❗️ Per poder utilitzar Verkami has de fer-ho des d'un altre navegador. Instal·la o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha deixat d'actualitzar el navegador Internet Explorer que estàs utilitzant i ha deixat de ser compatible amb la majoria de llocs web.

Nó-las dúas

"Nó-las dúas" é unha correspondencia fílmica entre dúas amigas, composta por dez cartas e dividida en cinco capítulos.

No-las duas

Un projecte de

Categoria

102%
22
dies
16
Aportacions
275€
De 270€
Aporta al projecte

Escull la teva recompensa

O dona-li suport amb una donació

Aporta sense recompensa
Fes una donació altruista al projecte sense rebre cap recompensa a canvi:

Nó-las dúas: O proxecto

Nó-las dúas é unha correspondencia fílmica a través da cal dúas amigas conversan sobre o paso do tempo, a beleza e a memoria. Unha curtametraxe sobre as vivencias de dúas universitarias en Santiago de Compostela, que pretende destacar os parques e zonas verdes da cidade coa súa imaxe visual.

Sobre as recompensas

Dada a importancia da escritura e a fotografía no noso proxecto, preparamos para vós as seguintes recompensas:

Unha carta de agradecemento e invitación a estrea da curtametraxe que terá lugar na primeira semana de xuño na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Uns adhesivos co logo de Nó-las dúas para que poñas na túa libreta, no portátil...

Unhas postais e uns marcapáxinas deseñados a partir de fotografías feitas por nós mesmas.

E tamén poderás recibir o póster oficial do proxecto deseñado por nós!

Se queres participar neste proxecto só tes que darlle ao botón de aportar da dereita e seleccionar o pack que máis che guste.

Unha vez te rexistres a través da túa conta de Google ou Facebook, Verkami solicitará os teus datos bancarios e de contacto.

Non te preocupes, porque Verkami non realizará ningún tipo de cargo na túa tarxeta ata que a campaña finalice.

Animámoste a que aportes e apoies o noso proxecto!

Quen somos

Somos Iria e Candela, dúas estudantes de Comunicación Audiovisual apaixoadas polo mundo do cinema. Traballamos xuntas en varias rodaxes, como na da curtametraxe A despedida para o Fas Muvis do OUFF.

Ademais, temos experiencia traballando na televisión e en produtoras de cine de Galicia.

Nó-las dúas é o noso Traballo de Fin de Grao e por iso precisamos da túa axuda para facelo realidade!

A que destinaremos as vosas achegas

Unha parte do presuposto estará destinado á adquisición do material necesario para levar a cabo a exposición de fotografía sostible.

Tamén empregaremos o diñeiro para asumir os gastos de soportes de almacenamento de arquivos para a posprodución e a promoción e difusión da obra en diferentes cirucuitos culturais, como por exemplo festivais.

Calendario previsto

A posprodución e desenvolvemento da exposición de foto terá lugar durante os meses de maio e xuño.

Prepararemos as vosas recompensas e as recibiredes no mes de XULLO!

+ Info

Podedes seguirnos no noso Instagram @no.las.duas e no noso perfil de TikTok no.las.duas para coñecer máis o proxecto e as súas novidades!

Ademais, podedes aproveitar e comentarnos calquera dúbida que vos xurda respecto ao Verkami!

Preguntes freqüents

Encara no n'hi ha cap publicada

Tens algun altre dubte o pregunta?

Pregunta a l'autor/a

2 comentaris

Si ja ets mecenes, Inicia sessió per comentar.

  • María Rego

    María Rego

    15 dies

    está quedando chulisimo chicas <3

  • mayte gandara

    mayte gandara

    17 dies

    Mucha suerte con vuestro proyecto!!

Fem servir cookies pròpies essencials per poder oferir el nostre servei i de tercers per conèixer l'ús de la pàgina. Política de cookies