❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

A Conta Atrás 2

A CONTA ATRÁS é unha novela gráfica de Carlos Portela e Sergi San Julián. Publicada no ano 2008, recreaba a catástrofe do "Prestige". Agora queremos terminar a historia e publicar a segunda parte. ¿Axúdanos a conseguilo?

La Cuenta Atrás 2

Un proxecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
212
Achegas
10.347€
De 27.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

CARLOS PORTELA - É guionista de cómics ("Las nuevas aventuras de Esther", "Gorka", "Los Heresiarcas", "Impresiones de la isla") e de televisión ("Padre Casares", "Matalobos", "Velvet"). Desde hai 15 anos é subdirector de "Viñetas desde o Atlántico", o Salón do Cómic da Coruña.

SERGI SAN JULIÁN - É un coñecido debuxante de cómic ("Gorka", "Fanhunter: Celsquest revisited", "Interface", "Los Reyes Elfos", "Lunita"), que traballou no mercado español, francés, alemán e norteamericano. Tamén colaborou en multitude de xornais e revistas nacionais, como "El Jueves".

QUE É O ÁLBUM 2

Encadernación en cartoné, 16'5 x 23 cm, 120 páxinas, interior a cor, capas a cor.

A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS APORTACIÓNS

  • Rematar o álbum.

  • Imprimilo (en galego e castelán).

  • Envialo.

CALENDARIO

  • Maio 2014: fin do proxecto en Verkami.

  • Outubro 2014: álbum 2 rematado.

  • Novembro 2014: entrada en imprenta.

  • Decembro 2014: álbum 2 listo para ser enviado.

Se acadamos o noso obxectivo, enviaremos a todos os que colaborastes un adianto de A Conta Atrás 2: un PDF co PRIMEIRO CAPÍTULO EN EXCLUSIVA, para que a espera non se faga tan longa.

Ademais, mencionaremos a TODOS os mecenas no libro.

E un "extra" para as LIBRARÍAS: se comprades 30 exemplares ou máis, presentámonos na vosa libraría para facer unha presentación.

ATENCIÓN: ENGADIDAS NOVAS RECOMPENSAS!

Varios debuxantes (que ademais de grandes artistas son uns amigos estupendos, e aínda mellores persoas, implicáronse coa campaña de A Conta Atrás 2 e cedéronnos ORIXINAIS para axudarnos a conseguir o noso obxectivo.

É unha oportunidade estupenda para que vos levedes a casa unhas pedazo obras de arte. De momento, estes son os orixinais cos que contamos:

Orixinal de Paco Roca, Los surcos del azar.

Orixinal de Jessica Abel.

Orixinal #1 de Ventura.

Orixinal #2 de Ventura.

Orixinal de ACO, Constantine nº13.

Orixinal de Sequeiros.

Orixinal de Pere Joan; lapis e témpera, DIN A4 aprox.

Orixinal de Miguelanxo Prado, 30x40 cm.

Orixinal de Kohell, Explorer Smith.

Orixinal de Émile Bravo, 20'3 x 27 cm.

Orixinal de Rubén Pellejero.

Orixinal de Bartolomé Seguí, segunda parte de Historias del barrio.

Orixinal de Sergio Bleda.

Orixinal de David Lloyd.

Orixinal de Juanjo Guarnido.

Original de Alejandro Colucci.

Orixinal de Félix Vega.

Tamén poderedes levarvos un orixinal de A Conta Atrás 1, seleccionado ó azar entre 70 páxinas do álbum.

MANUEL RIVAS: A Conta Atrás é un gran salto adiante. Ten ese carácter de marca histórica por moitas razóns. A obra de Carlos Portela e Sergi San Julián é a primeira gran novela gráfica ó noso redor nunha liña de thriller político-social. Unha obra artisticamente madura e valente, polo que consigue esa condición de "golpear e desgarrar" que Frank Kafka lle pedía ás creacións. Indaga nos mecanismos de control e dominio nos ámbitos públicos, pero tamén nos códigos éticos individuais, onde poden cohabitar, de forma contraditoria, a coraxe e a servidume. Unha novela que atrapa como tea de araña de ficción real e que vai deixar pegada de obra fundadora.

ÁLVARO PONS: O desastre do Prestige deixou moitas manchas. Algunhas, como as do chapapote que chegou ás praias, conseguiron limparse co esforzo de miles de voluntarios, pero as que deixou na sociedade seguen aí, aínda máis enraizadas e ennegrecidas, se cabe, enterradas tras unha capa de interesado esquecemento. A Conta Atrás abre todas as feridas para demostrar que o chapapote aínda está pegado na conciencia colectiva, que non só non se limpou senón que ten que estar máis presente ca nunca para recordar a historia, esa verdade que nunca se contou e á que se lle deu carpetazo xudicial, pero que todos coñecían. A Conta Atrás é un cómic que debe ser publicado na súa totalidade para lembrar o que sucedeu cando afundiu o Prestige e como actuaron algúns. E, ademais, porque é un cómic extraordinario.

JUAN DÍAZ CANALES: A Conta Atrás é un cómic brillante e necesario. Portela e San Julián van máis alá da simple denuncia da nefasta xestión política do desastre do Prestige. Con mestría narrativa móstrannos como o verdadeiro drama é a prostración moral que afecta a todas e cada unha das capas da nosa sociedade, desde o inevitable político que minte e manipula con descaro ata o cidadán de a pé que mira para outro lado, pasando polos medios de comunicación que nalgún punto do camiño esqueceron a súa razón de ser. Desgraciadamente vivimos malos tempos nos que os dramas colectivos como o do Prestige suceden practicamente a diario e con triste perseveranza a sociedade acaba reaccionando case sempre da mesma maneira ensimesmada e egoísta. Se queremos construír un futuro coa esperanza do cambio, son imprescindibles libros como A Conta Atrás que aporten un pouco da intelixencia e autocrítica necesarias para evitar caer de novo na manipulación. Xogámonos moito niso.

TERESA VALERO: Lembrar é viaxar cara atrás. Custa, pero debe facerse. E non só lembrar. Tamén reflexionar, analizar e comprender. Isto é o que pretende e acada a espléndida novela gráfica A conta atrás de Carlos Portela e Sergi San Julián, facéndonos regresar ós días do Prestige, un dos episodios máis dramáticos da nosa historia recente que parece estar, coma tantos outros, durmindo xa no máis profundo da nosa apática memoria. Implicandonos na resolución dun crebacabezas cronolóxico tan virtuoso como fascinante que retrocede desde as consecuencias ata as causas, as súas páxinas fannos reflexionar, analizar e intentar comprender por que neste país as cousas son como son. A conta atrás é unha lúcida crítica política, social e humana afastada de calquera simplificación. Dignidade e baixeza son cara e cruz dos mesmos individuos, reflexo da sociedade que compoñen, sobrada de xustificacións que enchan os baleiros da súa moral. É bo ir cara atrás. Para seguir cara adiante, se cadra doutro xeito.

DAVID RUBÍN: Lembro que un ano ou dous despois da catástrofe, Carlos achegóuseme un día e díxome: teño un guión para ti. Entón eu estaba empezando, aínda non publicara o meu primeiro libro monográfico e aquilo sooume a gloria. O guión titulábase A Conta Atrás e falaba e denunciaba de modo demoledor as consecuencias da traxedia do Prestige en Galicia. Desde que Carlos me ofreceu debuxar ese guión ata que me puxen a facelo pasaron moitas cousas, publiquei o meu primeiro libro e xurdiume a oportunidade de publicar un segundo libro sobre un oso e unha tetería, e despois de falalo con Carlos recordei que A Conta Atrás non era un guión para min, e que me sentía máis cómodo, naquel momento, debuxando ó meu oso malaio. Se cadra Sigfrido ten a culpa de que finalmente eu non debuxara A Conta Atrás, pero máis que culpa, mellor chamalo fortuna, xa que finalmente ese labor tocoulle a Sergi San Julián, gran debuxante, con moito máis bagaxe do que eu por entón gastaba, e que finalmente fixo un traballo excelente que se traduzo nunha primeira parte da obra que publicou hai anos Factoría K e que recibiu o beneplácito da crítica e do público. Pero faltaba a segunda parte, e non daba chegado. E eu, co disfrace de "posible debuxante" no fondo do armario para sempre e lucindo con impaciencia e orgullo o de "lector", non vía o momento de poder ler o final desta estupenda novela gráfica. E pasaban os anos e este non chegaba. E fíxate, hai un par de días chámame Carlos e dime que van facer un crowdfunding para autopublicar a segunda parte, por fin, de A Conta Atrás, e xa me alegrou o día, a semana e ata o mes. Como lector non podo estar máis feliz pola noticia e animarvos a todos a que contribuades para que este proxecto de segunda parte se faga realidade e gocemos, ó fin, da conclusión desta excelente historia. ¡¡Así que a aportar!! Que o tempo voa e como dicía aquela inmensa canción de Los Enemigos de idéntico título ó deste libro: "¡AGORA A CARREIRA É DE VERDADE!".

