hai agora corenta anos. Entendemos que é un momento axeitado para facermos un achegamento a estas realidades.

De onde xorde a idea?

A idea de desenvolver este proxecto nace dunha anomalía, o propio monte veciñal. Nun mundo que divide o territorio entre dúas concepcións de propiedade, a pública e a privada, a existencia dunha realidade que non se adscribe en ningunha desas coordenadas chamou a nosa atención. E aínda mais cando esa realidade permanece oculta ou descoñecida para grande parte da poboación. O monte veciñal está aí, mais en poucas ocasións se fai visíbel.

Pasaron corenta anos desde que se iniciou o proceso de devolución dos montes á veciñanza, un proceso que abriu un novo escenario para o monte veciñal, o que nos pareceu a escusa que necesitabamos para facer unha achega a esta realidade. É ese contexto o que filmamos. Un contexto que as propias comunidades de montes son as primeiras en sinalar como complexo. Entre outras cuestións, destacan a escasa valoración que o monte veciñal ten e apuntan a necesidade de estabelecer medidas para que a propiedade comunitaria adquira o valor que lle corresponde na realidade social dos nosos países. Recoñecen tamén como problema o distanciamento que se dá entre boa parte da veciñanza e o monte. Abordar estas cuestións é parte do noso desexo.

Aínda así, nesta última década brotaron novos contextos, a incorporación de xente nova ás xuntas das comunidades, xunto a unha maior presenza de mulleres en postos de responsabilidade estimularon a incorporación de certos valores, mais alá dos propiamente económicos, como o ambiental e social do monte. Deste xeito, as comunidades de montes están a desenvolver proxectos de diversificación produtiva que abren a vía á produción micolóxica, gandaría extensiva, pequenos froitos.

Consideramos que é preciso realizar un exercicio colectivo de reflexión que nos permita analizar esta realidade e ser capaces de visualizar un futuro para este modelo de titularidade, avaliando as potencialidades que ten o monte veciñal.

Para acometer este proxecto, entendemos que o audiovisual é unha boa ferramenta, pois nos vai permitir unha maior proxección e conseguir implicar no debate a un maior número de persoas.

Por que facer este documentario?

Entre as motivacións que nos moven a promover un documentario sobre o monte veciñal atópase o da necesidade. Este traballo é un proxecto necesario. Necesario para abrir as xanelas do monte veciñal a moita xente. E tratar de reverter a escasa valoración que a figura da propiedade comunitaria ten na nosa sociedade. Os procesos de urbanización vividos nas últimas décadas levaron a un gran distanciamento entre boa parte da sociedade e o seu territorio próximo.

Esta escasa valoración chega tamén á figura de comuneiro/a. Así, algo que debía ser vivido como un valor cultural e social, recibe escaso recoñecemento. E isto sucede cando diferentes organismos, desde a ONU até a UE, falan da necesidade de involucrar os cidadáns na xestión e custodia do seu territorio próximo. Ante iso, Galiza e Portugal teñen unha realidade digna de mostrar non só aquí senón tamén fóra.

Por iso, este documentario pretende, tamén, reivindicar a titularidade veciñal como parte do patrimonio cultural inmaterial galego e portugués. Non podemos illar este réxime de propiedade do modelo de ocupación e do complexo agrario que definiron as paisaxes rurais durante séculos. Deste xeito, podemos incluír esta forma de xestión do territorio como parte do patrimonial cultural inmaterial galego e portugués. Unha aproximación á titularidade veciñal é tamén unha aproximación á nosa propia historia. A orixe deste réxime de titularidade hai que situalo na chegada dos pobos xermánicos despois da caída do Imperio Romano. Estamos por tanto ante unha realidade cultural milenaria.

En todas as mans é un desafío e unha vontade colectiva. O desafío de podermos realizar un proxecto destas características coas particularidades que a proposta inclúe en termos de financiamento, difusión, participación. E a vontade de visibilizar un mundo próximo mais que se nos escapa aos ollos. Con este documentario pretendemos construir un relato que nos achegue a esta realidade, tan próxima como tan descoñecida.

O traballo estanos permitindo entrar e descubrir experiencias impresionantes.
Queremos que as voces que se ouvan sexan a das xentes que traballan nos montes veciñais e nos baldios. Construiremos, así, unha ollada diversa, unha reflexión colectiva sobre estes territorios e o seu futuro. Son as historias de Isaac, Samuel, Pepe, Henar, Luís, Eugénia e as de tantas outras persoas, que con o seu traballo a prol do veciñal e do baldio ábrennos un mundo que nos reafirma na necesidade de facer esta iniciativa.

Se o mundo do veciñal é unha realidade do colectivo, o proxecto empápase dese espírito. Estas descubertas son as que nos animan, tamén, a seguir con este proxecto. Nestes tempos nos que vivimos, cremos que a nosa sociedade merécese un traballo destas características. Para nos ver nel, mais tamén para que nos vexan nel.

Tamén queremos facer un recoñecemento ao propio mundo das comunidades de montes. As xentes que traballan no monte veciñal merécense poder se ver nun mosaico colectivo que incorpore folgos novos e dea orgullo, alimentos os dous precisos para unha tarefa difícil como a de traballar polo ben común.

Na vontade de ver materializado este traballo seguimos traballando, aos poucos, coa modestia dunha entidade pequena, mais coa forza e a ilusión dun proxecto ambicioso, e así poder ofrecer un documentario que cremos necesario.

A que destinaremos as vosas achegas

Despois dun longo traxecto, o documentario xa está gravado. Estamos en fase de pos-produción, aínda así o financiamento non está completo, esta campaña de Verkami irá destinada a cubrir os custes desta fase principalmente, así como custes da fase de distribución.

Ademais da montaxe, pretendemos realizar a posprodución do son, a ambientación sonora, que vai realizar o músico Germán Díaz, elaborar as lexendas do documentário en español e inglés.
De superarmos o obxectivo marcado e conseguir maior financiamento poderíamos realizar posprodución da cor, e unha mellor distribución do documentario.
Todo este traballo vainos permitir atinxir un dos obxectivos que nos marcamos, ter un documentario final de alta calidade técnica.

Sobre as recompensas

Temos preparados diversos materiais para agradecer a vosa colaboración co proxecto. As recompensas inclúen desde material promocional do documentario, como unha camisola con deseño do xenial Pablo Pastor. Este é un dos mellores deseñadores galegos, o seu traballo está presente en numerosos traballos de grupos de música, cartazes. Ofrecemos tamén copias do DVD que editaremos. Pases para a estrea que se realizará en Pontevedra. Tamén vos ofrecemos a posibilidade de organizar unha proxección na vosa localidade, no voso centro social coa presenza de parte da equipa.

Entre todas as persoas que apoien o proxecto, imos sortear unha fin de semana na Casa da Mina. Esta casa de turismo rural é un proxecto da Comunidade de Montes de Zobra, un das historias que aparecen no noso documentario.

Calendario previsto

Para levar adiante os traballos da pos-produción marcamos este calendario:

Montaxe decembro 2014/ xaneiro-febreiro 2015
Posprodución Audio marzo 2015
Posprodución Cor marzo 2015
Música xaneiro/ febreiro 2015

Estrea abril 2015

Así falan sobre En todas as mans.

Faro de Vigo
Praza

+ Info

Podes seguir toda a actualidade do proxecto a través da nosa páxina no Facebook ou a través de @entodasasmans, a nosa conta en twitter.

A web ten mais información sobre que son os montes veciñais e os baldios, quen apoiou o proxecto, quen participa En todas as mans

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

12 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Trespés Cooperativa

    Trespés Cooperativa
    Author

    over 4 years

    Olá Héitor,
    A cuestión que colocas non é menor para nós. Estamos usando a norma estabelecida na Galiza con toda a flexibilidade de converxencia que esta permite. Esa será a norma utilizada nos títulos tamén.
    Un saúdo.

  • Heitor

    Heitor

    over 4 years

    Sendo o objeto do documentário os montes em mão-comum da Galiza e Portugal, digo galego-português na visão extensa da Língua na linha da Lei Paz-Andrade aprovada por unanimidade no Parlamento Galego há um ano, para ganhar tb. difusão internacional.

  • Trespés Cooperativa

    Trespés Cooperativa
    Author

    over 4 years

    Olá Héitor,
    A cuestión que colocas non é menor para nós. Estamos usando a norma estabelecida na Galiza con toda a flexibilidade de converxencia que esta permite. Esa será a norma utilizada nos títulos tamén.
    Un saúdo.

  • Heitor

    Heitor

    over 4 years

    Em 1º lugar, parabéns polo projeto. Em 2º lugar, aprofundando no tema linguístico que já respondestes parcialmente, queria saber se o galego-português vai ser utilizado não só na Língua falada, mas também nos títulos de crédito, etc..

  • Trespés Cooperativa

    Trespés Cooperativa
    Author

    over 4 years

    Olá,
    Grazas pola tua información. No seu dia estivemos mirando esta cuestión e avaliando as posibilidades que había. En verdade a cuestión das licenzas é unha temática bastante complexa. Nós optamos por manter un dos obxectivos dos proxecto, que o documentario se poda proxectar nas comunidades de montes, parroquias sen exercer nengún tipo de dereitos. Esta cuestión, renunciar a pedir nada por estas proxeccións foi introducida no acordo con Diana como directora. A cuestión ben dos controis das canles televisivas. Ainda así, agradecíamos que nos achegases aquela información que nos axudase a avaliar outras posibilidades. Podes enviala ao correo do proxecto. Grazas polo interese. Un saúdo

  • jvr

    jvr

    over 4 years

    Boas, non entendo (nin comparta) a vosa 'obrigá' de recurrir a unha licenza standard, por que non usades unha libre do tipo non-comercial? Isto non restaría nada de calidade técnica e visual, e poderiades perfectamente entrar nos circuitos comerciais

  • Trespés Cooperativa

    Trespés Cooperativa
    Author

    almost 5 years

    Ola Begoña,
    As recompensas faranse chegar ás vosas casas. Até que finalice a campaña non vos farán os cargos nas vosas contas e nós non coñeceremos a identidade de cada unha das persoas que colaboraron. Unha vez teñamos os vosos contactos, contactaremos e vos explicaremos os tempos que temos para editar e enviar os materiais, camisola, dvd, cartaz, estrea.
    Grazas polo teu interese.
    Un saúdo, A equipa de En todas as mans

  • Begoña

    Begoña

    almost 5 years

    As recompensas envíanse por correo ou temos que recollelas nalgún sitio?

  • Trespés Cooperativa

    Trespés Cooperativa
    Author

    almost 5 years

    Ola Fernando,
    O proxecto ten duas páxinas, a oficial en galego e a páxina disponibilizada en castelán para as persoas doutros territorios que queiran apoiar o o proxecto. O documentario ten vontade de poder ser visualizado noutros territorios, por iso estarán disponíbeis lexendas en español e inglés. A lingua do documentario, na que se expresan as persoas que participan, é o galego-portugués.

  • FERNANDO PEREZ

    FERNANDO PEREZ

    almost 5 years

    Cal a razón de que unha problemática histórica do monte da Galiza e Portugal, sexa explicado en español?

10€
24 backers

Agradecementos en títulos de crédito finais

20€
65 backers

Descarga do documentario en HD/online
+ Agradecementos nos títulos de crédito finais.

30€
76 backers

1 cartaz promocional do documentario
+ 1 DVD do documentario
+ Agradecementos nos títulos de crédito finais.

50€
54 backers

1 cartaz promocional do documentario
+ 1 camisola oficial con deseño orixinal de Pablo Pastor
+ Agradecementos nos títulos de crédito finais
+ 1 copia do DVD
+ 1 pase duplo para a estrea.

100€
24 backers

Aparecer como coprodutores nos títulos de crédito finais
+ 1 cartaz promocional do documentario
+ 1 camisola oficial con deseño orixinal de Pablo Pastor
+ 1 copia do DVD
+ 1 pase duplo para a estrea .

300€
1 backer

Aparecer como coprodutores nos títulos de crédito finais
+ 1 cartaz promocional do documentario asinado pola equipa técnica
+ 2 camisola oficial con deseño orixinal de Pablo Pastor
+ 2 copias do DVD
+ 1 pase duplo para a estrea.

500€
0 backers

Aparecer como coprodutores nos títulos de crédito finais
+ 2 cartaces promocionais do documentario asinado pola equipa técnica
+ 3 camisolas oficiais con deseño orixinal de Pablo Pastor
+ 4 copias do DVD
+1 pase duplo para a estrea.

1.000€
1 backer

Aparecer co voso logo nos títulos de crédito iniciais
+ 3 camisolas oficiais con deseño orixinal de Pablo Pastor
+ 5 copias do DVD
+ 2 pases duplos para a estrea
+ 1 proxección na parroquia con presencia de parte da equipa técnica.

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.