❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Desordes Creativas 2013

DesOrdes Creativas is an international urban art festival celebrated annually in Ordes ( Galicia - Spain). The festival acts as a tool for urban regeneration and social dialogue. It contributes to urban regeneration by turning old buildings into new and colourful spaces for everybody’s enjoyment.

DesOrdes Creativas

Un proxecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
124
Achegas
3.230€
De 3.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en English e Castellano

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

QUÉ É?

DesOrdes Creativas é un Festival Internacional de Arte Urbana que organizamos dende fai xa 6 anos na localidade de Ordes (A Coruña ).

Cada ano o festival actúa como unha eficaz ferramenta de diálogo social e rexeneración urbana constante, convertendo antigos espazos deteriorados en lugares cheos de vida e cor pra o desfrute colectivo dos seus habitantes e visitantes.

Deste xeito, o festival está convertindo a Ordes, outra vila infectada ata as trancas polo virus do famoso feísmo, nun gran museo a ceo aberto; un museo público, de balde e accesible a todo o mundo. Situando a esta vila no mapa como un curioso destino turístico pra viaxeiros inquedos e fieis amantes da arte urbana..

Por DesOrdes Creativas pasaron ao longo das cinco edicións anteriores máis de 40 artistas e o festival exerceu como una xanela cara o mundo pra eles, convertíndose nunha plataforma ideal pra poder materializar e expoñer a súa obra nun formato meirande e máis accesible pra calquer persoa.

En consecuencia, este evento traballa como unha ferramenta de dignificación e apoio pra a arte urbana en xeral, e pra a galega en particular. Actuando como unha catapulta de difusión cara o mundo do que se está a facer nas rúas de Galicia.

Ademáis de convidar aos artistas que nos parecen máis interesantes e orixinais do panorama estatal e internacional, dende a organización, apóstase fortemente tódolos anos polos artistas galegos, conformando o cartaz do festival de cada ano cunha maioría de participantes galegos ou residentes en Galicia.

Autor: BLU / DesOrdes Creativas 2012

QUENES SOMOS?

Este evento é unha iniciativa independente, autoxestionada e sen ánimo de lucro, desenrolada pola Asociación Cultural sen ánimo de lucro "Cultivarte" e o estudio creativo "Mutante".

O festival lévase a cabo cada ano froito da sensibilidade, do esforzo e o amor incondicional de tódolos seus membros, dos seus colaboradores e do traballo altruísta de tódolos artistas que teñen participado ata o de agora.

Contamos con certa colaboración do concello de Ordes en canto a infraestruturas, máis dito apoio non é nen moito menos suficiente pra que todo este traballo se sosteña.. E precisamos implicar a toda a sociedade pra que esta iniciativa siga viva, siga medrando ano tras ano e se convirta nunha iniciativa totalmente autosuficiente nun futuro próximo.

Título: "Memoria sobre ladrillo" / Autor: LAGUNA / DesOrdes Creativas 2011

Cremos firmemente que o proxecto desenrola unha laboura social moi necesaria e productiva, e pedímosvos o voso apoio pra que entre todos poidamos seguir facendo disto algo máis e máis grande, máis e máis efectivo e influínte...

Alguén dixo un día: "Paredes Brancas... Poblo Mudo"..
.

Se tedes algo que dicir ó respecto.. Sería perfecto! Porque é máis que necesario contar con tódalas vosas voces...

Úneste ao coro??

Autor: ERICA IL CANE / DesOrdes Creativas 2012

QUÉ VAI A PASAR ESTE ANO?

Pra esta edición contaremos coa participación de varios artistas galegos, estatais e internacionais. Un total de 10 participantes que realizarán intervencións artísticas en distintos emprazamentos, esparexidos por todo o casco urbán da vila. Algunhas das intervencións serán murais de gran formato, en edificios de varias prantas de altura.

