❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Tes un prototipo de xogo de mesa que non está editado?

Xa sexas un autor amateur ou profesional, rescata aquela idea que escribiches nin papel e o cartón a rotulador que utilizaches de taboleiro e preséntao ao Concurso! O gañador conseguirá un premio de 100€ e unha campaña cun 100% de desconto para facer realidade o seu protojxogo en Verkami en colaboración cunha editorial e distribuidora. E ademais cada un dos 25 ProtoXogos participantes terá unha mesa para presentarse no Festival de Xogos de Mesa DAU Barcelona!

O xurado do concurso

O xurado do concurso estará formado por seis recoñecidos creadores e especialistas en xogos de mesa e bos amigos…
  • Francisco Gallego ‘PaK’

    Creador de Guerra de Mitos e experto en xogos e crowdfunding en Verkami.
  • Stephane Cittadino

    Ex-enxeñeiro e fundador do portal 5 minutos por juego.
  • Josep Maria Allué

    Autor, experto en xogos e socio director de Idealúdica.
  • Alex Hidalgo

    Cofundador do foro de xogos de mesa e crowdfunding Darkstone e Trun Hunter.
  • Pere Pau Llistosella

    Autor de xogos de mesa, editor en Kokorin games e @LoopingGames.
  • Simón Blasco

    Director do programa de radio sobre xogos Ojo al Dado.

As datas do concurso

  • Recepción

    A data límite para enviarnos os teus xogos é o 10 de novembro de 2014
  • Elección de Finalistas

    En novembro, proba por parte do equipo de Verkami dos 25 primeros protoxogos inscritos no concurso para escoller aos 5 finalistas.
  • proba do xurado

    O xurado xogará aos 5 protoxogos finalistas para escoller ao gañador o 13 de decembro, deliberará e decidirá o ProtoXogo gañador.
  • Entrega do premio

    A decisión do xurado farase pública o mismo día 13 de decembro de 2014 nas xornadas ‘DAU Barcelona 2014’ (Fabra i Coats).

O premios

¡DAU Barcelona ofrecerá unha mesa a cada un dos 25 participantes do concurso para que poidan presentar o seu ProtoXogo ao público asistente á 3ª edición do DAU Barcelona Festival de Xogos de Mesa o 13 e 14 de decembro!

Os 5 finalistas recibirán un diploma que poderán incluír nos premios e recoñecementos do seu CV ;)

O gañador terá a posibilidade de facer realidade o seu protoxogo cunha campaña en Verkami cun 100% de desconto, cunha aportación inicial de 100€ e a colaboración dunha editorial e distribuidora. E contará ademais co apoio en redes e medios por parte dos membros do xurado e de Verkami. Darémoslle candela á campaña!!

E como participar

Éxito de convocatoria! En poco máis dunha semana xa cubrimos os 25 juegos inscritos. Pero podedes seguir mandando os vosos protos e quedarán en lista de espera.

Consulta as bases do concurso e xoga as túas cartas :D

Envíanos o teu ProtoXogo antes do 10 de novembro a [email protected] indicando no asunto ‘I Concurso de Protojuegos Verkami’.

Valorarase a orixinalidade, a xogabilidade, a adaptación a diferentes tipos de públicos e os valores culturais dos xogos finalistas.

Colaboran

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies