Festival Taíña
A asociacíon xuvenil Taíña é un colectivo que leva 11 anos achegando ás xentes do Baixo Minho, Galiza e norte de Portugal a cultura musical popular de todo o mundo.
Queremos ir a pola 12ª edición do festival e seguir facendo cultura do pobo e para o pobo e por iso precisamos da vosa axuda para levalo a cabo.
Ademais do festival levamos realizado pequenos concertiños de presentación ou simplemente para pasalo ben.
12ª Taíña Goian
A vindeira edición do festival será o 14 de Febreiro de 2015 e coma sempre de balde.
Como novidades podemos adiantarvos que éste ano contaremos por primeira vez con un artísta internacional como é Elijah que ven dende Suíza.
Tamén estamos traballando na posibilidade de comtar con outro grupo internacional...pero xa vos iremos contando.
Anteriores edicións
Levamos xa 11 anos ofrecendo festa da boa para escorrentar o frío máis duro do entroido, nos cales quecemos o corpo con diversos estilos musicais dos grupos máis descarados da Galiza, Asturies, Catalunya, Madrid...
Os Tres Trebóns, A Matraca Perversa, La Tarrancha, Skandalo Gz, The Skarnivals,Collón de Lola, Los Sundayers, Dios ke te Krew, Kogito, Ruxe Ruxe, Sherpah, D-Rumba2, Trapos Sucios, La Troba Kung-Fu, Dakidarría, etc, etc.
A qué destinaremos as vosas aportacións
As vosas aportacións estarán destinadas a facer posible este proxecto invertindo o recadado específicamente en gastos de son, infraestructura, grupos e manutención ademais das vosas recompensas.
As vosas recompensas
O disco recopilatorio será exclusivo para recompensar as vosas aportacións e contará con grupos amigos como:
Skándalo GZ (Ponteareas), Dakidarría (Valmiñor),Trapos Sucios(Muros), Reggae a Semente(Brasil) ,Julio&Agosto( Arxentina, PolleraPantalón(Arxentina) Falsa Monea(Madrid ) e moitos máis.
As camisolas e chapas estamos traballando a fondo no seu deseño e en canto teñamos algo iremosvos amosando.
O roteiro será polo espazo que rodea a fortaleza de Goian polo cal vos guiará un experto (datas aínda por concretar).
Calendario previsto
A 12ª edición do festival celebrarase o 14 de Febreiro e as recompensas poderedelas recoller no propio festi ou entregaranse nun prazo máximo de 2 meses logo de pechar o proceso de verkami.
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.