Título: "Buraco Vermello" / Autor: LIQEN / DesOrdes Creativas 2010

Ademáis, ó longo do festival terá lugar un ciclo de curtametraxes e pezas documentais sobre arte urbana no auditorio da Casa da Cultura de Ordes. Contamos con pezas audiovisuais moi interesantes chegadas de distintas partes do mundo, que serán proxectadas coa intención de achegar ao público asistente outro xeito de ver a arte urbana e as súas múltiples variantes. Aportando outro punto de vista co que espandir a perspectiva cara este contexto artístico.

Como non pode ser de outra maneira, a entrada será totalmente gratuíta.

Tamén nos gustaría ofertar algunhas outras actividades alternativas como:
- Obradoiros formativos pra os máis xóvenes sobre as técnicas do Graffiti, Stencil.
- Master classes de algúns artistas participantes, enfocadas a un público iniciado.
- Unha festa-concerto de clausura con actuacións musicais en directo, dj´s, etc..

QUÉ IMOS FACER COS CARTOS?

Título: "Pandominium" / Autor: XPEN / DesOrdes Creativas 2012

Pra levar a cabo O festival todos os anos temos gran cantidade de necesidades en canto a infraestrutura e financiación, que supoñen un gasto importante pra a organización e que non podemos asumir.

Co diñeiro aportado coas vosas aportacións poderemos pagar algúns destes gastos que xenera a organización dun festival deste tipo.

Por tanto o diñeiro aportado por todos vos irá destinado a pagar os materiais necesarios pra a realización dos murais, o aluguer dos elevadores que precisamos pra os murais de gran formato, os gastos das viaxes, dietas e aloxamento dos artistas participantes, os gastos de imprenta da cartelería do evento, o aluguer do equipo de son, outros materiais e gastos de produción, etc..

Autores: NAS! & DEL / DesOrdes Creativas 2012

CALENDARIO

A producción do festival xa está en marcha, as datas nas que se realizará serán ao longo de toda a semana que vai do luns 22 ao domingo 28 de Xullo de 2013.

As recompensas estarán entregadas entre 20-30 días seguintes do remate do proxecto de crowndfounding, dada a natureza artesá das recompensas.

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

17 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Jorge Lens

    Jorge Lens

    case 11 anos

    Hola! Os respondo por aquí porque no sé cómo hacerlo de otro modo. La camiseta sería una talla L si tiran a pequeñas o una M si son más bien grandes. Un abrazo!

  • DesOrdes Creativas

    DesOrdes Creativas
    Autor/a

    case 11 anos

    GRACIAS JORGE!!!

    Pódesnos decir a talla de camisola que precisas?

    Saúde!

  • Jorge Lens

    Jorge Lens

    case 11 anos

    Enhorabuena por conseguir llegar a los 3000 euros! Me gustaría que se me citase como Jorge Lens. Os doy la dirección para el envío de recompensas: Jorge Lens Leiva. c/ Párroco José Otero, nº 6 - 3º B 36206 VIGO (Pontevedra)

  • DesOrdes Creativas

    DesOrdes Creativas
    Autor/a

    case 11 anos

    Graciñas Jose!!!! Apertas!!!

  • Jose A. Sanjurjo

    Jose A. Sanjurjo

    case 11 anos

    Ahí tedes a aportación dende Carpintería Sanjurjo, un saúdo

    Jose A. Sanjurjo

  • DesOrdes Creativas

    DesOrdes Creativas
    Autor/a

    case 11 anos

    Hello, the guided tour does not have to be at the event! we can talk to realize one day!

  • Evan

    Evan

    case 11 anos

    this looks great! For the guided tour does it have to be during the time of the festival or can it be any time?

  • DesOrdes Creativas

    DesOrdes Creativas
    Autor/a

    case 11 anos

    graciñas!!

  • pedro m. presedo

    pedro m. presedo

    case 11 anos

    o meu enderezo:

    P. M. Presedo Iglesias

    Rep. Arxentina 27-2ºEda. A Coruña 15011

  • DesOrdes Creativas

    DesOrdes Creativas
    Autor/a

    case 11 anos

    Muchas gracias compa!! Vamos pouquiño a pouco! pero vamos bien! Un abrazo from DesOrdes!! muito obrigados!

#05 / UNHA NOVA RECOMPENSA!!! "PACK TAYONE"

TEMOS UNHA NOVA RECOMPENSA!!!

2 serigrafías (tamaño 50x70 cm) do artista vigués TAYONE

Prezo: 100 €

Serigrafía / Serie limitada

Título: " La cola para el tren de la bruja "

Tamaño 50x70 cm

Papel de 300gr

Edicion de 25 copias

Serigrafía / Serie limitada

Título: " Nuevo Kaos Mundial "

Tamaño 50x70

Papel Academia (300gr)

Edicion de 70 copias

#04 / TEMOS NOVAS RECOMPENSAS! 5 LENZOS DE XPEN!!!

O polifacético XPEN cedeunos estas 5 copias desta peza pra o proxecto!!

Artista: XPEN

Título: "Buscando a Pegaso"

Inpresión en lenzo (con bastidor), con tinta en base de vinilo.

Tamaño 20X30cm / Serie limitada

//////////////////////////////////////////////////////////////////////////

The versatile XPEN has given us 5 copies of this piece for the project!

Artist: XPEN

Title: "Buscando a Pegaso"

Print on Canvas (with frame), with vinyl based ink.

Size 20x30cm / Limited series

#03 / TEMOS NOVAS RECOMPENSAS!!! DÚAS LÁMINAS DE PERI!!

PERI, un dos participantes deste ano na edición 2013, acaba de cedernos 2 láminas pra o proxecto crowdfounding!! Cada lámina ten un custe de 50 € e trátase de:

PERI / Serigrafía serie limitada.

Titulo: " VPH "

Serie numerada de 23 exemplares.

Serigrafiadas polo artista.

Tamaño 69 x 54 cm.

Papel de 300 g.

////////////////////////////////////////////////////////

PERI / Impresión dixital

Sen titulo.

Impresion dixital.

Serie numerada.

Tamaño 70x50 cm

Papel de 200gr.

#02 / **PACK SEKONE**

MÁIS NOTICIAS FRESCAS! TEMOS 5 SERIGRAFÍAS DE SEKONE!!

Sekone , artista multidisciplinar e un dos participantes deste ano na edición 2013, acaba de cedernos 5 serigrafías pra o proxecto crowdfounding!! O chamado "PACK SEKONE" ten un custe de 50 € e componse de:

///////////////////////////////////////////////////////////////////

MORE FRESH NEWS! WE HAVE 5 SILKSCREENS OF SEKONE!!

Sekone, multidisciplinary artist and one of the participants of this year in the 2013 edition, has given us 5 silkscreens for the crowdfounding project! "PACK SEKONE" costs 50 € and consists of:

" TIGER " ( Serigrafía, edición limitada )

Serígrafia tamaño A3, a dúas tintas, sobre papel Basik de debuxo de Canson 370 grs.Edición limitada de 15 copias realizadas en 2012 no taller de Héctor Francesch na Coruña.
///////////////////////////////////////////////////////////////////

A3… ler máis

#01 / PACK LIQEN

BOAS NOVAS!!

LIQEN, un dos artistas participantes no DesOrdes Creativas en varias ocasións ( 2010, 2012), e unha das figuras máis destacadas da escea internacional da arte urbana, acaba de cedernos dúas pezas orixinais para colaborar co festival e axudar co financiamento!! Con elas fixemos un paquete por 500 € que nomeamos "PACK LIQEN" .

//////////////////////////////////////////////////////////////

GOOD NEWS!!

LIQEN , one of the artists have participated in "DesOrdes Creativas" several times ( 2010, 2012), and one of the leading figures of the international art scene mural, has offered us two original pieces for collaborate with the festival and help with financing! With them we have made a package of 500 € called "PACK LIQEN".

O pack está composto por / The pack is composed of::

1/ PROTOMORFOSIS SERIE

Trátase dun debuxo orixinal, con tintas, pertencente á serie "Protomorfosis"
De tamaño 51x36 cm aprox. Firmado polo artista.
ler máis

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies