QUE É VITAMINAS PARA O GALEGO?
O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre os apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do NO da Península Ibérica. A pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar. Para espallar esta idea xorde o proxecto "Vitaminas para o galego", impulsado polos medios en galego e que se centrará en eventos a desenvolver en distintas vilas galegas e nun festival que se celebrará en Santiago de Compostela na primavera do 2012.
QUEN IMPULSA VITAMINAS?
Promoven esta iniciativa Galicia Confidencial, Tempos Novos, Praza Pública, Novas da Galiza, Radiofusión, Valminor.info, quepasanacosta, Certo.gl. O Sil e Crónica3. Tamén Terrachá.xa, Crónicas da comarca (Arzúa - Melide), Radio Nordés (Vimianzo), Cadernos de Comunicación e Analise, Hermes e Atenea, surfgz.com, disquecool, Cabozo e Vencello. Son medios e redes sociais que teñen en común a utilización da lingua galega
QUE FAREMOS COA TÚA AXUDA?
Coa túa aportación contribuirás á realización desta campaña, axudarás ao pago dos calendarios, chapas e paraugas que distribuiremos por toda Galicia. Contribuirás á organización de eventos de sensibilización e apoiarás o mantenemento de medios que buscan vertebrar a comunidade, difundir o noso idioma e garantir a súa transmisión interxeneracional.
ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?
Listado de páxinas web dos medios de comunicación en galego:
Project description
Share the project with your friends
Questions and answers(24)
-
Podem-se seguir fazendo doazons? Podem-se seguir fazendo doazons?
Pódelas facer a través do correo vitaminasparaogalego@gmail.com Estamos a organizar un festival Vitaminas para o galego en Santiago de Compostela o venres 27 de abril
-
Fai 15 días recibín un email de Verkami Staff no que me pediron o meu enderezo para recibir a "recompensa" no meu fogar, pero non volvín a saber nada máis. Como está o tema? Moitas grazas Fai 15 días recibín un email de Verkami Staff no que me pediron o meu enderezo para recibir a "recompensa" no meu fogar, pero non volvín a saber nada máis. Como está o tema? Moitas grazas
Mañá venres sairán por Correos todas as recompensas. Se nuns 3 ou 4 dias non as recibes, envianos un correo a vitaminasparaogaego@gmail.com Moitas grazas
-
gustariame recibir no meu fogar as recompensas,o meu enderezo é vilaflor, nº 5, ramirás,32810 ourense,grazas gustariame recibir no meu fogar as recompensas,o meu enderezo é vilaflor, nº 5, ramirás,32810 ourense,grazas
Tomamos nota. Nos vindeiros dias comezaremos a enviar as recompensas. Moitas grazas.
-
Cales son os sitios onde poden recollerse as recompensas? É que non encontro a información no blogue :) Cales son os sitios onde poden recollerse as recompensas? É que non encontro a información no blogue :)
Nos locais de Tempos Novos, Quepasanacosta, Ovalminor. info ou Radiofusión. Radiofusión Casa do Concello 15500 Fene (A Coruña) 981 492775
-
Que falla de seriedade!! rematada a campaña morreu o compromiso. Nin nomes, nin agasallos, nin as grazas. Así non val a pena traballar con vos. Que falla de seriedade!! rematada a campaña morreu o compromiso. Nin nomes, nin agasallos, nin as grazas. Así non val a pena traballar con vos.
Os agasallos ou "recompensas" enviaránse a vindeira semana, unha vez concluido o prazo de 10 dias despois de finalizar o proxecto, prazo que marca verkami, segundo se pode ver nas súas instrucións. As grazas publicamos as primeiras o 10 de xaneiro. Estamos agardando para publicar unha segunda tanda, pola resposta de moitos dos micromecenas que deben autorizar a publicación do seu nome. Unha aperta.
-
Algueirada SL, empresa mantedora dos servizos gratuítos da comunidade de blogues en galego Blogaliza, apoia economicamente a iniciativa. Supoño que precisaredes o noso enderezo postal para mandarnos o material promocional. Saúdo fraterno da Xerencia. Algueirada SL, empresa mantedora dos servizos gratuítos da comunidade de blogues en galego Blogaliza, apoia economicamente a iniciativa. Supoño que precisaredes o noso enderezo postal para mandarnos o material promocional. Saúdo fraterno da Xerencia.
Podedes evniar o enderezo postal a vitaminasparaogalego@gmail.com Moitas grazas e Vitaminas
-
Gustanos a iniciativa!, como podemos axudar dende latri.ca? Gustanos a iniciativa!, como podemos axudar dende latri.ca?
Difundindoa. Nesta primeira fase, antes do luns ás 18,36 h.
-
Ben pola iniciativa. Estou disposto a difundila, a espallala, de xeito que quede ben patente que non só hai unha lingua, senón que hai un pobo que é el mesmo toda unha vitamina! Ben pola iniciativa. Estou disposto a difundila, a espallala, de xeito que quede ben patente que non só hai unha lingua, senón que hai un pobo que é el mesmo toda unha vitamina!
Moitas grazas pola túa axuda e polo teu ánimo.
-
A Taberna O Patacón de Carballo sempre meneamos á lingua en galego, e con estas vitaminas aínda a menearemos máis. Un saúdo e saúde para o galego!!! A Taberna O Patacón de Carballo sempre meneamos á lingua en galego, e con estas vitaminas aínda a menearemos máis. Un saúdo e saúde para o galego!!!
Saúde e vitaminas tamén para a Taberna O Patacón de Carballo.
-
Vitaminizada eu tamén, total apoio a esta iniciativa. Vitaminizada eu tamén, total apoio a esta iniciativa.
Moitas grazas pola túa axuda. Moitas vitaminas, moita enerxia para o idioma galego.
-
A Sala A Reserva de Carballo temos total simpatía con este proxecto, e simplemente con que figuren eses datos como micromecenas sería suficiente. Un saúdo e dádelle á lingua. A Sala A Reserva de Carballo temos total simpatía con este proxecto, e simplemente con que figuren eses datos como micromecenas sería suficiente. Un saúdo e dádelle á lingua.
O noso apoio, a nosa simpatía tamén coa Sala A Reserva de Carballo. Moitas grazas.
-
Boas! Tedes a miña autorización para publicar os meus datos como micromecenas: "Estación Atlántica- Mª José Barreiro". Parabéns pola iniciativa! Barcelona Boas! Tedes a miña autorización para publicar os meus datos como micromecenas: "Estación Atlántica- Mª José Barreiro". Parabéns pola iniciativa! Barcelona
Forza para Estación Atlántica. Grazas.
-
Son sabela romar, xornalista, de Corcubión, autorizo, a través desta mensaxe, a publicación dos meus datos como micromecenas. É unha iniciativa estupenda e estou encantada de que teña tanta repercusión e éxito. :-)) Son sabela romar, xornalista, de Corcubión, autorizo, a través desta mensaxe, a publicación dos meus datos como micromecenas. É unha iniciativa estupenda e estou encantada de que teña tanta repercusión e éxito. :-))
Sabemos do teu traballo Sabela. Noraboa. Moitas grazas pola túa axuda.
-
Ola. Eu o mesmo que o micromecenas anterior, tamén recibín a petición de consentemento para publicar o meu nome e localidade e tampouco non teño ningún problema: Chus Barbeira. Vimianzo. Saúdos Ola. Eu o mesmo que o micromecenas anterior, tamén recibín a petición de consentemento para publicar o meu nome e localidade e tampouco non teño ningún problema: Chus Barbeira. Vimianzo. Saúdos
Grazas.
-
O meu nome e localidade: Silvia Orge, Soutomaior O meu nome e localidade: Silvia Orge, Soutomaior
Grazas. Vitaminas
-
Ola! Como facemos para dar o consentimento para publicar o nome e localidade? A través desta lista de preguntas/respostas (xa vexo que pode ser)? Non hai outra maneira máis práctica? Saúde. Xurxo Ola! Como facemos para dar o consentimento para publicar o nome e localidade? A través desta lista de preguntas/respostas (xa vexo que pode ser)? Non hai outra maneira máis práctica? Saúde. Xurxo
Enviando un correo a hsanfiz@gmail.com . Grazas. Dádelle máis vitaminas.
-
Boas! Tedes a miña autorización para publicar os meus datos como micromecenas: SISTEMAS DE ENXEÑERÍA AMBIENTAL - MOAÑA Parabéns pola iniciativa e adiante! Ferreira Boas! Tedes a miña autorización para publicar os meus datos como micromecenas: SISTEMAS DE ENXEÑERÍA AMBIENTAL - MOAÑA Parabéns pola iniciativa e adiante! Ferreira
Grazas e vitaminas para o galego
-
ola,eu tamen vos dou o meu consentimento para publicar o nome,marcos melendez alonso de ramiras,sorte e a continuar traballando. ola,eu tamen vos dou o meu consentimento para publicar o nome,marcos melendez alonso de ramiras,sorte e a continuar traballando.
Moitas grazas.
-
Boas, son o xestor de www.surfgz.com, o xornal de referencia de novas de deportes de praia. Contamos con uns 5.000 usuarios únicos por mes e publicamos todo en galego. Gustariame entrar no voso proxecto das vitaminas. Noraboa pola campaña! Boas, son o xestor de www.surfgz.com, o xornal de referencia de novas de deportes de praia. Contamos con uns 5.000 usuarios únicos por mes e publicamos todo en galego. Gustariame entrar no voso proxecto das vitaminas. Noraboa pola campaña!
Por suposto que estamos abertos. Moitas grazas por interesarte. Cantos máis sexamos, máis Vitaminas lle daremos ao galego.
-
Eu tamén recibín un correo como o de Suso Rubio. Deberiades especificar onde enviar o noso nome e localidade, non? Ben, eu son Manoel María Valcárcel Rodríguez e vivo en Barcelona. Eu tamén recibín un correo como o de Suso Rubio. Deberiades especificar onde enviar o noso nome e localidade, non? Ben, eu son Manoel María Valcárcel Rodríguez e vivo en Barcelona.
O nome e a localidade pódese enviar como mensaxe de resposta, ao mensaxe recibido. Tamén a calquera destes correos: direccion@radiofusion.eu hsanfiz@hotmail.com
-
Ola, recibín un correo para pedirme consentimento para publicar o meu nome e localidade como micromecenas, ningún problema: Suso Rubio. Valadouro. moita sorte Ola, recibín un correo para pedirme consentimento para publicar o meu nome e localidade como micromecenas, ningún problema: Suso Rubio. Valadouro. moita sorte
Moitas grazas Suso. Apuntamos nome e localidade.
-
Moi ben me parece e non é por andar de rosmón, pero iso de "esos" na primeira liña xa lle quita a un as ganas de seguir lendo, menos mal que un xa está habituado, veña, con forza, vontade e boa letra. Moi ben me parece e non é por andar de rosmón, pero iso de "esos" na primeira liña xa lle quita a un as ganas de seguir lendo, menos mal que un xa está habituado, veña, con forza, vontade e boa letra.
Non é rosmón. O erro foi noso. Xa está correxido. Moitas grazas
-
Ola, moi boa iniciativa, a ver se conseguides moitos apoios. Só unha cousa. Hai un par de erros no texto: aparece *xurde por xorde e aparece *aportación (castelanismo) por achega ou contribución. Saúdos Ola, moi boa iniciativa, a ver se conseguides moitos apoios. Só unha cousa. Hai un par de erros no texto: aparece *xurde por xorde e aparece *aportación (castelanismo) por achega ou contribución. Saúdos
Correxiremos o erro que nos apuntas, Pablo. Só podemos facelo no texto que nós elaboramos (xorde por xurde). O de "aportación" pertence á plantilla de verkami que está polo dagora en castelán, catalán e inglés. De todos os xeitos xa lle ofrecimos a verkami, traducir gratuitamente ao galego esas "partes". Un saúdo.
-
Bravo, Os Cempés apoiaremos a campaña. Seguro que o conseguides, o obxetivo e máis. Cómo non, un consello: Non deixedes de publicitalo no facebook, cada 3-4 dias pedindo que se comparta, é imprescindible. Un Saudo. Bravo, Os Cempés apoiaremos a campaña. Seguro que o conseguides, o obxetivo e máis. Cómo non, un consello: Non deixedes de publicitalo no facebook, cada 3-4 dias pedindo que se comparta, é imprescindible. Un Saudo.
Moitas grazas pola vosa música e pola vosa xenerosidade. Un saúdo
Vitaminas para o galego
Contribute there are 0 days left to support it.
-
Contribute 10€27 PATRONS
Agradecemento nos medios participantes os dias 10 e 31 de xaneiro + 10 calendarios de peto do 2012 co lema de "Vitaminas para o galego". Enviarémolos ao teu domicilio.
-
Contribute 20€129 PATRONS
1 paraugas + 2 chapas + 4 calendarios + Agradecemento nos medios participantes os dias 10 e 31 de xaneiro.
-
Contribute 60€28 PATRONS
3 paraugas + 5 chapas + 15 calendarios + Agradecemento nos medios participantes os dias 10 e 31 de xaneiro.
-
Contribute 100€11 PATRONS
6 paraugas + 10 chapas + 10 calendarios + Agradecemento nos medios participantes os dias 10 e 31 de xaneiro.
-
Contribute 200€THERE ARE 1 REWARDS LEFT (OF 1)
1 aloxamento dunha noite, almorzo e circuito termal para 2 persoas no Balneario Rio Pambre (Palas de Rei Lugo)
-
Contribute 200€THERE ARE 1 REWARDS LEFT (OF 1)
1 cesta de froitas exóticas e do país doada por Froitas León + 1 caixa de 6 queixos da D.O Arzúa Ulloa + 5 paraugas + 5 chapas + 5 calendarios
-
Contribute 200€NO MORE REWARDS LEFT
1 cea e 1 estancia dunha noite nunha casa de turismo rural + 10 calendarios de peto
-
Contribute 500€THERE ARE 1 REWARDS LEFT (OF 1)
25 paraugas + 85 chapas + Agradecemento nos medios participantes os dias 10 e 31 de xaneiro.
-
Contribute 1.000€NO MORE REWARDS LEFT
1 concerto de Leo i Arremecaghona na casa do donante e 5 quilos de percebes de Malpica de Bergantiños
- 197 patrons
- 6.830€ raised (of 3.300€)
Contribute there are 0 days left to support it.
Project's blog (3)
-
10.01.2012
Vitaminas para o galego supera as expectativas de recadación
A iniciativa a prol dos
medios na lingua do
país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o
Galego” conseguiu recadar máis de 4.200 euros a través de
Internet en menos dun mes dende a súa presentación.O obxectivo inicial era
read more
recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con ... -
30.12.2011
Novos medios súmanse a Vitaminas para o galego
Terrachá.xa, Crónicas da comarca (Arzúa - Melide) e Radio Nordés (Vimianzo) veñen de sumarse á campaña Vitaminas para o galego. Agradecemenos a súa receptividade igual que a de todos os mecenas colaboradores desta iniciativa de sensibilización arredor da importancia dos medios de comunicación que...
read more -
21.12.2011
Queremos vitaminas
Campaña de sensibilización acerca da necesidade de medios de comunicación en galego, se queremos garantir a pervivencia do idioma galego como lingua de uso neste século XXI. Promoven a iniciativa Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza Pública, Radiofusión, Tempos Novos, Valminor.info, QuePa...
read more
