REVISTA KUBUS
A primeira revista sobre o fútbol e a súa historia, escrita en galego.
[Campaña para posibilitar a saída de Kubus III en papel]
_ Unha revista de fútbol en lingua galega. Contando historias, deixando de lado referencias temporáis, centrándonos nos sucesos que teñen o fútbol como eixe. Seguindo unha liña similar a marcada por Antonín ("Proyecto Panenka"), "So Foot" no país galo, "Un Caño" en Arxentina, "11 Freunde" en Alemaña, .. Tentando combinar ideas, mesturar pontos de visión e aderezar todo coa tremenda ilusión que se ten no proxecto.
_ O soño de tentar encher o baleiro que presenta o periodismo relacionado co deporte rei en lingua galega. A intención final de que mensualmente preto de cen páxinas con contido futbolístico en lingua galega pasen a imprenta. A búsqueda da superación da utopía, poder ofrecer en cada número textos de autoría relevante. Que persoas de renome no ámbito do fútbol presenten as súas verbas para seren traducidas a lingua galega.
_ A persecución de crear o que nos agradaría poder atopar no mercado, pero que ata data ninguén se arriscou a levar adiante. Contar ás historias que nos encantaría ter escoitado de cativos.
_ A pretensión de mostrar un trato o fútbol na lingua de Rosalía como ata a data nunca se realizou.
Camisetas (a escoller unha) :
[Kubus / Zico "O Galinho de Quintino" / Johan Cruyff / Eric Cantona]
As revistas en PDF enviaranse na última semana de Xuño, e a mesma en papel e as camisolas, a comezos de Xullo
4 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Rubenglez
Autor/a
A revista é do fútbol e a súa historia en lingua galega, non da historia do fútbol galego.
Graciñas
Antón
Por qué Cantoná e Cruyff? Non lle vexo a relación co fútbol galego. Non é por amolar, conste. É só unha suxestión para facelo máis atractivo. Moita sorte!
Rubenglez
Autor/a
Escapa de nos. De todas formas, poderás comprobar que no tempo de existencia que Verkami leva funcionado, endexamais houbo queixa algunha respecto a transferencias económicas.
markoss
Deberíades ofrecer o pago mediante paypal, non me fío das tarxetas.