❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Quinkillada ¨Mortal cumbia¨ Novo disco 2024

Despóis de dous anos xirando con Gozar, sentir e bailar, chega "Mortal Cumbia", 12 temas dos que podes formar parte. Anímate!

Quinkillada

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
81
Aportaciones
5.029€
De 5.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Apoia a Quinkillada e o noso novo disco "Mortal Cumbia"!

¡Benvidos á nosa campaña en Verkami! Somos a Quinkillada, un grupo musical do Morrazo (Galiza), estamos emocionados de presentar o noso segundo álbum, "Mortal Cumbia". Tras o éxito do noso debut con "Gozar, Sentir, Bailar" estamos listos para levar a nosa música ao seguinte nivel e precisamos a túa axuda para facelo realidade.

Sobre "Mortal Cumbia"

Este novo disco será unha fusión única de cumbia e novos sons, con letras en galego que reflicten a nosa identidade. Cun total de 12 cancións cheas de enerxía e ritmo. Estamos seguros de que "Mortal Cumbia" será un éxito tanto na Galiza como máis aló.

Consigue recompensas exclusivas

Ao apoiar a nosa campaña, terás acceso a unha variedade de recompensas exclusivas, incluíndo:

  • Copias asinadas do disco.

  • Camisolas e suadoiros co deseño mortal cumbia.

  • Pegatinas, totebags e outros produtos de merchandising.

  • Entradas para a festa privada de presentación.

Festa privada de presentación

E unha festa que faremos cando teñamos todo o material do Verkami listo para celebrar a saída do disco é facilitar a entrega dos packs a quen poida vir. Haberá música en directo, algo para picar e tempo para estar con todos vos!

Será un evento máis íntimo que un concerto habitual e de maneira máis distendida.

A entrada ao evento vai incluida en todos os packs e só se pode mercar a través de Verkami. Xa vos informaremos a través de correo electronico e das nosas redes.

A festa será no Morrazo cando teñamos todo listo.

Ningún pack inclue entradas para o concerto de presentación. A festa de presentación é un evento diferente.
ENTRADAS PARA O CONCERTO PRESENTACIÓN

Quen somos

A Quinkillada nace na pandemia como resposta artística ao encerro pasando por diferentes estilos musicáis e mesturando a maxia característica da verbena galega e a enerxía arroiadora dun festival.

Dende os nosos inicios, levamos a nosa música a máis de 70 concertos en toda Galiza e participamos en festivais destacados como o Castañazo Rock, Armadiña ou OurenSound. Agora sumamos dous ventos ao noso elenco elevando aínda máis a experiencia musical.

Coa túa axuda, estamos listos para dar o seguinte paso na nosa carreira.

A quinkillada somos:

Yago Graña | Rubén Valverde | Victor Gomez | Daniel Acuña | Hector Lorenzo | Jesús Porto | Daniel Gonzalez
Yago Graña | Rubén Valverde | Victor Gomez | Daniel Acuña | Hector Lorenzo | Jesús Porto | Daniel Gonzalez

A que destinaremos as túas achegas

Os fondos recadados destinaranse a:

  • Gravación e produción do disco.

  • Mezcla e masterización profesional.

  • Deseño gráfico do álbum e merchandising.

  • Gravación de 4 videoclips.

  • Promoción do disco.

Calendario previsto

Esperamos ter "Mortal Cumbia" listo para o seu lanzamento en Abril de 2024, coas recompensas entregadas aos nosos mecenas pouco despois. Manteremos aos nosos seguidores informados sobre o noso progreso e calquera novidade ao longo do camiño.

As entradas para a festa privada de presentación enviarémolas por correo electrónico así coma a data da mesma. Se confirmades asistencia faremos alí a entrega dos packs; en caso de que non poidades asistir faremos o envío a domicilio.

+ Info

Siguenos nas nosas redes sociais para obter máis información e actualizacións sobre o proxecto:

Instagram
Facebook
Twitter
TikTok

As entradas para a festa privada de presentación non son as entradas para o primeiro concerto de presentación!! non vos liedes, esas mércanse aquí
Entradas sala Aturuxo

¡Grazas polo teu apoio e por axudarnos a facer realidade o noso soño! Xuntos poderemos levar "Mortal Cumbia" ata o infinito e facer que todos bailen ó ritmo da Quinkillada.

Preguntas frecuentes

  • A entrada que hai nos packs é a do Aturuxo?

    A entrada NON é a mesma ca do Aturuxo. E para unha festa que faremos cando teñamos todo o material do Verkami listo para celebrar a saída do disco é facilitar a entrega dos packs a quen poida vir. Haberá música en directo, algo para picar e tempo para estar con todos vos!

    Será un evento máis íntimo e de maneira máis distendida.

    A entrada ao evento vai incluida en todos os packs e xa vos informaremos a través de correo electronico e das nosas redes.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

6 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • martinha_iglesias

    martinha_iglesias

    25 días

    Para a celebración da voda por todo o alto! traédenos sudadoiros e camisolas!

  • Rita

    Rita

    aproximadamente 1 meses

    Moita sorte! 🍀

  • Chape_44

    Chape_44

    aproximadamente 1 meses

    Luuuume

  • Alberto Pesqueira Recamán

    Alberto Pesqueira Recamán

    aproximadamente 1 meses

    Lume á cumbia

  • María José

    María José

    aproximadamente 2 meses

    Moita sorte, máquinas! Deseando veros!

  • laaurafeerreira

    laaurafeerreira

    2 meses

    ¡A por todas Quinkis!

#02 / ¡Estamos preto de comezar a celebración!

¡Comunidade de Verkami, estamos entusiasmados por compartir con vós as últimas novas do noso proxecto! Gracias ao voso apoio xeneroso e incansábel alcanzamos a nosa meta.

Esta semana, estaredes recibindo un correo electrónico importante da nosa parte. Neste correo, atoparedes un formulario onde podedes indicar as vosas tallas de merchandising. Queremos asegurarnos de que cada un de vós reciba os artigos do merchandising do noso proxecto coas tallas axeitadas. Así que, asegurádevos de revisar os vosos correos electrónicos e completar o formulario para que poidamos facer os preparativos necesarios.

Mentres tanto, estamos traballando duro para coller impulso cos últimos preparativos.

Ademais, temos outra novidade para vós. Unha vez que teñamos todo o material listo, anunciaremos a festa de presentación. Será un evento inesquecíbel.

Como expresión do noso agradecemento, queremos informarvos de que a primeira cousa que recibiredes cando contestedes ao correo coas vosas tallas será a leer más

#01 / ¡Alcanzamos a meta!

Estamos emocionados de anunciar que, grazas ao voso apoio xeneroso, alcanzamos o obxectivo do noso verkami para a grabación de Mortal cumbia. A comunidade que nos rodea, chea de amigos, familiares e fans, demostrou unha vez máis o seu apoio incondicional á nosa música e ao noso proxecto.

Desde o fondo dos nosos corazóns, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a cada un de vós que contribuíu, compartiu e axudou a difundir a nosa campaña de crowdfunding. Sen a vosa colaboración entusiasta, non sería posible facer realidade este soño. Cada contribución, cada palabra de ánimo, significou moito para nós e enriqueceu este viaxe musical de maneiras que non podemos expresar abondo con palabras.

Neste momento de celebración, queremos compartir a nosa alegría. Estamos ansiosos por compartir con vos a nosa música. O voso apoio é a nosa inspiración e motivación constante para traballar arreo e ofrecer o mellor de nós.

leer más

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies