❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

TRIM (Peixoto / Fariñas / Barroso) - Lanzamento CD+DVD

Os músicos Luís Peixoto, Pedro Fariñas e Fernando Barroso xúntanse para crear esta nova banda, 'TRIM'. Preséntanse co lanzamento dun CD+DVD da gravación, que será producido nas vindeiras semanas e enviado aos mecenas na primeira quincena de Xuño.

Fernando Barroso

Un proxecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
182
Achegas
3.793€
De 3.400€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Català, English, Português e Castellano

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

Ola a todos!

Dende este preciso instante no que decidimos contar con vós, comezamos esta andaina que nos levará a pasar polo estudio a gravar as músicas que temos creadas e arranxadas recentemente, gran parte delas da nosa propia autoría. A produción deste traballo, que será case na súa totalidade en directo, virá acompañada dun DVD da gravación, no que aparecerán todos os temas do disco, ademáis de algún material extra. Nas próximas semanas estaremos cheos de traballo, e de ilusión por presentarvos este novo proxecto.

Gracias polo voso apoio. Durante estes 40 días estaremos en contacto coas novidades.

Luis, Pedro e Fernando.


TRIM, o novo trío formado por Luís Peixoto, Fernando Barroso e Pedro Fariñas mestura a gaita galega coas cordas, aportando a súa visión da música instrumental actual, con composicións propias e reminiscencias das músicas populares de Galicia e Portugal. A súa traxectoria individual, a súa bagaxe, e a súa versatilidade adquirida tras participar en numerosos proxectos, fan deste, un trío cunha sonoridade peculiar e con certo aire innovador no eido do panorama folk actual.
Ver Video

CD+DVD

Este traballo discográfico será presentado tamén en formato DVD.

Os tres músicos pasarán a gravar polo estudio 'A Ponte' de Tomás Ageitos, onde farán sesións en directo dos temas que formarán parte deste novo traballo.

Será editado un video mostrando a gravación dos temas do disco, ademáis de entrevistas e algún extra do proceso de produción.

David Ramos de Animaxes AV e Marta Guijarro de The Poca Monta Company, formarán parte do equipo, en canto a realización de video e deseño gráfico.

OS MÚSICOS

Luis Peixoto (Coimbra), é un experimentado músico portugués, que domina diferentes instrumentos de corda, como o bandolim ou o cavaquinho. Na súa traxectoria musical aparecen bandas como Dazkarieh, Sebastião Antunes & Quadrilha, Assembly Point, Anxo Lorenzo Band ou Júlio Pereira, sen nomear multitude de colaboracións tanto en directo como en gravacións a nivel internacional, onde podemos destacar a Korrontzi, Kepa Junkera, Fetén Fetén ou Flook.

Fernando Barroso (Ferrol), músico galego que fai parte das bandas de Xosé Manuel Budiño, Os Cempés e Riobó. Na súa traxectoria ten colaborado con numerosas formacións e artistas. Entre eles Anxo Lorenzo Band, Ardentía, Malvela, Uxía Senlle, Sebastião Antunes, Josep María Ribelles, RIU, Coanhadeira e colaboracións especiass con Korrontzi, DRD, Kepa Junkera ou Danú. No seu traballo como compositor e productor musical, cabe descatar os traballos xunto a Assembly Point (Assembly Point 2011), o grupo catalán RIU, (Amb Canya 2012), o portugués Luís Peixoto (Pop 2012) e o disco debut do acordeonista Andrés Penabad (2014).

Pedro Fariñas (Vigo), gaiteiro novo pero con moitos galardóns e experiencia nas costas, así como saxofonista de prestixiosas bandas de música Reggae da península, como son Transilvanians, e Zamaramandi, que ven de editar o seu novo LP "Howling Around". No eido da música tradicional foi membro fundador de Anacos de Buxo, membro do cuarteto Canle Dadá e membro e solista da Banda de Gaitas Xarabal (Vigo). Realizóu gravacións para o cd dos premios David Russel (2006), para o Musgafol(2009), e para o libro-cd Gaita 2.1 (2010), sen esquecer o álbum Semprevirente (2004) do cuarteto Anacos de Buxo. Entre os seus innumerables premios en certames para cuartetos e solistas cabe destacar o 1o premio no Trophée Maccrimmon para Gaita no Festival Interceltique de Lorient, 2011 (France).

AXENDA PREVISTA

O CD e DVD serán gravados na segunda semana de Abril. O proceso de mesturas, masterización e montaxe do video está previsto que se remate cara inicios do mes de maio. Deste xeito, contamos que tralo periodo estimado de 20 días para a fabricación das copias, o material será enviado aos mecenas durante a primeira quincena de xuño.

LIGAZÓNS DE INTERESE
TRIM
PRODUCIÓNS DO CUARTO BALEIRO

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

7 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Fernando Barroso

    Fernando Barroso
    Autor/a

    case 10 anos

    Ola Edu! Por agora non hai actuacións planificadas. Despóis do verán pensamos organizar unha serie de concertos de presentación. Síguenos en Facebook e iremos anunciando todo. Unha aperta!!

  • Edu

    Edu

    case 10 anos

    Boas tardes Trim. Ante o novo descubremento fai unha semana da vosa existencia como grupo o que quería saber era as próximas datas dos concertos ou actuacións. Parabéns polo traballo e por facernos disfrutar¡¡ Edu.

  • Copias de CD's

    Copias de CD's

    case 10 anos

    Hola chicos veo que estáis haciendo un proyecto, para la fabricación de vuestros CD's, tenéis precios?

    En caso afirmativo si nos lo hacéis llegar LO MEJORAMOS!!

    Un saludo,

    Isaac Dios - [email protected]

  • Fernando Barroso

    Fernando Barroso
    Autor/a

    case 10 anos

    Hola Wenceslao ! Si no te interesa el DVD podemos enviarte por el precio del Pack Europa 2 CD´s + por supuesto la versión digital anticipada ! Haz esa aportación e indícanos esto en el e-mail cuando te pidamos la dirección para realizar el envío ! ;) Un saludo y gracias!

  • Wenceslao Martínez Calonge

    Wenceslao Martínez Calonge

    10 anos

    Hola. Me interesan 2 CD más gastos de envío para Europa.

  • Fernando Barroso

    Fernando Barroso
    Autor/a

    10 anos

    Gracias aräs pola achega e polos ánimos!!! Agardamos conseguir o obxectivo e poder disfrutar xunto con vós deste traballo !! Unha aperta !!

  • aräs

    aräs

    10 anos

    Mucha suerte chicos...disfrutarlo!!!

#03 / RECTA FINAL !!

Ola amigos !!

Gracias por estar con nós neste proxecto. Agora é o momento do empurrón final. Axudádenos a compartir este proxecto e conseguir o obxectivo http://vkm.is/trim

Xa vai quedando menos para rematar o traballo e enviar os discos á fábrica!

Saúde

P/L/F

#01 / Chegando á metade da campaña

A todos os nosos mecenas, moitas gracias por termos apoiado en este novo proxecto que comezamos hai poucos días. Ainda precisamos do voso apoio para axudarnos a compartilo e chegar ao máximo posible de xente que lle poda interesar participar. Así aseguraremos que o proxecto acade o seu obxectivo.

Estamos moi contentos de contar con todos vós. Aquí seguiremos en contacto. Para calquer dúbida xa sabedes que podedes contactar con nós através da páxina de Verkami.

Saudos

Pedro/Fernando/Luís

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies