O noso proxecto é o teu proxecto... un proxecto solidario
O proxecto "O Grilo Máxico" forma parte das iniciativas desenvolvidas pola Asociación Berce con motivo do seu 20 aniversario, que celebramos no ano 2015.
O obxectivo do presente proxecto é, ademais de conmemorar o 20 aniversario da Asociación de Iniciativa Social Berce, realizar un labor de sensibilización da sociedade cara ás casas de acollida de menores e os menores que nelas residen, tratando de ofrecer unha visión normalizada dos Centros de Menores, afastada dos prexuízos herdados de modelos xa anticuados, principalmente asistenciais e pouco integradores (orfanatos, correccionais"…).
Cremos necesario facer "visible" a existencia destes recursos educativos, os Centros de Menores, co obxectivo de normalizalos e evitar que os nenos que atendemos se sintan marcados ou estigmatizados por ter que vivir neles, aínda que sexa de forma temporal.
Por outra parte, como obra literaria, o relato constitúe en si mesmo un instrumento de animación á lectura destinado a público infantil (primeiros lectores).
O grilo máxico
O libro editarase só en galego.
En formato 135 X 245 mm, 48 páxinas imprimidas a 4/4, en papel estucado mate de 200grs. A portada editarase a 4/4 en cartolina estucada de 300 grs. A encadernación será rústica cosida a fío e con solapas dobres.
Os Protagonistas do relato
Bruno e Carlota son os nosos protagonistas. Eles representan todos os nenos e nenas que viven nas nosas casas de familia. Nenos e nenas que por diferentes motivos (malos tratos, desprotección, abusos...) vense na necesidade de abandonar o seu núcleo familiar e residir nunha casa de acollida.
Neste relato, Bruno e Carlota, que viven nunha das Casas de acollida de Berce, resolverán un misterio moi divertido e coñecerán un pequeno personaxe que virá a poñer patas arriba as súas rutinas diarias.
Os autores que colaboran solidariamente no proxecto
O relato é un orixinal de Antonio Manuel Fraga (premio Merlín 2013) e as ilustracións, tamén orixinais e inéditas, son do ilustrador galego Antonio Seijas.
A que destinaremos as vosas achegas
As achegas destinaranse á edición imprimida do libro, sendo a tirada inicial de 1000 exemplares.
En caso de superar o obxectivo económico inicial, ampliaríase a tirada proposta.
Que imos facer cos libros...
Como indicamos máis arriba, este é tamén, e, basicamente un proyecto solidario. Por moitas das súas características:
Os autores (escritor e ilustrador) participan de forma totalmente desinteresada cos seus orixinais.
A Asociación Berce doará o 30% dos exemplares editados a entidades de iniciativa social dedicadas á atención da infancia.
A eventual venda posterior de exemplares destinarase a manter as casas de acollida da Asociación Berce, nas que residen e se atende de xeito integral a 36 nenos de diferentes idades os 365 días do ano.
Porque pedimos a túa colaboración.
Sobre as recompensas
Confeccionamos unhas recompensas que inclúen, ademais do propio libro, diferentes articulos da nosa tienda solidaria MERCABERCE para deste xeito facerte partícipe do noso labor en favor da infancia máis desfavorecida.
Anota na túa axenda
A edición imprimida realizaríase no mes de setembro, e esperamos poder entregar as recompensas no mes de outubro.
Se queres coñecernos máis e mellor...
Páxina web da Asociación
Páxina de Facebook
Blog da Asociación
Tamén nos podes chamar ao 986240517, enviarnos un correo a [email protected], ou visitarnos en Avda. de Castelao n.º 65 Ático, en Vigo. Estaremos encantados de coñecerte persoalmente e aclarar todas as túas dúbidas.
Outras formas de colaborar con Berce
Podes facerte socio/a colaborador/a da Asociación desde 5 € ó mes. Aquí indicamoste cómo facelo.
0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.