❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Mulleres Bravas da nosa historia

Mulleres bravas da nosa historia" será unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer unha serie de mulleres exemplares da historia da Galiza aos públicos máis novos. Serán álbumes ilustrados en formato 21x21cm cun custo de 10€ unidade e sairán a ritmo trimestral.

Urco Editora

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
235
Aportaciones
6.135€
De 4.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

O proxecto Mulleres Bravas da nosa historia

Mulleres bravas da nosa historia será unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer unha serie de mulleres exemplares da historia da Galiza aos públicos máis novos.

Publicaranse a ritmo trimestral, e os dous primeiros títulos, que sairán xuntos, estarán dedicados a Rosalía de Castro e a María Victoria Moreno, exemplos senlleiros das nosas letras.

Alén de contar as biografías das protagonistas, os libros contarán con actividades para realizar coas cativas e cativos e cronoloxía, todo para axudar a valorar a achega das protagonistas á nosa cultura e ao noso país, ás veces ocultada polo feito de seren mulleres.

Todos os libros contarán coas ilustracións de Eva Agra e texto de diferentes autoras de renome, como María Lado, Eli Ríos, Elvira Ribeiro, Ledicia Costas, María Reimóndez...

O proxecto está coordinado pola traballadora de Urco Andrea Jamardo Seijo e conta cun comité de asesoras formado por Patricia Porto Paderne (educadora social e libreira experta en xénero) e Mariám Mariño (Técnica da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega). Asemade, a revisión lingüística dos textos correrá a cargo de Raquel Vila Amado (traballadora do ILG e correctora profesional).

A que vamos destinar as vosas achegas

O proxecto Mulleres Bravas da nosa historia é moi ambicioso desde o comezo, e precisa dun pequeno empurrón inicial. Coas vosas achegas aseguramos unha serie de vendas de partida que nos axudarán a cubrir parte dos custos da tiraxe e a pagar dignamente as persoas que traballan no proxecto.

O obxectivo é amortizar unha parte dos custos de saída para podermos realizar unha distribución forte a nivel de todo o país (librarías, bibliotecas, centros de ensino etc.), xa que o máis importante para nós é a difusión da mensaxe desta colección.

Sobre as recompensas

Agás a recompensa de 3€, que é unha achega pola que recibirás unha chapa, todas as demais implican unha precompra de libros, á que se suman agasallos.

Nas recompensas de 10, 15, 25 e 50€ varía a cantidade de libros e o tipo de agasallo. Ten en conta que o PVP dos libros é de 10€, así que realizando unha achega, ademais do libro, recibirás o agasallo que escollas, que recibirás na casa con toda a comodidade a través dun servizo de mensaxería.

Nas recompensas de 65, 300, 500 e 1000€ o que ofrecemos son lotes de libros cun desconto de entre o 35% e o 50% do PVP. Estas recompensas están pensadas para librarías e centros que poidan vender libros. Se es libreira podes beneficiarte deste desconto exclusivo e dos agasallos que trae consigo para comercializares os libros na túa libraría.

Calendario previsto

De conseguirmos o financiamento, os dous primeiros títulos verán a luz a finais de novembro, polo que as recompensas serán enviadas na última semana deste mes.

Máis información

Podes facer as túas consultas a través dos perfís de Facebook da editorial ou da libraría Lila de Lilith:

Perfil de Urco Editora
Perfil da libraría Lila de Lilith

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

6 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • manumkds

    manumkds

    7 años

    y en la relación de mecenas aparece una Esther Basanta, tal vez ese sea el problema. Saludos

  • manumkds

    manumkds

    7 años

    Hola, acabo de recibir mi recompensa, de la cual estoy muy contento, menos por el detalle de que el nombre de mi hija, a quien iba dirigido el envío y los agradecimientos, no aparece en la relación de mecenas. Su nombre es Esther Balsa Signiorini-

  • Urco Editora

    Urco Editora
    Autor/a

    más de 7 años

    Ola!

    Estamos contactando con todas as mecenas para vos preguntar quen queredes que figure nos agradecementos, así que en cuestión duns días recibirás noticias nosas, descoida.

    Aproveitamos tamén para che comentar que por problemas de prazos de impresión, na primeira fornada dos dous primeiros títulos só figurarán as mecenas que había até o momento de mandar os libros ao prelo. Porén, a totalidade das mecenas aparecerá en todos os títulos seguintes e tamén nas reimpresións dos dous primeiros, que agardemos sexan moitas e moi grandes.

    Unha aperta e moitísimas grazas por participares!

  • marinhapenas@gmail.com

    [email protected]

    más de 7 años

    Acabo de participar, pero algo fixen mal e na lista de patróns sae o meu mail, e eu quería poñer o nome de outra persoa. Que podo facer?

  • Urco Editora

    Urco Editora
    Autor/a

    más de 7 años

    Ola, Antonio. A colección require de certo grao de comprensión lectora, polo que falamos máis de primaria que de infantil. Despois, como alén do conto en si mesmo hai unha chea de actividades, explicacións e material didáctico extra, a nosa intención é que os libros se poidan adaptar a crianzas dun rango de idade bastante amplo. Poida que unha cativa de 7 anos quizais non entenda determinados conceptos ou non teña interese na cronoloxía das protagonistas, pero seguro que goza da historia, as ilustracións e algunha das actividades. Por iao cremos que os libros son acaídos para un rango de idade bastante amplo

  • Antonio Ferrer Moreira

    Antonio Ferrer Moreira

    más de 7 años

    Está pensado para Educación Infantil só ou tamén para Primaria? No caso de primaria, para toda a primaria ou só para 1º Ciclo?

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies