Project description

O Cullarapo Croque será o número 5 dentro dos cadernos “Q de Vian”, iniciativa da Porta Verde do Sétimo Andar que comezou o seu camiñar no ano 2011, e que xa ten catro números na rúa:

1.- De Castro. Autores: Alba Méndez e Alberte Momán

2.- Pegadas. Que reúne trinta e sete voces galaico-portuguesas.

3.- O día que morreu Steve Mc Queen. Autor: Kiko Neves.

4.- Desobediencia. Autor: Rosa Enríquez.

O libro terá un formato 18 x 24,5 cm, impreso a 4/4 tintas en papel offset abuesado de 100 grs. A encadernación será en cartoné ao cromo impreso a 4/0 tintas en papel estucado 150 grs, plastificado mate a 1/c.

QUE É A PORTA VERDE DO SÉTIMO ANDAR?
A Porta Verde do Sétimo Andar xurde en maio de 2005, produto da coincidencia de traxectorias, experiencias e inquedanzas que fai posíbel artellar unha idea colectiva.

É un espazo creativo e aberto a todo tipo de expresión artística mesmo interactuada, un espazo poético de encontro e coincidencia; galego e comprometido coa cultura galega.

O seu ámbito de acción abrangue toda Galiza e norte de Portugal, mais tamén existen importantes conexións con comunidades galegas de Madrid ou Barcelona.

Hogano, A Porta Verde conta xa cun bo número de publicacións. No ano 2007 sae á rúa o primeiro libro colectivo de poesía baixo o título de “A Porta Verde do Sétimo Andar” no que participan nove voces poéticas distintas: Abilio Rodríguez, Alberte Momán, Alfonso Láuzara, Cruz Martínez, Elvira Riveiro, Luís Viñas, Manolo Pipas, Alfonso Rodríguez e Rosa Martínez.

"Sétimo andar, poesía alén" (2010) era o segundo libro colectivo, cando A Porta Verde cumpría 5 anos de andaina poética. Nel participan outras nove voces poéticas diversas, das que repiten só tres nomes do primeiro libro: Miguel Ángel Alonso Diz, Ana Cibeira, Rosa Enríquez, Alfonso Láuzara, Alba Méndez, Alberte Momán, María N. Soutelo, Manolo Pipas e Ramiro Vidal.

Tivo un éxito sorprendente, considerado por Fervenzas Literarias o 3º mellor libro de poesía galega do ano 2010.

A todo isto debemos sumar os xa mencionados cadernos** Q de Vian**.

QUEN SON OS AUTORES?
Ambos decidiron non incluír datos sobre a súa traxectoria, xa que nada os pode definir mellor que os seus versos e as súas ilustracións.

Miguel Ángel Alonso Diz

“Quen son eu?

Eu soamente son un fío de voz pendurado na eterna noite dun curruncho esquecido, onde case non se distingue a tenue luz duns verdes ollos aínda durmidos.

Só iso...

un fío de voz, unha tenue luz no medio da escuridade”.

http://forxadordeversos.blogspot.com/

Luz Beloso

“Luz camiña nos soños,
constrúe paisaxes
onde habitan
aqueles segundos
nos que inda había esperanza”.

http://luzbeloso.blogspot.com/
http://dibujosbeloso.blogspot.com/

 

Share the project with your friends

Publish the project's widget
Select the widget that best fits your website. You only need to copy and paste.


Questions and answers(0)

  • No questions.
If you want to know more ask a question

O Cullarapo Croque

Raised 3.045€
of 3.000€
100% funded Conseguido!
O cullarapo serve de fío condutor entre os poemas que viven neste libro. 80 páxinas cheas de poesía, de fermosas ilustracións e sobre todo de moita dozura. Os autores do libro: Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, conseguen achegar aos nenos e nenas temas como o respecto aos demais, os soños...

Contribute there are 0 days left to support it.

 
  • Contribute 15€
    39 PATRONS

    1 Exemplar do libro dedicado polos dous autores + Agradecemento no blog do forxador de versos.

  • Contribute 20€
    13 PATRONS

    1 Exemplar do libro dedicado polos dous autores + 1 ilustración do cullarapo dedicada + Agradecemento no blog do forxador de versos.

  • Contribute 30€
    10 PATRONS

    2 Exemplares do libro dedicados polos autores + Agradecemento no blog do forxador de versos.

  • Contribute 50€
    8 PATRONS

    3 Exemplares do libro dedicados polos autores + 3 ilustracións cullarapo de agradecemento dedicadas + Agradecemento no blog do forxador de versos.

  • Contribute 100€
    5 PATRONS

    4 Exemplares do libro dedicados polos autores + 4 ilustracións cullarapo de agradecemento dedicadas + 1 camiseta do forxador de versos + Agardecemento no blog do forxador de versos.

  • Contribute 500€
    2 PATRONS

    20 Exemplares do libro dedicados polos autores + 20 ilustracións, cullarapo e forxador de versos de agradecemento dedicadas + 3 camisetas do forxador de versos + Agradecemento no blog do forxador de versos.

Contribute there are 0 days left to support it.

 

Project's blog (5)

  • 24.03.2012

    Obxectivo acadado!!

    Amigos e amigas!
    Nenas e nenos!

    Parabéns a todos. Conseguímolo!

    Hai que me colleu pola rúa, e díxome:

    Estarás orgulloso?

    Non - respondín.

    O que estou é moi AGRADECIDO.

    Unha aperta a tod@s!!

    Miguel Ángel Alonso Diz
    Luz Beloso

    read more
  • 18.02.2012

    PORTADA DO CULLARAPO CROQUE

  • 10.02.2012

    O Cullarapo Croque

    Neste libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto a individualidade.... xunto a fermosas imaxes que forman un "todo" perfectamente conectado.

    Mercalo a través de aquí é unha boa oportunidade xa que o prezo, unha vez este na rúa vai ser bastante superior aos ...

    read more
5 more updates, see all

About the author

Foto de Miguel Ángel
Miguel Ángel
"Despois dun tempo de silencios voltei trala morte e dinlle ás de bolboreta á noite que me tiña engaiolados os beizos." (14/1/1976-1/6/2007) read more
Miguel Ángel has 0 other projects in verkami You can find more information at http://forxadordeversos.blogspot.com/