(A versión do teaser en inglés Two flowers for a little horse está en http://youtu.be/y6j3hVmqqHc)
Dúas flores para un cabaliño é unha longametraxe que documenta a vontade dunhas persoas que, no contexto da actual crise, deciden buscar unha alternativa de vida, real e imaxinativa para eles e para o seu ámbito, a bioconstrucción.
COMO NACE O PROXECTO?
En 2010, Enric Valero, un incombustible do traballo social, cóntame que vai coordinar un proxecto de bioconstrucción en cana e comeza esta película.
O tema da bioconstrucción xorde dende a Asemblea de Parados de Paterna, que viñan traballando en talleres de bioagricultura e de horto ecolóxico, recuperando terras abandonadas para poñelas a producir en réxime de cooperativa, potenciando o autoemprego, é dicir, un proceso amplo e coherente no cal a Asamblea de Parados proponnos formas de vida contra a crise.
Neste contexto, en marzo do 2011 iníciase o proxecto de bioconstrucción en cana no delta do río Palància en Sagunt, nun intento por buscar alternativas á construción clásica e, para iso, propóñense dúas estruturas en forma de flor xunto ao litoral mediterráneo.
Tratábase de construír dúas formas orgánicas, dúas flores inspiradas na flora e na fauna, realizadas con materiais naturais e locais: area, cánabo, fibra vexetal, canas e barro, para facer unha revalorización estética da zona e proporcionar sombra e refuxio aos numerosos visitantes deste ámbito privilexiado.
A proposta, amparada pola Confederació Hidrogràfica del Xúquer, contaba coa asesoría de Jonh Cory-Wright, de Fati Martín e coa colaboración de Marc Fuster, que a día de hoxe, xunto a membros de Arquitectura se mueve, son os que proxectan a idea cara ao futuro -xente moi nova e entusiasta que tenta experimentar con novas formas e solucións no fértil e novidoso eido da bioarquitectura.
Entre todos xuntan esforzos e, dende ese intre, o noso ecofilme estaba en marcha.
DÚAS FLORES… UN ECOFILME EN CONSTRUCIÓN.
Parapetada no delta do Palància, gravo durante tres meses as longas xornadas dunha cuadrilla de exobreiros do ladrillo, reconvertidos agora en ecoobreiros do barro e da cana, e vou entrelazando o día a día na obra coas interferencias que un espazo natural como este engade ao curso do relato.
Así, á beiras do mediterráneo, ollaremos nacer un añagoto, coñeceremos o sheepsurfing, e o pony Beethoven virá a visitarnos case a diario.
Non temades, tamén haberá Acción! Aproveitando a sesta campestre, virán roubarnos o material, e perante unha traizoeira noite de vento, caerán os arcos de entrada ao recinto. Este episodio, que no guión o formulamos baixo o título O anxo caído, un erro necesario, alude á necesidade de valorar o erro como a antesala do acerto.
Non faltarán tampouco os bos momentos, a camaradaría, as gargalladas, as cousas de Jordi... Ai, Jordi!, unha desas personaxes que, se a deixas, che alonga a metraxe nun santiamén...
E, como en todo filme que se preze, un pouco de faísca... Marc é o chico da película. El aínda non o sabe, pero no guión ten reservado un momento moi subido de ton no que acariña o barro cun swing de vertixe durante varios minutos ininterrompidos (A erótica dos materiais).
Dúas flores para un cabaliño, lonxe de ser unicamente un documento técnico exhaustivo e veraz, pretende formularnos en paralelo moitas outras cuestións que se resumen neste parágrafo:
O delta do Palància presentado como o lugar onde conflúen persoas, animais e cousas para darlle todo o sentido a un espazo de vida, de ideas, de resistencia...
Todo isto podédelo ver no "Teaser" subido a Youtube, ao picar arriba en "reproducir vídeo".
PARA QUE A TÚA COLABORACIÓN?
Como apuntaba, o período de construción durou dende marzo ata xuño do 2011.
A falta de algúns planos, temos gravado o groso do material pero, como dicía Godard antes de cada montaxe:
Agora hai que facer a película!
Visto todo o material gravado e reescrito o guión, agora estamos bosquexando a montaxe. Despois haberá que facer a edición definitiva, postproducir e sonorizar a longametraxe. Necesitaremos:
Gravar algúns planos de recurso e entrevistas / Imaxes de arquivo /
Animacións/ Fotomontaxes / Edición e montaxe /
Grafismo / Traducións / Gravación de locucións / Sonorización e mesturas/ Masterización e copias en DVD / Difusión e distribución.
Pretendemos integrar un corpo importante de música en catalán. Nese sentido contamos xa coa colaboración de autores da calidade de Al Tall, Àlvar Carpi, Antónia Font, Carles Dénia, Domingo Chinchilla, Dusminguet, Lilit i Dionís, Mar Aranda, Miquel Gil, Obrint Pas, Pep Gimeno “Botifarra” e Rafa Xambó, e seguimos establecendo contactos.
Queremos facer versións tanto nas linguas do estado coma en inglés e portugués, se é posible.
Segundo os nosos cálculos, en decembro de 2013, como moi tarde, estariamos a estrear a película!
E que a sorte nos acompañe...
SOBRE SUSANA REY
Son doutora en Belas Artes, e guionista e realizadora audiovisual con oito premios nacionais e internacionais. Traballei no equipo de arte de diversas longametraxes (Los lunes al sol, de Fernando León de Aranoa; A los que aman, de Isabel Coixet, Cuando vuelvas a mi lado, de Gracia Querejeta, etc.).
Os meus traballos fílmicos víronse en 30 festivais de cinema de 10 países, e nos Institutos Cervantes de Berlín e Lisboa, en The Graduate Center of the University of New York, en diversas Fnac, etc. Emitíronse en varias televisións e foron comentadas en prensa especializada: Cahiers du Cinema ou Variety.
Fun seleccionada para realizar varios proxectos de escultura en espazos públicos (Plan Leader da comunidade europea) e fun bolseira pola EICTV de Cuba e pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para realizar estudos na escola de cinema de La Habana.
Teño varias publicacións de investigación no campo da arte, colaboro en prensa e son autora, ilustradora e compositora dos sete temas musicais do libro-disco Martiño e o mar.
Impartín clases no Instituto Español de Lisboa, en Portugal, e na Escola Superior de Disseny, de Oriola e desenvolvín ponencias e Master Classes en distintas universidades e foros, como a Universidade de Nova York, la Universitat Politècnica de València, la Universidade de Santiago, la Universidade de Vigo, el Centro Galego de Artes da Imaxe, la Fundación Carlos Casares, la Escola Gavina, de Picanya, etc.
Agradecementos por este Verkami a Ca Revolta por darlle soporte e difundilo, ós meus amigos, e a todos os que deixaredes que caia nas vosas redes.
4 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
susana rey
Autor/a
Hola Dolo!
Pues moltes gràcies por tu interés en colaborar con Dues flors...
Si, alguna gente no quiso utilizar la tarjeta... No hay problema, te doy una cuenta en Bancaja:
2038 6124 44 3000011761
Te agradeceríamos que en concepto pongas "para Dues flors..." y que en cuanto hagas el ingreso, nos enviés un email a esta misma cuenta para que comprobemos que todo esta correcto y te lo confirmemos.
Otra vez gracias y un abrazo:
Susana_
DOLO
volem col·laborar amb aquest projecte i hem vist que la manera de pagar és mitjançant targeta de crèdit, i volguerem un compte corrent on fer la nostra aportació....via transferència....pot ser??
susana rey
Autor/a
Pascual, no te imaginas lo emocionada que estoy!
Moltísimas gracies por tu aportación y que sepas que pasarás a la historia por ser la primera persona que colaboró con el verkami.
Bicos y petons.
Susana
Pasqual Requena
De moment no pregunte, et dic "bicos, ànim i endavant!"