El País: "Unha exhaustiva e demoledora narración".

Podes ler o artigo completo aquí.

Zona negativa: "Un dos mellores cómics do ano".

Podes ler a recensión completa aquí.

La cárcel de papel: "Xoga nun terreo practicamente descoñecido".

Podes ler a recensión completa aquí.

La Voz de Galicia: "A primeira gran novela gráfica sobre a traxedia do Prestige".

Podes ler a recensión completa aquí.

Tebeo de verdad: "Unha aposta valente".

Podes ler a recensión completa aquí.

Twitter
Facebook
Correo electrónico

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

19 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • dario

    dario

    10 anos

    no se ha llegado al mínimo... y ahora?

    son medio galego ainda que nin nacín nin vivo alí, e xa foi unha humillación despois de ir limpar merda a as praias ver como volveron a ganar os mesmos como pra que todo isto encima caia no olvido completamente

  • La Cuenta Atrás 2

    La Cuenta Atrás 2
    Autor/a

    10 anos

    Sentímolo, pero aínda non sabemos que imos facer nese caso. Ata que acabe o prazo en Verkami non tomaremos unha decisión definitiva.

    En canto ó que comentas da nosa meta, estamos de acordo en que 27.000 euros son moitos cartos. Pero aínda así quedámonos curtos (segundo as nosas contas, precisaríamos 33.000 euros).

    Fixemos os cálculos con moito tino e ben asesorados, tanto por outros profesionais da banda deseñada e da impresión, como por asesores fiscais e xente que levou a cabo outros proxectos de crowdfunding.

    Cada proxecto é diferente. Se cadra o que sinalas ti só precisaba eses cartos; dependerá do estadio no que estivese o cómic, ou das copias que sacase en imprenta.

    Como comentamos antes, nós tomamos de referencia as ventas do primeiro álbum: uns 3500 exemplares en total (galego e castelán). Aínda que solicitamos orzamento en varias imprentas, ó final decidímonos pola mesma na que se fixo o primeiro volume. Por unha cuestión de coherencia, calidade e respecto ó lector que comprara a primeira parte de "A conta atrás".

    Antes de embarcarnos nesta aventura advertíronnos de que un erro común á hora de facer un proxecto de crowdfunding é non pensar na parte dos impostos. Normalmente a xente non inclúe esa partida e logo atópase cunha desagradable sorpresa á hora de pagar o IRPF. Como xa dixemos, un terzo do que pedimos (9.000 euros) vaise integramente en impostos.

    Tampouco sei se o proxecto que comentas certificaba os envíos ós mecenas. Como xa comentamos, queremos asegurarnos de que os cómics chegan sen problema ó seu destino (tamén nos advertiron de que moitos proxectos teñen problemas nese aspecto porque os envíos non chegan; e hai outros que aforran esta partida porque entregan o produto en man, pero nós non podíamos facer vir a xente de toda España á Coruña para recoller o cómic).

    Un exemplo dun proxecto moi similar ó noso: Brigada 2 (tamén a segunda parte dun cómic, tamén en Verkami) pedía 39.000 euros e acadou máis de 48.000. Nós non quixemos pedir tanto...

    Esperamos ter respondido ás túas dúbidas. Un saúdo!

  • Goyo

    Goyo

    10 anos

    Sabedes xa si de non acadar a suma de 27000 publicaredes igual o comic? Doutra banda sigo pensando que a cantidade é esaxeradísima. Un exemplo foi o verkami exitoso dun comic de 156 pág a cor, donde hay globos hay alegría por 2600 euros de meta.

  • La Cuenta Atrás 2

    La Cuenta Atrás 2
    Autor/a

    10 anos

    Claro, sin problema: envía un correo electrónico a [email protected] explicando qué aportación quieres anular, y listo.

  • jmorales

    jm

    10 anos

    Como hacer si ya hice mi aportación por un Megapack y estoy interesado en uno de los originales que recientemente habéis añadido, que también lo incluyen? Puedo cancelar mi aportación original o cambiarla por otra de mayor importe?

  • La Cuenta Atrás 2

    La Cuenta Atrás 2
    Autor/a

    10 anos

    Aún no lo sabemos, lo pensaremos cuando llegue el momento. Ahora estamos centrados en conseguir nuestro objetivo.

  • nidia

    nidia

    10 anos

    hola, que hareis si no lograis reunir los 27000 euros?buscareis otras vias de financiación o abandonareis el proyecto?

  • La Cuenta Atrás 2

    La Cuenta Atrás 2
    Autor/a

    10 anos

    Como os comentamos en la descripción del proyecto, el presupuesto que necesitamos está destinado a:

    • Terminar el álbum (cinco meses de trabajo en exclusiva del dibujante).

    • Imprimir el álbum (en color y en dos idiomas). Hemos pedido presupuesto para 1000 ejemplares del álbum 1 y otros 1000 del álbum 2. (Nos hemos basado en las ventas del primer álbum en 2008).

    • Envíos de las recompensas a los mecenas por correo certificado, para asegurarnos de que no haya problemas en la recepción de los libros.

    • Impuestos (aproximadamente un tercio de los 27.000 euros va destinado a esta partida; el crowdfunding no se libra de pagar el IRPF).

    • Comisiones bancarias (los bancos nos cobran una comisión por las transacciones con tarjetas de crédito).

    • Comisión de la plataforma (lógicamente, Verkami se lleva una parte de todo esto).

    Es un presupuesto muy ajustado. Sabemos que es mucho dinero y que será difícil conseguirlo, pero es la única forma para hacer un producto con la calidad necesaria.

    Esperamos haber respondido a tu pregunta, Jordi.

    Un saludo.

  • jordi

    jordi

    10 anos

    Hola que tal? El proyecto tiene muy buena pinta ... pero 27.000 €?!? A que destinais tanto dinero? Un saludo

  • La Cuenta Atrás 2

    La Cuenta Atrás 2
    Autor/a

    10 anos

    A primeira parte de "A conta atrás" publicouse en galego. Aquí tes unha imaxe da presentación: ver foto. O problema é que se esgotaron todos os exemplares e xa non é posible imprimir máis. Sentímolo moito, gustaríanos poder ofrecelo. Grazas polo teu apoio!

#09 / Originales de Sequeiros y "La Cuenta Atrás 1"

En la zona de recompensas hemos añadido el MEGAPACK LA CUENTA ATRÁS, con el que os podéis llevar a casa una página original (seleccionada al azar) del primer álbum.

Y también el MEGAPACK SEQUEIROS, con el que os lleváis este dibujo tan chulo de Sequeiros:

¡Seguiremos informando de nuevas incorporaciones a nuestra "Galería de amigos"!

#08 / Galería de amigos

¡ATENCIÓN: AÑADIDAS NUEVAS RECOMPENSAS!

Varios dibujantes (que además de grandes artistas son unos amigos estupendos, y aún mejores personas) se han implicado con la campaña de La Cuenta Atrás 2 y nos han cedido ORIGINALES para ayudarnos a conseguir nuestro objetivo.

Es una oportunidad estupenda para que os llevéis a casa unas pedazo obras de arte. De momento, estos son los originales con los que contamos:

Original de Paco Roca, Los surcos del azar.

Original de Jessica Abel.

Original #1 de Ventura.

Original #2 de Ventura.

Original de ACO, Constantine nº13.

PRÓXIMAMENTE, originales de:

Miguelanxo Prado

Juanjo Guarnido

Das Pastoras

Sequeiros

Carlos Pacheco

David Rubín

Emma Ríos

Gallardo

Mark Buckingham

Rubén Pellejero

Javi Rodriguez

Emile Bravo

Bartolome Seguí

Horacio Altuna

David Lloyd

Pere Joan

Kohell (Fernando Iglesias)
...

¡Echadle un vistazo a la zona de las recompensas de nuestra página!

#07 / Extra para librerías - Extra para librarías

En la descripción del proyecto hemos añadido un "extra" para las librerías: si compráis 30 ejemplares o más, nos presentamos en vuestra librería para hacer una presentación.

Na descrición do proxecto engadimos un "extra" para librarías: se comprades 30 exemplares ou máis, presentámonos na vosa libraría para facer unha presentación.

#06 / Continúa la historia - Continúa a historia

¡Dos páginas más del primer álbum! No vamos a subirlo todo, para que podáis disfrutar de él cuando lo recibáis (como nos comentábais). Es sólo un adelanto para que os hagáis una idea de la historia.

Dúas páxinas máis do primeiro álbum! Non imos subilo todo, para que podades gozar del cando o recibades (como nos comentabades). É só un adianto para que vos fagades unha idea da historia.

#05 / ¡Atención, librerías! - Atención, librarías!

Acabamos de añadir nuevas modalidades de aportación para librerías:

  • PACK LIBRERÍAS (CASTELLANO)

Pack de 10 ejemplares de La Cuenta Atrás 2 en castellano.

  • PACK LIBRERÍAS (GALLEGO)

Pack de 10 ejemplares de A Conta Atrás 2 en gallego.

  • PACK ESPECIAL LIBRERÍAS (CASTELLANO)

Pack de 10 ejemplares de La Cuenta Atrás 1 en castellano + Pack de 10 ejemplares de La Cuenta Atrás 2 en castellano.

Sentimos no poder ofrecer el pack especial librerías en gallego (como os comentamos, no disponemos del álbum 1 en ese idioma).

Acabamos de engadir novas modalidades de achegas para librarías:

  • PACK LIBRARÍAS (CASTELÁN)

Pack de 10 exemplares de La Cuenta Atrás 2 en castelán.

  • PACK LIBRARÍAS (CASTELÁN)

Pack de 10 exemplares de A Conta Atrás 2 en galego.

  • PACK ESPECIAL LIBRARÍAS (CASTELÁN)

Pack de 10 exemplares de La Cuenta Atrás 1 en castelán + Pack de 10 exemplares de La Cuenta Atrás 2 en castelán.

ler máis

#04 / Conoce la historia (2) - Coñece a historia (2)

¡Dos páginas más!

Como sabéis, cada día publicamos dos páginas nuevas de la primera parte para que puedas leerlas (en castellano). Si te gustan, puedes comprar el álbum completo y la segunda parte, que cierra la historia.

Dúas páxinas máis!

Como sabedes, cada día publicamos dúas páxinas novas da primeira parte para que podas lelas (en castelán). E se che gustan, podes comprar o álbum completo e a segunda parte, que pecha a historia. Aquí van dos páginas nuevas.

#03 / ¡Superado el 10%!

Para celebrar que hemos superado el 10% de nuestro objetivo, queremos compartir con vosotros el inicio de "La cuenta atrás 1". ¡Muchas gracias por colaborar!

La cuenta atrás - Primera parte - PORTADA

La cuenta atrás - Primera parte - PÁGINA 1

#02 / Novas recompensas - Packs Bilingües

Como non é posible comprar un pack en galego (só temos o álbum #1 en castelán), acabamos de crear novas recompensas "bilingües". É dicir, co álbum #1 en castelán e o álbum #2 en galego.

Estas recompensas son:

  • O PACK BÁSICO BILINGÜE

La Cuenta Atrás #1 (álbum en castelán) + A Conta Atrás #2 (álbum en galego).

  • O "FAN-PACK" BILINGÜE

La Cuenta Atrás # 1 (Álbum en castelán) + A Conta Atrás #2 (Álbum en galego) + Dedicatoria personalizada dos autores.

  • O SUPERPACK BILINGÜE

La Cuenta Atrás # 1 (Álbum en castelán) + A Conta Atrás #2 - (Álbum en galego) + Dedicatoria personalizada dos autores + 2 Debuxos (1 por álbum).

  • O MEGAPACK BILINGÜE

La Cuenta Atrás # 1 (Álbum en castelán) + A Conta Atrás #2 - (Álbum en galego) + Dedicatoria personalizada dos autores + 2 Debuxos (1 por álbum) + Ex libris.

#01 / Empezando con ilusión

Muchas gracias a todos por vuestras colaboraciones. Sabemos que los tiempos que corren no son fáciles para nadie, por eso tiene más valor todavía vuestra ayuda.

Hoy se han hecho eco de nuestro proyecto varios medios. Os dejamos los enlaces por si queréis echarles un ojo:

¡Gracias a todos por ayudarnos a difundir el proyecto!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies