❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Curtametraxe 'A memoria das pedras'

Reatoparse co pasado para afrontar o futuro próximo. Unha curta de ficción con animación 2D integrada.

A Memoria das Pedras

Un proyecto de

Categoría

305%
8
días
40
Aportaciones
1.525€
De 500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

A memoria das pedras. O proxecto

A Memoria das Pedras é unha curtametraxe de ficción que busca ilustrar a viaxe emocional da protagonista mediante a combinación de imaxe real e animación, representando así dous mundos interconectados: o real e o dos recordos. Así, preténdese reflexionar sobre temáticas universais como son a memoria, a perda e a aceptación da morte, pero encadrándoas nun contexto específico, a Galicia rural.

A peza será un drama intimista de entre 15 e 20 minutos de duración rodado integramente en Soandres, A Laracha.

Sinopse

Dorinda, unha muller de avanzada idade que vive soa nunha aldea, ten medo de perder as súas lembranzas nun momento no que sinte preto a morte. Porén, un inusual desvío tralo cabodano da súa mellor amiga fai que redescubra o carreiro que conduce á casa onde naceu, un espazo xa en ruínas que lle axudará a reatoparse cos seus recordos e, polo tanto, enfrontar a morte para cando esta chega.

Quen somos?

Somos María, Adela e Pablo, tres estudantes do grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Coñecémonos dende hai anos, compartindo gustos e experiencias e, desta vez, xuntámonos para realizar en equipo o noso Traballo de Fin de Grao.

Os ideadores do proxecto
Os ideadores do proxecto

Pablo Goirigolzarri - Director

Creceu vendo os clásicos do cine co seu pai. Interésase por un cine de proximidade e de mirada sensible, e ten participado en diversos proxectos. Como director, levou a cabo a curtametraxe Vestigi, rodada en 16 mm e seleccionada na categoría Nous Talents do BCN Film Festival. Tamén foi axudante de dirección e montador da curtametraxe documental Años y lugares e, ademais, formou parte do equipo de produción do festival de cinema para estudantes Facom Fest.

Adela Hervés - Directora

Dende nena amosou gran interese por todo tipo de disciplinas creativas e na súa adolescencia comeza a explorar o campo da fotografía e a montaxe de vídeo. A carreira ensínalle a apreciar e analizar o cinema doutra maneira, e grazas un traballo escolar descubre a súa actual paixón: a dirección. Tras esa experiencia, dirixe tres curtas de ficción dentro do marco universitario, unha curta documental de corte social como práctica para un seminario e un vídeo promocional semiprofesional.

María Gamallo - Directora de fotografía

Sempre lle interesou todo o que estivese relacionado coa arte e a creatividade, pero cando aos nove anos lle regalan a súa primeira cámara, algo cambia para sempre. Capturar momentos converteuse nunha necesidade e na súa paixón. Gran parte da súa experiencia práctica provén da carreira, dos proxectos feitos dentro e fóra das aulas, dos cursos e voluntariados, e das prácticas en empresas. Con todo, cree que moito do que sabe débese á súa curiosidade e a obrigarse a saír da súa zona de confort.

Ademais, os tres tamén nos encargaremos da animación, funcionando como ilustradores e sendo coordinados por María.

Así a todo, non podíamos levar a cabo este proxecto sós, polo que contamos coa axuda de estudantes e recén graduados de diferentes disciplinas artísticas para poder conseguilo:

Andrea Varela (Voces ocultas, Antes de que se poña o sol) é a nosa produtora, con Blanca Navarrete e Miguel Romero como axudantes de produción, ámbolos dous estudantes de Comunicación Audiovisual na USC e a UVigo, respectivamente.

A nosa axudante de dirección é Paula Balsebre, recén graduada de CAV na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, de onde tamén proveñen Irantzu Goñi, ilustradora do storyboard, e Arnau Verges, quen fará a etalonaxe.

Seguindo coa equipa de fotografía, Laura Somoza será a nosa Script, Borja Duarte e Agustín Segura os nosos eléctricos, e Xoán Vázquez o encargado da fotografía fixa e o making-of. Todos estudantes de CAV na USC.

María Pérez (Señora, por favor), tamén estudante na USC, será a directora de arte. Do vestiario e maquillaxe ocuparase Carmen Miragaya, estudante de deseño de moda na escola Mestre Mateo en Santiago de Compostela.

Na equipa de son, Mario Francisco González (recén graduado na EISV) encargarase do son en directo e a posprodución, Elián Mercedes (estudante de CAV na USC) será o axudante de son e Quique Rubio (con formación en composición musical na escola Sedajazz en Valencia) encargarase da banda sonora.

A que destinaremos as vosas aportacións?

Todas as vosas achegas serán destinadas integramente ao proxecto. A vosa axuda serviranos para sufragar todos os custos de produción, realización e posprodución da curta. Principalmente os recursos se destinarán ao alugueiro de material técnico, aos gastos de transporte, aloxamento e dietas de todos os membros do equipo; ao departamento de arte, decorados e vestiario e á posprodución e distribución.

Diagrama cos porcentaxes aproximados
Diagrama cos porcentaxes aproximados

Calendario previsto

O desenvolvemento do proxecto divídese en tres grandes fases: a produción, que terá no mes de marzo; a rodaxe no mes de abril, e a fase de montaxe, animación e posprodución que se realizará entre os meses de xuño e setembro. Unha vez rematada a obra entregarémosvos a vosas recompensas!

Marzo ➝ Preprodución, finalización do guión, localizacións, casting.

Abril ➝ Ensaios, rodaxe.

Maio ➝ 1º Montaxe de vídeo.

Xuño ➝ Finalización da montaxe de vídeo.

Xullo e agosto ➝ Posprodución de son e etalonaxe.

Setembro ➝ Finalización da posprodución, distribución e recompensas.

As recompensas

Para agradecer as vosas achegas, elaboramos diferentes packs de recompensas que vos entregaremos ao remate da curta. Dependendo da cantidade aportada, poderedes obter unha ou outra combinación das seguintes:

  • Aparición nos agradecementos dos créditos

  • Convite á estrea, que será a mediados de setembro de 2024 en Santiago de Compostela, ou acceso ao enlace de visionado online

  • Fondos de pantalla inspirados na curta

  • Pegatinas ilustradas

  • Postais con fotogramas e ilustracións formato A5

  • Póster co cartel da curta formato A3

  • Enlace de descarga da banda sonora

  • Ilustración personalizada no estilo das animacións

Queres estar ao tanto dos avances no proxecto?

Síguenos na nosa conta de Instagram:
https://www.instagram.com/amemoriadaspedras/

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

2 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • mararam7

    mararam7

    24 días

    Os amooo guapos! Que vaya genial ❤️‍🩹

  • michineslugo@gmail.com

    [email protected]

    aproximadamente 1 meses

    Ánimo!!!!!

#01 / Primeiro obxectivo conseguido✨Imos polo segundo!!

Ola! Xa chegamos ao noso primeiro obxectivo!! Así que moitas grazas a todxs polo voso apoio💚 Sen vós non sería posible sacar adiante A memoria das pedras🍃

Agora que acadamos o mínimo para poder levar a cabo esta curta, propoñémonos un segundo obxectivo: chegar aos 800€

Animámosvos a compartir a campaña para que poidamos acadalo👀

Unha aperta de parte de toda a equipa🫶🏻

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies